Mostrando entradas con la etiqueta olimpiada. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta olimpiada. Mostrar todas las entradas

martes, 19 de marzo de 2019



Un curso máis o noso instituto participou na Olimpíada Filosófica de Galicia. Trátase dunha iniciativa que propón o fomento e a defensa da filosofía nestes tempos en que tan minguada se está vendo. Ademais fomenta o uso do pensamento crítico dentro do noso sistema educativo traballando a competencia dixital, a capacidade de aprender analizando textos, producindo contidos temáticos moi estreitamente relacionados co mundo do alumnado.

Nesta ocasión fíxeronnos reflexionar sobre o tema Realidade e apariencia na actualidade. E de novo Chelsea González Besada, de segundo de Bacharelato, quedou clasificada para a final autónomica coa súa curtametraxe Afterlife. Chelsea acudiu á cita na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela onde, acompañada polos seu compañeiors e compañeiras de clase, fixo una defense moi interesante e concienzuda do seu traballo. E aínda que o nivel dos traballos presentados nesta convocatoria foi moi alto, Chelsea acadou o segundo premio na Olimpiada. Todos e todas no instituto damoslle a noraboa e estamos moi orgullosos dela - sobre todo a súa profesora de filosofía, Beatriz Cuesta-.

Esta clasificación permitirá á alumna participar na Olimpiada nacional que se celebrará en Málaga durante o mes de abril.

Parabéns a toda a comunidade educativa pola cooperación!!!.

sábado, 19 de enero de 2019

Afterlife, a nova creación de Chelsea Sidney González Besada..

Xa está. Non temos que esperar máis para vela. Aqui tedes a curtametraxe coa que Chelsea se presenta en representación do instituto á Olimpíada galega de Filosofía.
Disfrutadea!




Moita sorte, Chelsy!

domingo, 11 de noviembre de 2018

Apariencia e Realidade na Olimpíada Filosófica de Galicia.


TEMA DA VI OLIMPÍADA FILOSÓFICA DE GALICIA
REALIDADE E APARIENCIA NO MUNDO ACTUAL
O tema é común a todas as modalidades. Todas versarán sobre o mesmo tema en diferentes formatos.
A olimpíada estatal, propón un subtemas como orientación para traballar co alumnado:
   - Hai unha única realidade?
   - Hai realidade sen aparencia?
   - É real o que é aparente, e é aparente o que é real?
   - Podemos coñecer a realidade ou só coñecemos as aparencias?
   - Podemos crer nos feitos no mundo actual?
   - Cales son as fronteiras entre a realidade e apariencia hoxe?
   - É a posverdade a nova realidade?
   - Podemos coñecer a realidade nun mundo de fake news e posverdade?
   - Realidade virtual: realidade ou aparencia?
   - É máis relevante para a vida a realidade virtual que a realidade material?
   - Hai maneira de distinguir entre realidade e aparencia nas redes sociais?
   - Os nosos perfís nas redes; son meras aparencias?
   - Novas cavernas do mundo actual: buscamos a realidade ou fuximos dela?
   - Preferimos a aparencia ao lado problemático da realidade? Por que?
   - Vivimos dentro ou fóra da caverna?
   - A aparencia sempre engana?
   - Fainos a aparencia máis sensible á realidade?
   - Liberan ou escravizan as aparencias?
   - Que é máis importante para a nosa vida, a nosa aparencia ou o que realmente somos?

3. MODALIDADES DE PARTICIPACIÓN
· Haberá catro modalidades de participación, catro das cales inclúen a participación na Olimpíada Filosófica Estatal. Estas son:
​
· Disertación Filosófica.

· Dilemas morais.

· Certame fotográfico. 

· Curta de vídeo.

· A lingua dos textos e parlamentos será o galego, agás exención debidamente xustificada no caso das disertacións e dilemas morais


lunes, 15 de octubre de 2018

VI OLIMPÍADA FILOSÓFICA DE GALICIA: REALIDADE E APARIENCIA.



