Mostrando entradas con la etiqueta Día da paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da paz. Mostrar todas las entradas

lunes, 6 de febrero de 2012

Paz, pax, paix, peace, eirene, mir...




O pasado 30 de xaneiro, de novo, celebramos no instituto o día da paz e a non violencia. Desta volta os rapaces de 4º ESO e tamén os de 2º decoraron os corredores do instituto con carteis sobre pacifistas recoñecidos, grafitis coa palabra paz (tedes a proba de como algúns se esmeraron nas fotos de abaixo) e carteis dos dereitos humanos. Das mulleres e homes pacifistas aprendemos que a imaxinación é moi importante á hora de buscar formas de loita polos dereitos, contra inxustizas, que deixen de lado a violencia e agresividade, pero sen renunciar nunca aos principios, á dignidade, á idea de xustiza e dunha sociedade mellor.
Por certo, a foto do canciño está dedicada a Puri; seguro que ela podería explicitar perfectamente a relación entre a non violencia e os animais, como Gandhi..., pero aquí só se trata de facerlle un pequeno agarimo. 




jueves, 27 de enero de 2011

Paz, peace, pace, paix...



Un 30 de xaneiro de hai moito (en 1948, se buscamos precisión) morreu un home asasinado (en Nova Delhi, India)..., como todos os días en calquera lado. Este lembrámolo aínda, moitos outros non. Lembrámolo porque era e presentábase como un home de paz, que morreu da forma máis antitética coa súa forma de vida: con violencia. Ser de paz non significou para el ser indiferente ou apático, senón extremadamente loitador e convencido das súas ideas (como todas, ás veces discutibles). E inventou formas de loita que agora nos parecen comúns: folgas de fame, sentadas... Conseguiu bastante (colaborou na independencia do seu pais, ata entón colonia británica, os seus métodos foron e son imitados en numerosas ocasións), pero a violencia estaba e está tan enraízada nas sociedades e no mundo que falar de paz nos soa demasiado a utopía.

En fin, todo isto para dicir que penso que Gandhi aínda nos pode dar algunhas leccións. Se queredes saber máis, podedes ir ao blog de bibliotecalandra -"materiais ardora" e aí veredes algúns xogos sobre Gandhi e outros pacifistas. Tamén podedes animarvos a ver a peli sobre
el (déixovos a ligazón co comezo do filme,
co seu asasinato).