jueves, 16 de febrero de 2012

GALILEO GALILEI NO CINE.


GALILEO GALILEI de Liliana Cavani.

Cavani ofrécenos esta interesantísima visión do proceso do astrónomo considerado pai da ciencia moderna. A película baséase no texto do dramaturgo marxista Bertold Brecht. Despóis de ver a película, tenta contestar estas cuestións que che axudarán a entender o complexo da historia.

1.- Onde e cando transcurre a acción?
2.- A historia comenza na universidade, coa disección dun cadáver: qué dúas posturas sobre a importancia da información dos sentidos enfréntanse na discusión que se plantexa? Qué é o que di Galileo?
3.- Na súa clase na universidade Galileo fala sobre o universo: qué teoría explica como certa? Porqué ten medo?
4.- Resume as ideas de Giordano Bruno. De que o acusa a Inquisición?
5.- Que fai Galileo co telescopio ou catalexo? Que descubre?
6.- Que pasa cando Galileo propon na universidade que miren polo telescopio?
7.- O novo Papa Urbano VIII, antigo cardenal Barberini, permítelle a Galileo besarlle a sagrada zapatilla. Como interpretas este feito?
8.- Investiga en que se diferencian as posturas do catolicismo e do protestantismo nesta época sobre a libre interpretación da Biblia. Como afecta esto ao proceso contra Galileo? Por que en América podía ensinarse a teoría coppernicana e en Europa non?
9.- O libro de Galileo "Diálogo entre os dos sistemas máximos" foi requisado. Inves- tiga cando se publicou.
10.- A retractación de Galileo é especialmente humillante. Comenta qué factores contribúen a esta humillación: Posta en escea, linguaxe, como a directora usa a cámara para conseguir este efecto? A que se compromete Galileo?
11.- Investiga como foron os últimos anos de vida de Galileo. Seguíu investigando? Publicou algo máis?

martes, 14 de febrero de 2012

Para rir un anaco



Os de 2º A (de Bacharelato), entre clase e clase, exame e exame... quédalles tempo para manter o humor e agasállannos cos chistes que aquí vos deixo, así como tamén cunha copia "xemelga" da parte central da Escola de Atenas de Rafael. A pequena diferenza entre orixinal e reprodución é que onde ía Platón vai Esteban e onde ía Aristóteles pónsenos Darío.  (Estes filosofos rintes contemporáneos prometen que o humor non decaerá... e haberá máis entregas). 
Aí van os chistes: 


- Se Agostiño de Hipona nacera dous meses antes, chamaríase Xuniño?
- Esa illa está con-Creta? Foi un chiste sen Grecia.
- Como se chamaba a familia de Platón? Vajillón.
- Como é o principio de Aristóteles? A A
- Cando encerraron a Tomé de Aquino para que non se unira aos dominicos sentíase como como os de Aquino hay quien viva.
- Estou tomando iogures con fibra para mellorar o tránsito cara o mundo helenístico. 
- Se eres un pouco máis tonto, naces con spérmatas de pedra. 
- Cando lle deron un susto a Agostiño de Hipona pasou a chamarse só Agostiño. 
- A clase de filosofía é moi amena, pero eu prefiro Vodafone. 
- No exame de filosofía se queremos ter un 10 témolo, porque temos fe e razón.
- Son chistes feitos por "Nous".


:)

Filosofía moderna

Para profundar un pouco no marco histórico da filosofía moderna ou nalgunha das problemáticas abordadas nesta época, suxírovos o visionado dalgunhas películas: 
- Lutero (2003)
- Cromwell (1970)
- Galileo (1969)
- Mátrix (1999)


Como en ocasións anteriores, podedes mellorar a nota do exame desta parte, respondendo a un dos seguintes cuestionarios:


A) Para as tres primeiras películas, de tipo histórico:
  1. Resumo do argumento en 10-15 liñas e ficha técnica da película.
  1. ¿En que época se sitúa a película? Busca algunha información ao respecto.
  1. ¿En que lugar se sitúa a película? Busca información e pon un mapa do lugar.
  1. Describe tres personaxes da película (algún feminino e algún masculino).
  1. Propón ti tres preguntas posibles en torno ao argumento da película e indica as respostas.
  1. Describe as tres esceas que máis che gustaran.
  1. Propón un novo final para a película.
  1. Propón un título alternativo para a película e explica por que o elixiches.
9. Realiza unha pequena disertación na que recollas unha reflexión persoal sobre a Reforma Protestante, o paso a unha monarquía parlamentaria ou a revolución científica (segundo a película que visionaches).

10. Comentario persoal (¿Qué che gustou? ¿Qué non? ¿resultouche de fácil visionado? ¿aprendiches algo? ¿atopaches algo sorprendente?...)

B) Para a película Mátrix (para aproblemática da realidade e a aparencia): 
  1. Resumo do argumento en 10-15 liñas e ficha técnica da película.
  1. Explica os dous mundos de que se trata na película.
  1. ¿Poderías relacionar a película co mito da caverna de Platón? Explícao con certo detemento.
  1. Describe tres personaxes da película (algún feminino e algún masculino).
  1. Propón ti tres preguntas posibles en torno ao argumento da película e indica as respostas.
  1. Describe as tres esceas que máis che gustaran.
  1. Propón un novo final para a película.
  1. Propón un título alternativo para a película e explica por que o elixiches.
9. Realiza unha pequena disertación na que recollas unha reflexión persoal sobre á dificultade de distinguir o soño coa realidade facendo mención á dúbida metódica de Descartes

10. Comentario persoal (¿Qué che gustou? ¿Qué non? ¿resultouche de fácil visionado? ¿aprendiches algo? ¿atopaches algo sorprendente?...)

*Soamente pode facerse traballo de 1 película en relación a este tema (4).  A realización completa destas cuestións despois do visionado do filme, subirá ata 0,5 ptos sobre a cualificación do exame de Filosofía moderna I. A data límite de entrega é o xoves 15 de marzo. Poden enviarse as respostas por correo electrónico a: africa.lopez2@gmail.com

¡Ánimo, e a traballar, sen deixar de curiosear!


lunes, 6 de febrero de 2012

Paz, pax, paix, peace, eirene, mir...




O pasado 30 de xaneiro, de novo, celebramos no instituto o día da paz e a non violencia. Desta volta os rapaces de 4º ESO e tamén os de 2º decoraron os corredores do instituto con carteis sobre pacifistas recoñecidos, grafitis coa palabra paz (tedes a proba de como algúns se esmeraron nas fotos de abaixo) e carteis dos dereitos humanos. Das mulleres e homes pacifistas aprendemos que a imaxinación é moi importante á hora de buscar formas de loita polos dereitos, contra inxustizas, que deixen de lado a violencia e agresividade, pero sen renunciar nunca aos principios, á dignidade, á idea de xustiza e dunha sociedade mellor.
Por certo, a foto do canciño está dedicada a Puri; seguro que ela podería explicitar perfectamente a relación entre a non violencia e os animais, como Gandhi..., pero aquí só se trata de facerlle un pequeno agarimo.