A Olimpíada é unha iniciativa que se propón o fomento e a defensa da filosofía nestes tempos en que tan minguada se está vendo, tempos nos que as novas leis educativas tenden cara a vías dominadas por unha estreita razón instrumental sen deixar apenas lugar para o pensamento crítico.

jueves, 15 de febrero de 2018


Sin problemas é unha curtametraxe realizada integramente por profesores/as e alumnos/as de Educación Secundaria, ningún dos cales ten unha relación profesional co mundo do cinema. Foi rodado entre maio e setembro de 2012, dirixido polos profesores Diego Quella e Israel Cardador, e protagonizado por Laura García, Alejandro Tostado, Rosa Tamurejo e David Rivera. A banda sonora é unha creación orixinal de José Luis Palacios para a curtametraxe.

A rodaxe tivo lugar en Olivenza (Badaxoz) e na cidade de Badaxoz, e estreouse en novembro de 2012 en Badaxoz.



domingo, 17 de diciembre de 2017

Exemplos de disertacións.


Aqui podedes ler as disertacións seleccionadas na II Olimpiada filosófica de Galicia.

E por se quedredes ler unha gañadora, aqui tedes a de Extremadura que expón a súa visión de para que sirve a filosofía. Non ten desperdicio.

Monográfico Revolución e Utopía: ¿Salas de máquinas para o fin dos tiempos?

El calor y el entusiasmo de las palabras del filósofo español Félix Duque, en aquella tarde mágica del otoño malagueño de 2010, sedujo fácilmente a un puñado de locos, congregados en torno a una majestuosa higuera, en la trastienda del Museo Picasso de Málaga, con el señuelo del maridaje entre las vanguardias artísticas y los sueños utópicos.

jueves, 30 de noviembre de 2017

Traficantes de letras

Traficantes de letras é unha curtametraxe presentada ao Festival Educativo de Cine CINEDFEST 3Edición polo IES Politécnico de Vigo . Foi realizada por alumnos/as de Bacharelato.

SINOPSIS: Nun mundo utópico as letras convertéronse nun ben de incalculable valor e como todo tesouro valioso son desexadas por moitos. Carmen e Martín, dous irmáns huérfanos, dedícanse aos roubos como medio para sobrevivir. Un día reciben o encargo duns traficantes de letras de roubar un importante poema a Pomba Díaz, unha prestixiosa escritora. Carmen, que vive infeliz por mor do seu irmán Martín, será a encargada de realizar o atraco.




martes, 21 de noviembre de 2017

Olimpíada filosófica: dilemas morais



DILEMA 1: - Estudantado de segundo de Bacharelato dun centro educativo, dominado por unha concepción obsoleta da ensinanza, son conscentes de que cambiando determinados hábitos no seu centro, como a forma de impartir as clases ou as normas de comportamento, o éxito escolar do alumnado aumentaría moito e melloraría a ensinanza producindo unha revolución educativa. Pero están no último curso e eles xa non recibirían os beneficios desa acción e, ademais é posible que as accións que deberán tomar para facer posible o cambio, reduciran as súas cualificacións e as súas opcións de acceder á carreira elixida. ¿Que deberían facer?

DILEMA 2: - A profesora de ética do instituto está traballando co seu alumnado o tema da igualdade entre homes e mulleres na sociedade actual. Despois de dúas clases dedicadas a traballar o tema, a profesora divide a clase en grupos de traballo e propón a tarefa de elaborar un póster sobre a igualdade entre homes e mulleres. Rematado o traballo, organizará unha exposición nun sitio visible do centro para que o poida ver toda a comunidade educativa. Ao entregar os traballos, hai un no que o alumnado realizan unha defensa da inferioridade da muller e a necesidade de que ocupen posicións diferentes na sociedade, adxudicando ás mulleres a crianza dos fillos e fillas e as tarefas domésticas. A profesora admite o traballo e permite que se expoña no centro en igualdade co resto dos traballos. Algúns alumnos e alumnas deciden boicotear a exposición por calquera medio e discuten posibilidades de acción, mentres outros afirman que o dereito á libre expresión das ideas ampara que a exposición inclúa este traballo. Estes últimos teñen ao profesor da súa parte quen ameaza coa expulsión a calquera que boicotee a exposición dalgún xeito. Que farías ti. Sumaríaste ao boicot aínda baixo a posible expulsión?

DILEMA 3: - Un home novo vive coa súa nai que depende del para todo. El é a única felicidade na vida. O mozo vive na Francia ocupada durante a Segunda Guerra Mundial e síntese obrigado a alistarse coa Resistencia. Aínda que a súa nai xa perdeu ao seu marido na guerra e a outro fillo, este home pensa que o seu deber é acudir en axuda do seu país, aínda que tamén sabe que ten un deber coa súa nai. Que debe facer?


DILEMA 4: - Un obreiro dunha fábrica está convocado a unha folga laboral indefinida para conseguir mudar as condicións de traballo da súa fábrica, absolutamente inxustas pero legais (xornadas laborais de 14 horas, horas non pagadas...). Este obreiro é o único que leva cartos á súa casa e ten fillos pequenos. A folga pode supoñer que estea un mes ou mais sen cobrar ou mesmo perder o seu traballo, pero se consiguen que o empresario reconsidere a súa situación, conseguirá mudar as condicións laborais de moita xente, pero tamén sabe que é posible que o empresario contrate xente fora da súa vila para paliar os efectos da folga e que non consigan nada coa súa acción. Os seus compañeiros xa iniciaron a folga ¿Debe el sumarse a ela?

lunes, 6 de noviembre de 2017

sábado, 14 de enero de 2017

O corpo humano é obsoleto.


Hai toda unha corrente de artistas chamados body hackers, que se dedican a converterse a si mesmos en ciborgs, intervindo tecnolóxicamente os seus corpos de diferentes xeitos. Estes artistas  perseguen diferentes metas a través das transformacións que operan no seu corpos. O australiano Stelarc, artista e profesor universitario exhibe a súa terceira orella. Trátase dun implante que el mesmo produciu e fixo que lle inserisen no brazo. A consígna básica de Stelarc é que o corpo humano é obsoleto, demasiado imperfecto e perecedero, polo que a súa aposta artística consiste en potenciarlo, mellorar o seu equipamento.


O finlandés Jerry Jalava, programador de computadoras, despois de perder medio dedo nun accidente de moto, decidiu colocarse un pendrive dentro dunha prótese dactilar.



domingo, 9 de octubre de 2016

Identidade e información.


Lembro un xogo da miña nenez (que aínda se vende en formato electrónico), chamado Quen é Quen, e que consiste en adiviñar a identidade dun personaxe misterioso a partir das preguntas que un xogador fai e os datos que o outro xogador achega sobre el. Isto permite descartar a outros personaxes coas mesmas características, ata lograr a identificación.

Este xogo veume á memoria por mor dun artigo, titulado "O filósofo de Google", sobre o Dr.Luciano Floridi, profesor de Filosofía e Ética da Información e Director de Investigación no Instituto da internet da Universidade de Oxford. Nel, exponse a súa visión do concepto moderno de identidade, que se resume en: Ti es a túa información. Ler máis

domingo, 2 de octubre de 2016

IV Olimpíada Filosófica de Galicia.


Aínda que para Galicia non temos data, a IV Olimpíada Filosófica de España celebrarase en Murcia, os días  28 e 29 de abril de 2017.
O tema elixido en todas as súas modalidades (disertación filosófica, dilema moral, fotografía e vídeo) é o seguinte:

NOVAS TECNOLOXÍAS E IDENTIDADE HUMANA

Algunhas cuestións que poderían ser de utilidade para orientar o tema poden ser:
Poderán os robots chegar a ser considerados persoas?
Quen es ti na Rede?
Perdemos ou gañamos a nosa identidade coas novas tecnoloxías?
É a tecnoloxía un mecanismo evolutivo?
Cales son os límites do humano na civilización tecnolóxica?
Do australopithecus ao cyborg? 
Pode pensar unha máquina?
Pode vivir unha máquina?

Aqui tes algúns documentos interesantes:

Trailer da película Ex Machine.
Que é a realidade aumentada?
Bioinxeneria e biotecnoloxía.
Sight: unha ficción  sobre a realidade aumentada.
Plurality.


jueves, 15 de septiembre de 2016

IV Olimpíada filosófica de Galicia (2016-17)

Xa temos tema para a IV OLIMPÍADA FILOSÓFICA DE GALICIA:



NOVAS TECNOLOXÍAS E IDENTIDADES HUMANAS



 MODALIDADES DE PARTICIPACIÓN
· Haberá cinco modalidades de participación, catro das cales inclúen a participación na Olimpíada Filosófica Estatal. Estas son:


· Disertación Filosófica: Destinada ao alumnado de bacharelato, a proba consistirá en elaborar un que terá unha extensión máxima de catro páxinas, 9.000 caracteres con espazo ou 1.600 palabras, en forma dunha reflexión persoal argumentada sobre o tema a partir da pregunta proposta. Entregarase en formato dixital.

· Dilemas morais: Destinados ao alumnado de 4º de E.S.O, consistirá na resolución dun dilema moral. O obxectivo desta tarefa consiste en que o alumnado ofreza unha solución razoada e argumentada, que terá unha extensión máxima de catro páxinas, 9.000 caracteres con espazo ou 1.600 palabras. Entregarase en formato dixital.

· Certame fotográfico: Dirixido tanto para o alumnado de 4º de E.S.O como de bacharelato, consistirá en reflectir ideas filosóficas a través dunha composición fotográfica realizada ex professo para a Olimpíada, que pode ou non ter sido sometida a programas de tratamento de imaxe. A imaxe debe conter un lema integrado dacordo co tema da fotografía: Que é a beleza?
· Curta de vídeo: Consistirá en elaborar, tamén expresamente para ser presentada na Olimpíada, unha curtametraxe de autoría propia expresando en linguaxe audiovisual ideas filosóficas. A obra deberá durar un máximo de 5 min, e incluir, cando menos, tres elementos media diferentes (texto, son e imaxe...). No video non debe figurar ningún dato que identifique o autor ou a autora, e o nivel ou o centro de ensino. Si, en cambio, débese incorporar unha referencia final á súa presentación á Olimpíada e se faga constar así mesmo o dereito de utilización de todo canto non sexa de autoría propia, como música, imaxes ou fragmentos de vídeo. Calquera incumprimento desta última condición determinará a invalidación da obra presentada. As curtas débense poder visualizar en liña para o que se require a súa publicación en Vimeo ou Youtube e o envío do url ao mail da Olimpíada. Para poder visualizalo en liña requírese a publicación en Vimeo ou Youtube e o envío do url ao mail da Olimpíada.
· A lingua dos textos e parlamentos será o galego. 


lunes, 8 de febrero de 2016

Que é a beleza?

No Ies Isidro Parga Pondal facemos a nosa intraolimpíada. Métete no papel de crítico ou crítica e elixe as tres fotos que máis che gustan. Faremos unha exposición coas vinte máis votadas. Preme na imaxe para ver as fotos.


domingo, 27 de diciembre de 2015

Olimpíada filosófica de Galicia: unha axuda para a disertación

Estes son algúns materiais que vos poden axudar ou inspirar para facer a vosas disertación. Bótadelle un ollo por se vos instiran ou vos dan argumentos. Pero podedes usar calquera outra fonte:

1.       Onfray, M.: Antimanual de filosofía.


Interesavos o capítulo de estética, El arte, que está na páxina 65.

2.       Unidad apreciación estética


Unha introducción á estética; bruxuleade a ver se vos interesa algo do que plantexa.

3.      Tertulia sobre a beleza, en RTVE

viernes, 4 de diciembre de 2015

Olimpíada filosófica 2015-16



Consulta aquí as bases da olimpíada filosofica deste curso. Tamén podes ver no enlace os exercicios das distintas modalidades seleccionados outros anos.