jueves, 20 de diciembre de 2018

Un decembro con moitos dereitos.



Acercamiento desde el instituto Parga Pondal a las migraciones

Roberto Mallo y Rony Petterson compartieron sus experiencias con el alumnado



Ler a inormación completa.

jueves, 13 de diciembre de 2018

Charla/coloquio sobre os dereitos humanos, migración e a cooperación internacional







O vindeiro xoves 20 de decembro na biblioteca do instituto vai ter lugar unha charla/coloquio na que Rony e Roberto Mallo vannos falar das súas experiencias en distintas culturas.

Rony é un compañeiro noso de 4º C que a maioría xa coñecedes.
 
Roberto Mallo, enxeñeiro técnico industrial natural de Carballo, é un cooperante de Cruz Vermella, en concreto o protagonista da iniciativa que pretende achegar o cooperacionismo mundial aos galegos. Viaxou ata Tanzania, Grecia, os Balcáns ou Líbano entre outros países para cooperar no saneamento da auga, e en Sudán do Sur participou no comité Internacional de Cruz Vermella.

Participou na iniciativa “Cafés con cooperantes” que trata dun ciclo de faladoiros con delegados e voluntarios tanto de Cruz Vermella como doutras organizacións que realizan o seu labor en países en conflito ou en vías de desenvolvemento.

domingo, 11 de noviembre de 2018

Apariencia e Realidade na Olimpíada Filosófica de Galicia.


TEMA DA VI OLIMPÍADA FILOSÓFICA DE GALICIA
REALIDADE E APARIENCIA NO MUNDO ACTUAL
O tema é común a todas as modalidades. Todas versarán sobre o mesmo tema en diferentes formatos.
A olimpíada estatal, propón un subtemas como orientación para traballar co alumnado:
   - Hai unha única realidade?
   - Hai realidade sen aparencia?
   - É real o que é aparente, e é aparente o que é real?
   - Podemos coñecer a realidade ou só coñecemos as aparencias?
   - Podemos crer nos feitos no mundo actual?
   - Cales son as fronteiras entre a realidade e apariencia hoxe?
   - É a posverdade a nova realidade?
   - Podemos coñecer a realidade nun mundo de fake news e posverdade?
   - Realidade virtual: realidade ou aparencia?
   - É máis relevante para a vida a realidade virtual que a realidade material?
   - Hai maneira de distinguir entre realidade e aparencia nas redes sociais?
   - Os nosos perfís nas redes; son meras aparencias?
   - Novas cavernas do mundo actual: buscamos a realidade ou fuximos dela?
   - Preferimos a aparencia ao lado problemático da realidade? Por que?
   - Vivimos dentro ou fóra da caverna?
   - A aparencia sempre engana?
   - Fainos a aparencia máis sensible á realidade?
   - Liberan ou escravizan as aparencias?
   - Que é máis importante para a nosa vida, a nosa aparencia ou o que realmente somos?

3. MODALIDADES DE PARTICIPACIÓN
· Haberá catro modalidades de participación, catro das cales inclúen a participación na Olimpíada Filosófica Estatal. Estas son:

· Disertación Filosófica.

· Dilemas morais.

· Certame fotográfico. 

· Curta de vídeo.

· A lingua dos textos e parlamentos será o galego, agás exención debidamente xustificada no caso das disertacións e dilemas morais


lunes, 15 de octubre de 2018

VI OLIMPÍADA FILOSÓFICA DE GALICIA: REALIDADE E APARIENCIA.



A Olimpíada é unha iniciativa que se propón o fomento e a defensa da filosofía nestes tempos en que tan minguada se está vendo, tempos nos que as novas leis educativas tenden cara a vías dominadas por unha estreita razón instrumental sen deixar apenas lugar para o pensamento crítico.

domingo, 14 de octubre de 2018

Campañas contra a violencia machista.

Aquí deixo algunhas campañas para reflexionar sobre a importancia do 25 de Novembro.
1. “ Beat me”, a poderosa mensaxe das mulleres paquistanís.
Fai un par de anos, a ONU Mulleres Paquistán lanzaba unha potente campaña protagonizada por varias celebrities do país (cantantes, actrices, deportistas…). “Paradoxalmente, a campaña presenta a mulleres que piden aos homes que as golpeen ou as venzan ( beat pódeme ter ambos os significados en inglés) pero naquilo no que son boas. Ten como obxectivo inspirar ás mulleres para reafirmar que son máis fortes do que se lles fai crer e romper a percepción de que unha muller é débil, transformándoas en persoas ‘invencibles’ ( unbeatable en inglés)”, explica ONU Mulleres Paquistán na súa páxina web.
Preme na imaxe para ver o vídeo:
2. Campaña 2015 da rama de Sudafrica do Exército de Salvación:
4. A campaña # NoSeasAnimal, da Junta de Andalucia, incidiu no acoso rueiro como forma de violencia machista. Mira o vídeo:
3. "Así no juega Perú".
Campaña para 2018 en Perú. Nela convocouse a Flores, Tapia e Araujo, Os seleccionados manifestan a necesidade de loitar contra esta problemática no Perú, onde 7 de cada 10 mulleres sufriron algún tipo de violencia por parte da súa parella. Preme na imaxe para ver o vídeo:

