martes, 29 de enero de 2013

O CASTRO DE BAROÑA.


O Castro de Baroña encóntrase situado nunha península rocosa na parroquia de Baroña, no concello coruñés de Porto do Son. Está declarado como Patrimonio Histórico.
Os Castros eran as antigas casas que estaban situados en lugares estratéxicos para poder defenderse o mellor posible no caso de que os atacaran. Estes son de forma circular ou ovalada.
O noso guía foi, o Arqueólogo Tito Concheiro, que é o encargado da restauración do castro de Baroña. Con él, podemos coñecer a historia e a comprobación das labores de restauración do castro.
O Castro está formado por un tipo de pedra moi dura, que é o granito, pero de este a oeste crúzao una veta doutro mineral moito máis brando. Coa acción do mar, a pedra vaise desgastando, e xurden as furnas. Según o arqueólogo, e moi probable que esta pequeña península, co paso dos anos, se divida en tres partes, a causa da acción do mar.
O Castro está rodeado de mar por tres lados, e ten un muro que o rodea que servía para protexer aos habitantes. Anque a primeira liña de defensa encóntrase antes do muro, trátase dun foxo de catro metros de ancho e tres de fondo, picado na pedra.
Unha información importante foi que neste castro se encontrouse un pendente de ouro e tamén se sabe que apareceu algún frasco de perfume, que estaba en estado sólido, algo habitual nesa época. Nesta primeira imaxe podemos observar o foxo situado antes da entrada ao castro, picado con picos a man polos antigos habitantes deste castro.

                                                                       Na seguinte imaxe, podemos ver a entrada ó castro, donde se pode apreciar que os carros que poidesenchegar nos pasarían desa porta, posto que presenta un par de escaleiras que impedirían o paso.

                                                                         


Un recorrido polo interior dos castros, amosa as seguintes imaxes:



                                     

A IGREXA DE SANTA MARÍA A NOVA


A Igrexa de Santa María a nova esta situada na vila coruñesa de Noia. Trátase dun templo que data do ano 1327.  Esta igrexa actualmente non está destinada ao culto, senón que exerce de museo. Tanto nela coma no cementerio que a rodea, presenta laudas con diversas imaxes que poden ser familiares ou de diferentes gremios.
As laudas están feitas nun tipo de pedra chamado granito do Barbanza, e nelas están talladas as diferentes imaxes. Cada unha destas laudas presenta unhas dimensións de 1.80m de altura e 0.70m de ancho. As laudas colocábanse nas tumbas de diferentes persoas, e en cada lauda tallábase una simboloxía diferente dependendo do gremio ao que pertencera a persoa falecida.


 Nas seguintes imaxes podemos comprobar as distintas laudas.
1.- Lauda adicada ao gremio dos xastres:


   
2.- Lauda adicada ao gremio dos zapateiros:                           

3.- Lauda adicada ao gremio dos carniceiros:



4.- Lauda adicada ao gremio dos mariñeiros:


5.- Lauda que presenta signos familiares:

 Finalmente temos un esquema dos tipos de laudas feito por Christian Rodriguez: