sábado, 28 de febrero de 2015

A pregunta de Alba.

No traballo sobre a vixencia de Aristóteles na actualidade, Alba Varela, co fin revolver e revolver ata dar coa información que busca , plantexa esta pregunta aos seus entrevistados:
O científico Stephen Hawking consegue cada día mais sabedoría aínda estando gravemente enfermo, cres que pode ser feliz? É un xeito audaz de plantexar unha cuestión teórica a partires de un exemplo ben buscado, obriganos a pensar e introduce de golpe na nosa mente un feixe de variables contradictorias. Gostaríame saber que pensades vos.




Finalmente reproduzo un breve fragmento onde Alba reflexiona sobre o concepto e o uso que hoxe facemos ou temos do térmo política:


Do termo política ou dos seus derivados oímos falar todos os días. Na vida cotidián está máis presente a política que a ética. Para Aristóteles a política é a continuación social da ética, é a búsqueda do ben supremo na polis e do mellor goberno para ela, igual que a ética, para Aristóteles, a política é unha ciencia práctica. Na sociedade actual, como xa dixen, un dos temas de tertulia máis habituais é a política ou derivados, por iso cabe esperar que as persoas que se someteron a miña enquisa tiveran moi claro o termo; pero non é de todo así pois algúns teñen unha visión de que é algo bo pero mal utilizado, outros de que é algo malo, e tamén os hai que conseguen ir máis alo do que hoxe lle chamamos política cando me responden que é unha ciencia ou certas explicacións que van por ese camiño.
Quizais a orixe da visión distorsionada que temos cara a política veña do feito de que se fala demasiado dela sen saber realmente o que é, quedamonos só co que vemos ou oímos sen indagar máis. Algúns si están de acordo co que dicía Aristóteles máis ou menos, aínda que ninguén lle encontrou relación coa ética, mentres que outros deixanse levar polos prexuízos e quédanse só co que ven sen investigala máis ou parecelles un termo tan abstracto como usado polo que non saben definila.
 

A pirámide de Maslow e Aristóteles

Abraham Maslow, psicólogo estadounidense do século XX,  na súa obra A Theory of Human Motivation de 1943 expón unha teoría das necesidades humanas coñecida como a piramide de Maslow. Este psicólogo defende que conforme se satisfán as necesidades máis básicas, na parte inferior da pirámide, os seres humanos progresan cara ao desenvolvemento de necesidades e desexos máis elevados, na parte superior da pirámide. 
Dende a persectiva filosófica poderíamos darlle unha volta e buscarlle relación co concepto de autorrealización ou felicidade do eudemonismo de ética aristotélica, meta que atoparíamos na cúspide da pirámide de Maslow. Poderiamos establecer certo paralelismo entre a ética de autoperfeccionamento e a psicoloxía humanista de crecemento persoal.



 

Debemoslle esta suxestión a Paula Pose de 2º de Bacharelato, quen a recolle no seu traballo sobre a vixencia actual do aristotelismo.
Un saúdo.

jueves, 5 de febrero de 2015

GRUPOS SELECCIONADOS PARA A SEGUNDA FASE DE CONSUMÓPOLIS.

Empezamos por 3ª da Eso, por aquelo de que son máis pequenos:
                                                                          
Equipo: OP.  Puntos: 1700
Equipo: FBPCN. Puntos: 1406
Equipo: ALVAL.  Puntos: 1616
Equipo: NIKEAIR. Puntos: 1592
                       
                         
                         



Agora tócalle a 4ºESO
Equipo: ATÚN. Puntos:1741
Equipo: DESPISTADOS.  Puntos: 896 
Equipo: CASTANA. Puntos:1404
                         
      

Felicitacións para todos e todas e ánimo na segunda fase do concurso!!!!