domingo, 23 de octubre de 2016

Preparando o día mundial da Filosofía.

O día 17 de Novembro celébrase dende 2002 o día mundial da filosofía. (Para saber máis preme aquí) e polo tanto no Parga Pondal estamos de festa. Xa estamos preparando as actividades e para que vos vaiades centrándo (sobre todo os/as alumnos/as de 3ºESO) aquí queda este entrante:



domingo, 9 de octubre de 2016

Identidade e información.


Lembro un xogo da miña nenez (que aínda se vende en formato electrónico), chamado Quen é Quen, e que consiste en adiviñar a identidade dun personaxe misterioso a partir das preguntas que un xogador fai e os datos que o outro xogador achega sobre el. Isto permite descartar a outros personaxes coas mesmas características, ata lograr a identificación.

Este xogo veume á memoria por mor dun artigo, titulado "O filósofo de Google", sobre o Dr.Luciano Floridi, profesor de Filosofía e Ética da Información e Director de Investigación no Instituto da internet da Universidade de Oxford. Nel, exponse a súa visión do concepto moderno de identidade, que se resume en: Ti es a túa información. Ler máis

domingo, 2 de octubre de 2016

IV Olimpíada Filosófica de Galicia.


Aínda que para Galicia non temos data, a IV Olimpíada Filosófica de España celebrarase en Murcia, os días  28 e 29 de abril de 2017.
O tema elixido en todas as súas modalidades (disertación filosófica, dilema moral, fotografía e vídeo) é o seguinte:

NOVAS TECNOLOXÍAS E IDENTIDADE HUMANA

Algunhas cuestións que poderían ser de utilidade para orientar o tema poden ser:
Poderán os robots chegar a ser considerados persoas?
Quen es ti na Rede?
Perdemos ou gañamos a nosa identidade coas novas tecnoloxías?
É a tecnoloxía un mecanismo evolutivo?
Cales son os límites do humano na civilización tecnolóxica?
Do australopithecus ao cyborg? 
Pode pensar unha máquina?
Pode vivir unha máquina?

Aqui tes algúns documentos interesantes:

Trailer da película Ex Machine.
Que é a realidade aumentada?
Bioinxeneria e biotecnoloxía.
Sight: unha ficción  sobre a realidade aumentada.
Plurality.


sábado, 1 de octubre de 2016

Día mundial da Filosofía



«Na celebración do Día Mundial da Filosofía subxace a convicción de que a filosofía pode achegar unha contribución fundamental ao benestar humano, a análise da complexidade e o fomento da paz.»

Mensaxe de Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO.



O Día Mundial da Filosofía estableceuse para destacar a importancia desta disciplina, especialmente para a xente nova, e tamén para subliñar que «a filosofía é unha disciplina que estimula o pensamento crítico e independente e é capaz de traballar en aras dun mellor entendemento do mundo, promovendo a paz e a tolerancia.»
Aínda que do Día Mundial vén celebrándose desde o 2002, a Conferencia Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) declarou oficialmente a súa observación en 2005.

A UNESCO destaca que este día pertence a calquera a quen lle interese o pensamento. Por ese motivo, o Día Mundial da Filosofía debe supoñer un exercicio de pensamento libre, razoado e informado sobre os maiores desafíos do noso tempo.