Mostrando entradas con la etiqueta Actividades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Actividades. Mostrar todas las entradas
domingo, 7 de abril de 2019
Irene, o Circulo feminista e o seu Manifesto feminista en Carballo
O pasado 8 de Marzo a alumna Irene Loureiro, integrante do Círculo Feminista de Carballo leu parte das razóns polas que saimos as calles a manifestarnos. Aquí tendes unha parte da súa intervención.
Bravo por Irene!!
martes, 19 de marzo de 2019
Un curso máis o noso instituto participou na Olimpíada Filosófica de Galicia. Trátase dunha iniciativa que propón o fomento e a defensa da filosofía nestes tempos en que tan minguada se está vendo. Ademais fomenta o uso do pensamento crítico dentro do noso sistema educativo traballando a competencia dixital, a capacidade de aprender analizando textos, producindo contidos temáticos moi estreitamente relacionados co mundo do alumnado.
Nesta ocasión fíxeronnos reflexionar sobre o tema Realidade e apariencia na actualidade. E de novo Chelsea González Besada, de segundo de Bacharelato, quedou clasificada para a final autónomica coa súa curtametraxe Afterlife. Chelsea acudiu á cita na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela onde, acompañada polos seu compañeiors e compañeiras de clase, fixo una defense moi interesante e concienzuda do seu traballo. E aínda que o nivel dos traballos presentados nesta convocatoria foi moi alto, Chelsea acadou o segundo premio na Olimpiada. Todos e todas no instituto damoslle a noraboa e estamos moi orgullosos dela - sobre todo a súa profesora de filosofía, Beatriz Cuesta-.
Esta clasificación permitirá á alumna participar na Olimpiada nacional que se celebrará en Málaga durante o mes de abril.
Parabéns a toda a comunidade educativa pola cooperación!!!.
Dende Nicaragua ao Parga: Georgina de los Angeles Molina, defensora dos dereitos das mulleres.
Psicóloga nicaraguana especialista no tratamento do abuso sexual, doce anos de experiencia no traballo con diferentes grupos organizados. Profesora de Biodanza e feminista por opción. Traballou con distintos grupos organizados na formación de mozas e mulleres líderes. Integrante do equipo multidisciplinario Ixaya- Palante no que traballou con profesoras de primaria e secundaria (rurais e urbanas) centradas na cultura de paz con equidade de xénero. En setembro do 2015 empeza a traballar como terapeuta/promotora e defensora de dereitos humanos desde a Fundación Augas Bravas Nicaragua1 que fundase Brigitte Hauschild para mulleres adultas sobrevivientes de abuso sexual.
A lo
largo de mi ejercicio profesional aprendí a reconocer y defender mis derechos
desde la cotidianidad de mi vida, hablar y escribir públicamente sobre los
diferentes atropellos que viví. Mi principal virtud es no quedarme callada ante
figuras de autoridad, cuestionar y proponer debates sobre nuestro ser mujer en
este sistema patriarcal. Tengo más de nueve años señalando los atropellos,
injusticias y abusos que viven mujeres, jóvenes, niños/as por parte del Estado
de Nicaragua. Nueve años de no solo gritar en las calles estos atropellos a los
derechos humanos, sino también de comparecer ante diferentes medios de
comunicación, aulas de clases, grupos organizados, comunidades rurales y
urbanas y a la vez acompañar a estas mujeres y niños/as en su recuperación
emocional y con esto recuperar también sus poderes es decir la capacidad de que
ellos/as puedan apropiarse y defender sus derechos.
O 27 Octubro 2018 saiu de Nicaragua e isto é o que
lle pasou:
Estaba
organizada en un grupo que trasladaba víveres y medicamentos a
diferentes comunidades del país; yo y otros dos amigos elegimos el sector de
Masaya. (Lugar donde residí cinco años) En varias ocasiones hicimos viajes
hasta la comunidad de Nindiri (era lo más cerca que podíamos llegar) ahí nos
esperaban amigos/as que estaban organizados/as en las trincheras y ellos/as se
encargaban de la distribución de los víveres y medicamentos. A principios de
Julio nos dispusimos a realizar otro viaje con dirección a Masaya pero en esa
ocasión a la altura del km 14 nos retuvieron agentes de la policía nacional, nos
requisaron el carro en busca de armas de fuego y revisaron mi teléfono celular, entraron a mi red social vieron mi foto de perfil y solo eso les bastó para decirnos que nosotros éramos delincuentes y
que estábamos conspirando contra el gobierno. Luego de amenazarnos con
trasladarnos a auxilio judicial nos dijeron que ellos eran buenas personas y
que sabían que este gobierno iba a caer, pero que ellos (policías) necesitaban
dinero para poder irse del país cuando todo acabara, uno de los policías nos
pidió a cada uno/a nuestra dirección, número de teléfono, lugar de trabajo. Ese
mismo policía nos escoltó hasta nuestras casas, se encargó de
supervisar si poseíamos llaves de esa casa. Nos dijo que
cada fin de mes uno de ellos pasaría por una de nuestras casas para que
nosotros les entregáramos la suma de 400 dólares americanos a cambio del ¨favor
de no apresarnos¨ y así fue hasta el mes de Octubre que mis amigos y yo
logramos salir del país.
En tres días renuncié a mi trabajo, desaloje mi casa y me despedí a como pude de mi familia y amistades. Actualmente estoy pidiendo asilo político en España, acogida por amigas/os con los que viví en Masaya.
En tres días renuncié a mi trabajo, desaloje mi casa y me despedí a como pude de mi familia y amistades. Actualmente estoy pidiendo asilo político en España, acogida por amigas/os con los que viví en Masaya.
Esperamos con moitas ganas e inquedanza a súa visita.
sábado, 9 de marzo de 2019
martes, 12 de febrero de 2019
Axenda 2030 para o desenvolvemento sostible
Xa empezamos a traballar coa Axenda 2030. Aínda que Roberto Mallo xa nos falara dela, non esta de máss darlle un repaso antes de que @s de Solidariedade Internacional veñan facer os obradoiros con nós. Ímos darlle unha volta a eso da Axenda 2030 da man de Ecoloxía Verde.
Ler máis.
domingo, 27 de enero de 2019
lunes, 21 de enero de 2019
Horizonte 2030, comenzamos a traballar.
E, ao fin e ao cabo, actuar sobre a realidade e cambiala, aínda que sexa un pouquiño, é o único xeito de probar que a realidade é transformable.
Eduardo Galeano.
domingo, 11 de noviembre de 2018
Apariencia e Realidade na Olimpíada Filosófica de Galicia.
REALIDADE E APARIENCIA NO MUNDO ACTUAL
O tema é común a todas as modalidades. Todas versarán sobre o mesmo tema en diferentes formatos.
A olimpíada estatal, propón un subtemas como orientación para traballar co alumnado:
- Hai unha única realidade?
- Hai realidade sen aparencia?
- É real o que é aparente, e é aparente o que é real?
- Podemos coñecer a realidade ou só coñecemos as aparencias?
- Podemos crer nos feitos no mundo actual?
- Cales son as fronteiras entre a realidade e apariencia hoxe?
- É a posverdade a nova realidade?
- Podemos coñecer a realidade nun mundo de fake news e posverdade?
- Realidade virtual: realidade ou aparencia?
- É máis relevante para a vida a realidade virtual que a realidade material?
- Hai maneira de distinguir entre realidade e aparencia nas redes sociais?
- Os nosos perfís nas redes; son meras aparencias?
- Novas cavernas do mundo actual: buscamos a realidade ou fuximos dela?
- Preferimos a aparencia ao lado problemático da realidade? Por que?
- Vivimos dentro ou fóra da caverna?
- A aparencia sempre engana?
- Fainos a aparencia máis sensible á realidade?
- Liberan ou escravizan as aparencias?
- Que é máis importante para a nosa vida, a nosa aparencia ou o que realmente somos?
3. MODALIDADES DE PARTICIPACIÓN
· Haberá catro modalidades de participación, catro das cales inclúen a participación na Olimpíada Filosófica Estatal. Estas son:
· Disertación Filosófica.
· Dilemas morais.
· Certame fotográfico.
· Curta de vídeo.
· A lingua dos textos e parlamentos será o galego, agás exención debidamente xustificada no caso das disertacións e dilemas morais
lunes, 15 de octubre de 2018
VI OLIMPÍADA FILOSÓFICA DE GALICIA: REALIDADE E APARIENCIA.
A Olimpíada é unha iniciativa que se propón o fomento e a defensa da filosofía nestes tempos en que tan minguada se está vendo, tempos nos que as novas leis educativas tenden cara a vías dominadas por unha estreita razón instrumental sen deixar apenas lugar para o pensamento crítico.
jueves, 26 de abril de 2018
Club de debate e torneo de xadrez.
Onte
tivo lugar unha xornada de debate e xadrez no IES Urbano Lugrís.
Por unha banda, os/as alumnos/as de Oratoria defenderon a igualdade social sen discriminación positiva fronte ao equipo do Lugrís que tentou convencer ao público da necesidade da discriminación positiva. Ana fixo a presentación, Andrea e Alicia as refutacións e finalmente Santiago recapitulou as conclusións e agradeceu aos compañeiros de Coruña a oportunidade de diálogo.
Por unha banda, os/as alumnos/as de Oratoria defenderon a igualdade social sen discriminación positiva fronte ao equipo do Lugrís que tentou convencer ao público da necesidade da discriminación positiva. Ana fixo a presentación, Andrea e Alicia as refutacións e finalmente Santiago recapitulou as conclusións e agradeceu aos compañeiros de Coruña a oportunidade de diálogo.
O xurado decidiu que os dous equipos o fixeran igual de ben.
Así que todos/as voltamos con premio –outro máis, ademais de paso de cine-.
Pero por se fora pouco, ao mesmo tempo Jacobo Caselas
Cabanas, mestre internacional de xadrez e xa coñecido noso, xogaba partidas simultaneas, falaba con todos nos
acompañado de Moira Rodríguez Costa, gañadora de torneos a nivel nacional que
nos falou de o xadrez dende a perspectiva de xénero.
Os nosos camipons, Daniel, Javier, Raúl e Samuel loitaron
contra os finalistas do Urbano Lugrís e do Fernando Wirz. O trofeo este curso
foi para Xavier, un maquión do Lugrís.
Preme aquí para ver máis fotos.
domingo, 11 de marzo de 2018
Personalidade, zombies e cybers.
Que é a personalidade? Poden os zombies tela? e Os cybors? Cres que é cousa de humanos e no bichos raros?
Imos descolocarnos un pouco con esta curta: Plurality.
Na serie The walking dead tamén sementan a dúbida.
Para analizar a cuestión teriamos que descompoñela en preguntas máis pequeñas -xa sabedes, do complexo ao sinxelo-, como por exemplo:
1. Que é un zombie?
2. Que é un cybor?
3. Elemntos da personalidade humana.
Imos descolocarnos un pouco con esta curta: Plurality.
Na serie The walking dead tamén sementan a dúbida.
Para analizar a cuestión teriamos que descompoñela en preguntas máis pequeñas -xa sabedes, do complexo ao sinxelo-, como por exemplo:
1. Que é un zombie?
2. Que é un cybor?
3. Elemntos da personalidade humana.
domingo, 17 de diciembre de 2017
Día Internacional da filosofía
Con motivo da celebración do día internacional da filosofía en Novembro de 2017, os/as alumnos7as de ESO e Bacharelto fixemos unha esposición no institituto para que ninguén se convirta nunha ostra.
os temas elexidos para a exposición foron dous:
Penso logo estorbo e Miradas filosóficas.
Se queres ver algunhas das imaxes, preme no logo.
os temas elexidos para a exposición foron dous:
Penso logo estorbo e Miradas filosóficas.
Se queres ver algunhas das imaxes, preme no logo.
sábado, 11 de febrero de 2017
Karl Marx y Friedrich Engels chegan ás salas de cine en xuño de 2017
No 2017, o director Raoul Peck traerá aos cinemas a película O mozo Marx, sobre a mocidade do Karl Marx alemán. A locación sucedería en 1844, cando Marx coñécese con Friedrich Engels, o fillo dun industrial que escribiu un estudo sobre as malas condicións de traballo dos traballadores británicos. Os dous forman unha asociación para discutir temas de actualidade do día, onde se terminan sufrindo a represión policial.
No elenco da película ten Auguste Diehl (Karl Marx) coñecido por facer Malditos bastardos, Stefan Konarske (Engels) e Vicky Krieps (Jenny). A película ten a data do estreno internacional o 15 de xuño do 2017.
- Vinicius Bitelo / casadocinema.com
domingo, 29 de enero de 2017
A radio e a fotografía inundan o IES Parga Pondal.
O noso centro xunto a outros 5 máis comezamos este 2017 cos obradoiros de
comunicación de O Mundo que Queremos, centrados no uso de ferramentas como a radio e a fotografía para
a sensibilización sobre problemáticas sociais.
Este curso
participan os alumnos e alumnas de Ética de 3º ESO e traballaremos cunha
proposta sobre temáticas tan relevantes como o medio ambiente, a
equidade de xénero, a desigualdade social ou a promoción da paz.
Para elo, Óscar
Vázquez, monitor do obradoiro de fotografía, e Rocío Cadahía, monitora do
obradoiro de radio, ambos integrantes da Asociación Galega de Reporteir@s
Solidari@s, traballarán co alumnado diferentes formatos para que a través
destas ferramentas de comunicación sexan capaces de reflexionar sobre os temas escollidos, construír o seu propio discurso ao redor deles e elaborar
un material que poida ser difundido para sensibilizar ao resto da comunidade
educativa.
Así que o día 20 veu Paula da ONG Educo a explicarnos o que
íamos facer.
Xa tivemos os primeiros obradoiros de radio e
foto. Se queredes ver como traballan os amigos e amigas de AGARESO, premade na
foto.
domingo, 9 de octubre de 2016
Identidade e información.
Lembro un xogo da miña nenez (que
aínda se vende en formato electrónico), chamado Quen é Quen, e que consiste en adiviñar a identidade dun personaxe
misterioso a partir das preguntas que un xogador fai e os datos que o outro
xogador achega sobre el. Isto permite
descartar a outros personaxes coas mesmas características, ata lograr a
identificación.
Este xogo veume á memoria por mor
dun artigo, titulado "O filósofo de Google", sobre o Dr.Luciano
Floridi, profesor de Filosofía e Ética da Información e Director de
Investigación no Instituto da internet da Universidade de Oxford. Nel, exponse
a súa visión do concepto moderno de identidade, que se resume en: Ti es
a túa información. Ler máis
domingo, 2 de octubre de 2016
IV Olimpíada Filosófica de Galicia.
Aínda que para Galicia non temos data, a IV Olimpíada Filosófica de España celebrarase en Murcia, os días 28 e 29 de abril de 2017.
O tema elixido en todas as súas modalidades (disertación
filosófica, dilema moral, fotografía e vídeo) é o seguinte:
NOVAS TECNOLOXÍAS E IDENTIDADE HUMANA
Algunhas cuestións que poderían ser de utilidade para
orientar o tema poden ser:
Poderán os robots
chegar a ser considerados persoas?
Quen es ti na
Rede?
Perdemos ou gañamos a nosa identidade coas novas tecnoloxías?
Perdemos ou gañamos a nosa identidade coas novas tecnoloxías?
É a tecnoloxía un
mecanismo evolutivo?
Cales son os
límites do humano na civilización tecnolóxica?
Do australopithecus ao cyborg?
Pode pensar unha máquina?
Pode vivir unha máquina?Do australopithecus ao cyborg?
Pode pensar unha máquina?
Aqui tes algúns documentos interesantes:
Trailer da película Ex Machine.
Que é a realidade aumentada?
Bioinxeneria e biotecnoloxía.
Sight: unha ficción sobre a realidade aumentada.
Plurality.