4. A campaña # NoSeasAnimal, da Junta de Andalucia, incidiu no acoso rueiro como forma de violencia machista. Mira o vídeo:

E nós, seremos quen de facer a nosa campaña?








domingo, 7 de octubre de 2018

No IES Plurilingüe Elviña gañas os clásicos.

O sábado 29 de setembro publicouse o fallo do CONCURSO FOTOGRÁFICO
PROSOPON. Un dos premios foi para O IES de Elviña na Coruña.





Sumámonos aos parabéns e agradecemento dos organizadores a todos/as os/as participantes, a quen o xurado felicita pola calidade e orixinalidade das instantáneas enviada.

Podedes ver todas as fotos gañadoras no blog de Prosopon:
http://prosoponteatro.blogspot.com/2018/09/concurso-fotografico-prosopon-2018.html

Curso novo enteriño para nós.


Empezamos un curso novo.

Pois si, un curso novo con moitas ganas de facer cousas, de aprender moito de compartir moito, de divertirnos moito, de integrar moito…




Eleximos para comezar unha frase de Nietzsche:

"Cantos homes hai que saiban observar? E entre o pequeno número dos que saben, cantos hai que se observen a si mesmos? "Cada cal é o máis afastado para si mesmo".




Ánimo a todo o mundo!!

martes, 5 de junio de 2018

O equipo Solidarios de 2º ESO C gaña o segundo premio en Consumópolis.




Por fin saíron os premios de Consumópolis. Na categoría  de 1º e 2º ESO os equipo formado por Pablo Fraga Taibo, Pablo García Duarte,  Anxo Pose Fernández, Nerea Varela Vila e Cristina Muñiz González. OP seu mural chámase Non peches os ollos e propón unha reflexión sobre distintas formas de ver o consumos, que vemos, que non vemos..




Así que temos unha cita o venres 15 en Santiago de Compostela para recoller o premio e as honras.

Parabéns ao equipo!!


sábado, 2 de junio de 2018

jueves, 26 de abril de 2018

Club de debate e torneo de xadrez.


Onte tivo lugar unha xornada de debate e xadrez no IES Urbano Lugrís. 

Por unha banda, os/as alumnos/as de Oratoria defenderon a igualdade social sen discriminación positiva fronte ao equipo do Lugrís que tentou convencer ao público da necesidade da discriminación positiva. Ana fixo a presentación, Andrea e Alicia as refutacións e finalmente Santiago recapitulou as conclusións e agradeceu aos compañeiros de Coruña a oportunidade de diálogo. 



O xurado decidiu que os dous equipos o fixeran igual de ben. Así que todos/as voltamos con premio –outro máis, ademais de paso de cine-.

Pero por se fora pouco, ao mesmo tempo Jacobo Caselas Cabanas, mestre internacional de xadrez e xa coñecido noso,  xogaba  partidas simultaneas, falaba con todos nos acompañado de Moira Rodríguez Costa, gañadora de torneos a nivel nacional que nos falou de o xadrez dende a perspectiva de xénero.

Os nosos camipons, Daniel, Javier, Raúl e Samuel loitaron contra os finalistas do Urbano Lugrís e do Fernando Wirz. O trofeo este curso foi para Xavier, un maquión do Lugrís.

Preme aquí para ver máis fotos.

sábado, 24 de marzo de 2018

Triunfamos na V Olimpíada Filosófica de Galicia.




Como xa sabedes o venres 23 un grupo moi seleccto de alumnos e alumnas  fomos en representación do instituto á final  da V Olimpíada Filosófica de Galicia. Esta cita reúne na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela a rapaces e rapazas de toda Galicia que chegan á fase final. 

O IES Isidro Parga Pondal leva participando na Olimpíada dende a súa primeira edición e aínda que non é a primeira vez que chega a final - Óscar, un saúdo dende aqui-, si é a primeira vez que vai participar na final nacional que terá lugar en Mérida, no mes de maio. E por partida dobre, nada menos: na modalidade de fotografía e na de curtametraxe.
Chelsy Gonzalez e Ana Rodríguez, as dúas de 1º de Bacharelato B, gañaron onte o Primeiro Premio coa súa curtametraxe Serendipia. 

Preme aquí se queres velo.

Trátase dun traballo moi persoal gravado integramente no porto de Razo. As autoras propoñen unha reflexión na que se valora o pasado como unha oportunidade perdida e o futuro como unha posibilidade que debe ser abordaba dende o esforzo común. Chea de imaxes suxestivas e simbólicas, a curta móvese entre o lírico e o político, entre a esperanza e a denuncia cunha calidade na imaxe realmente notable.

Pola súa parte, Alba Collazo e María Rodríguez, tamén de 1º de Bacharelato B -que comerán os de Bachrelato B? -acadaron o terceiro  e segundo premio respectivamente na modalidade de fotografía.

Preme aqui para ver a foto de Alba.
Preme aqui para ver a foto de María.

Se queres ver todas as fotografías que mandamos, preme aqui.
Se queres ver todas as curtas que fixemos preme en cada un deles:

Amos e escravos.
Unha historia.
Nós somos a presa.
Ecotecnointegración.

Parabéns para todas elas e moita sorte en Mérida.
Parbéns tamén a todos/as os que participaron. Sodes todos/as gañadores!!!


lunes, 12 de marzo de 2018

Atapuerca again.



Si, outra vez a Atapuerca.
Atapureca, Antecessor, Miguelón....Para os que non tedes moi claro porque non podemos deixar de ir, deixovos aqui uns enlaces a documentos e vídeos para que os fagades unha idea. Lembrade que en Atapuerca atoparonse, polo de agora, fósiles de Homo heidelberguensis, antecessor, sp e sapiens.

- Atapuerca, a montaña máxica.
- Miguelón, un hallazo único.
- Homo Antecessor.
- Album de fotos 2017-18.
- Evolución da ferramentas segundo Jorge, Pablo e Mario (2017-18)
- Tres historias en Atapuerca.

domingo, 11 de marzo de 2018

Personalidade, zombies e cybers.

Que é a personalidade? Poden os zombies tela? e Os cybors? Cres que é cousa de humanos e no bichos raros?
Imos descolocarnos un pouco con esta curta:  Plurality.

Na serie The walking dead tamén sementan a dúbida.

Para analizar a cuestión teriamos que descompoñela en preguntas máis pequeñas -xa sabedes, do complexo ao sinxelo-, como por exemplo:

1. Que é un zombie?
2. Que é un cybor?
3. Elemntos da personalidade humana.


viernes, 9 de marzo de 2018

Traballando con Consumópolis.

Despois de moito darlle á cabeza, moito traballo en equipo, reunións despois de comer, berros, despistes, etc..... ao fin semella que si, que hai murais.

A verdade é que o reto é difícil: facer un cartel publicitario dende unha perspectiva ética, é dicir, consumo responsable, solidario e sostible. E por se fora pouco, en grupos de 5 publicistas solidarios/as algúns dos cais non están na mesma clase. Pero no Parga podemos con (case) todo. E para mostra un botón: mirada as fotos, veredes como reflicten o esforzo realizado.



Preme na foto para ver máis.

lunes, 19 de febrero de 2018

CARBALLO INTERPLAY PREMIO AO PROXECTO DE WEBSERIE EN GALEGO 2018

V Festival de Contidos Dixitais 



OBXECTO 
O Carballo Interplay, na súa V edición, que terá lugar en Carballo do 4 ao 7 de abril de 2018, convoca o premio a proxectos de webserie en galego, que ten por obxectivo a incentivación e o fomento da creación e a difusión de contidos audiovisuais orixinais en lingua galega en internet. 

CARACTERÍSTICAS DOS PROXECTOS 
Os proxectos presentados a este premio deben estar referidos á creación de contidos audiovisuais que han reunir as seguintes características básicas: 
-Deben ser creacións audiovisuais propias e orixinais.
-Poden ser de imaxe real, animación, stop motion, técnica combinada, etc. 
-As creacións audiovisuais deben estar pensadas para seren publicadas e difundidas a través de internet e mediante capítulos, episodios ou partes (como mínimo tres). 
-Non hai ningún tipo de restrición de temática, xénero, estilo, nin persoas destinatarias, sempre que non conteñan ningún tipo de contido ofensivo contra ninguén. 
-Deben ser gravadas orixinalmente en galego e esta debe ser a lingua do seu título e créditos. 

PREMIO
O premio ten unha dotación económica de 1.500 euros e deberá destinarse exclusivamente á produción de, polo menos, tres vídeos da webserie do proxecto premiado. O premio estará suxeito ás posibles retencións fiscais que a lei estableza. 

PRAZO 
Poderán presentarse proxectos dende a publicación das bases ata o 18 de marzo de 2018. 

DOCUMENTACIÓN REQUERIDA 
Os/as solicitantes deberán enviar ao enderezo electrónico direccion@carballointerplay.com, e indicando no asunto do correo "Proxecto de webserie en galego", a seguinte documentación nun arquivo en formato pdf. 
-Historial profesional do/a solicitante, persoa, entidade ou produtora. 
-Sinopse do proxecto (máximo 1 páxina). 
-Memoria explicativa do proxecto (máximo 5 páxinas). 
-Guión definitivo do primeiro capítulo. 
-Calendario da produción. 
-Currículo do equipo técnico e artístico. 
-Plan de comunicación e presenza en RRSS.
-Ligazón a teaser visual da webserie. 
-Calquera outra documentación que o/a solicitante considere pertinente para a mellor defensa do proxecto. 

PROXECTOS FINALISTAS
O comité de selección nomeado para o caso escollerá os proxectos finalistas. Os/as responsables dos proxectos finalistas terán que defender o seu proxecto facendo un piching nun tempo máximo de 15 minutos ante os/as membros do xurado específico para esta convocatoria, coa intención de convencer da calidade, orixinalidade, necesidade e viabilidade do proxecto. O xurado poderá facer preguntas para coñecer mellor o proxecto presentado. O piching será aberto ao público e terá lugar dentro da programación do festival. 

XURADO ESPECÍFICO 
O xurado específico estará composto por persoas de recoñecida capacidade dos ámbitos do audiovisual, da creación en rede e da normalización lingüística, un representante do Concello de Carballo e un representante do equipo directivo do festival. O xurado específico publicarase na páxina web do festival. Valorarase a creatividade e a orixinalidade da proposta, a calidade creativa e audiovisual e o impacto favorable para a posta en valor do galego, así como a súa viabilidade de cara á produción. O Concello de Carballo resérvase o dereito de deixar deserto o premio no caso de non concorreren a concurso un mínimo de tres proxectos finalistas. O proxecto de webserie premiada farase público o día da gala de entrega de premios do festival. Cando menos un/ha dos/as representantes de cada proxecto finalista deberá estar presentes na devandita gala. 

OBRIGAS DO/A BENEFICIARIO/A 
Polo menos tres vídeos da serie web resultante deberán estar finalizados para ser estreados na VI Edición do Festival CARBALLO INTERPLAY. O resultado da webserie premiada deberá axustarse ao proxecto presentado. A webserie debe estar rodada en VO galego. Nos títulos de crédito iniciais da produción deberá figurar en cartón único: “Co apoio do Concello de Carballo e do Festival Carballo Interplay”. Na documentación do proxecto (materiais de promoción e distribución) e nos títulos de crédito da produción resultante, páxina web, etc., farase constar que recibiu o premio a proxecto de webserie en galego do festival CARBALLO INTERPLAY. O Concello de Carballo facilitará os logotipos pertinentes. Os/as beneficiarios/as danlle a autorización expresa ao Concello de Carballo para a utilización da produción subvencionada co obxecto da súa sociabilización nas actividades de promoción e difusión que corresponden. 

DEREITOS DE EXHIBICIÓN 
Ao enviaren os materiais a concurso os/as titulares/as están a declarar implicitamente seren os/as propietarios/as e estaren autorizados/as para utilizar todos os dereitos sobre a música, vídeo e efectos que figuran na webserie. O festival non se fará responsable das reclamacións que xurdan do incumprimento dos/as creadores/as ou produtoras que presenten unha webserie de non posuír axeitadamente os dereitos sobre o material que envíe. 

ACEPTACIÓN DAS CONDICIÓNS 
A presentación de proxectos ao premio implican a aceptación destas bases.

jueves, 15 de febrero de 2018


Sin problemas é unha curtametraxe realizada integramente por profesores/as e alumnos/as de Educación Secundaria, ningún dos cales ten unha relación profesional co mundo do cinema. Foi rodado entre maio e setembro de 2012, dirixido polos profesores Diego Quella e Israel Cardador, e protagonizado por Laura García, Alejandro Tostado, Rosa Tamurejo e David Rivera. A banda sonora é unha creación orixinal de José Luis Palacios para a curtametraxe.

A rodaxe tivo lugar en Olivenza (Badaxoz) e na cidade de Badaxoz, e estreouse en novembro de 2012 en Badaxoz.



miércoles, 14 de febrero de 2018

Ubuntu: eu son porque nós somos

 Ubuntu é a actitude mental prevaleciente entre os nativos africanos que viven ao sur do Sahara, e xorde do devandito popular umuntu, nigumuntu, nagamuntu que en zulú significa unha persoa é unha persoa por mor dos demais, humanidade cara a outros ou ben son porque nós somos.
Para entendelo mellor mira o vídeo.