Etiquetas:
1º Bacharelato,
2º Bacharelato,
3ºESO,
4º ESO,
Actividades,
Ética e Filosofía do Dereito,
Fotos,
Historia da Filosofía,
Intelixencia emocional,
olimpiada
sábado, 1 de octubre de 2016
Día mundial da Filosofía
«Na celebración do Día Mundial da Filosofía subxace a convicción de que a filosofía pode achegar unha contribución fundamental ao benestar humano, a análise da complexidade e o fomento da paz.»
Mensaxe de Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO.
O Día Mundial da Filosofía estableceuse para destacar a importancia desta disciplina, especialmente para a xente nova, e tamén para subliñar que «a filosofía é unha disciplina que estimula o pensamento crítico e independente e é capaz de traballar en aras dun mellor entendemento do mundo, promovendo a paz e a tolerancia.»
Aínda que do Día Mundial vén celebrándose desde o 2002, a Conferencia Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) declarou oficialmente a súa observación en 2005.
A UNESCO destaca que este día pertence a calquera a quen lle interese o pensamento. Por ese motivo, o Día Mundial da Filosofía debe supoñer un exercicio de pensamento libre, razoado e informado sobre os maiores desafíos do noso tempo.
jueves, 15 de septiembre de 2016
IV Olimpíada filosófica de Galicia (2016-17)
Xa temos tema para a IV OLIMPÍADA FILOSÓFICA DE GALICIA:
NOVAS TECNOLOXÍAS E IDENTIDADES HUMANAS
· Haberá cinco modalidades de participación, catro das cales inclúen a participación na Olimpíada Filosófica Estatal. Estas son:
· Disertación Filosófica: Destinada ao alumnado de bacharelato, a proba consistirá en elaborar un que terá unha extensión máxima de catro páxinas, 9.000 caracteres con espazo ou 1.600 palabras, en forma dunha reflexión persoal argumentada sobre o tema a partir da pregunta proposta. Entregarase en formato dixital.
· Dilemas morais: Destinados ao alumnado de 4º de E.S.O, consistirá na resolución dun dilema moral. O obxectivo desta tarefa consiste en que o alumnado ofreza unha solución razoada e argumentada, que terá unha extensión máxima de catro páxinas, 9.000 caracteres con espazo ou 1.600 palabras. Entregarase en formato dixital.
· Certame fotográfico: Dirixido tanto para o alumnado de 4º de E.S.O como de bacharelato, consistirá en reflectir ideas filosóficas a través dunha composición fotográfica realizada ex professo para a Olimpíada, que pode ou non ter sido sometida a programas de tratamento de imaxe. A imaxe debe conter un lema integrado dacordo co tema da fotografía: Que é a beleza?
· Curta de vídeo: Consistirá en elaborar, tamén expresamente para ser presentada na Olimpíada, unha curtametraxe de autoría propia expresando en linguaxe audiovisual ideas filosóficas. A obra deberá durar un máximo de 5 min, e incluir, cando menos, tres elementos media diferentes (texto, son e imaxe...). No video non debe figurar ningún dato que identifique o autor ou a autora, e o nivel ou o centro de ensino. Si, en cambio, débese incorporar unha referencia final á súa presentación á Olimpíada e se faga constar así mesmo o dereito de utilización de todo canto non sexa de autoría propia, como música, imaxes ou fragmentos de vídeo. Calquera incumprimento desta última condición determinará a invalidación da obra presentada. As curtas débense poder visualizar en liña para o que se require a súa publicación en Vimeo ou Youtube e o envío do url ao mail da Olimpíada. Para poder visualizalo en liña requírese a publicación en Vimeo ou Youtube e o envío do url ao mail da Olimpíada.
· A lingua dos textos e parlamentos será o galego.
miércoles, 6 de abril de 2016
Natalia e Manuel explican en Radio galega de que vai O mundo que queremos.
Pois si. Contesaron como auténticos profesionais a todas as preguntas que lles fixeron. Para escoitar a entrevista completa preme aqui. Eles falan a partir do minuto 24:04 do programa.
domingo, 6 de marzo de 2016
Finalistas no Club de Debate.
O equipo do IES Parga Pondal logra o seu pase á final do certame escolar Club de Debate
Na proba celebrada onte Narón, os estudantes quedaron segundos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







