Mostrando entradas con la etiqueta Intelixencia emocional. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Intelixencia emocional. Mostrar todas las entradas

domingo, 2 de octubre de 2016

IV Olimpíada Filosófica de Galicia.


Aínda que para Galicia non temos data, a IV Olimpíada Filosófica de España celebrarase en Murcia, os días  28 e 29 de abril de 2017.
O tema elixido en todas as súas modalidades (disertación filosófica, dilema moral, fotografía e vídeo) é o seguinte:

NOVAS TECNOLOXÍAS E IDENTIDADE HUMANA

Algunhas cuestións que poderían ser de utilidade para orientar o tema poden ser:
Poderán os robots chegar a ser considerados persoas?
Quen es ti na Rede?
Perdemos ou gañamos a nosa identidade coas novas tecnoloxías?
É a tecnoloxía un mecanismo evolutivo?
Cales son os límites do humano na civilización tecnolóxica?
Do australopithecus ao cyborg? 
Pode pensar unha máquina?
Pode vivir unha máquina?

Aqui tes algúns documentos interesantes:

Trailer da película Ex Machine.
Que é a realidade aumentada?
Bioinxeneria e biotecnoloxía.
Sight: unha ficción  sobre a realidade aumentada.
Plurality.


domingo, 23 de octubre de 2011

AS MÚLTIPLES INTELIXENCIAS

Como seguramente víchedes nas noticias, acaban de conceder o Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais a HOWARD GARDNER (1943-...). Este neurólogo é o autor da teoría das intelixencias múltiples, na que afirma que a intelixencia humana non é única (isto é, non é só lóxica matemática, que é o que miden os test de intelixencia). Define a intelixencia como a capacidade de resolver problemas ou elaborar produtos que sexan valiosos nunha ou máis culturas.  Cada individuo -dinos- posúe cando menos 8 habilidades cognoscitivas (primeiramente falou de sete intelixencias, e logo foi sumando outros tipos).
 Influiu moito en DANIEL GOLEMAN, de quen falamos na última clase de Ética, un psicólogo estadounidense que escribiu a difundida obra "Inteligencia emocional" (1995), na que desenvolve dous dos tipos de intelixencia de que fala Gardner: a intelixencia intrapersoal (capacidade do individuo para coñecerse a si mesmo, analizarse...) e a interpersoal (capacidade empática, de entender aos demais, poñerse no seu lugar...).  
Como doadamente se pode deducir, esta teoría é de gran relevancia para enfocar as prácticas  educativas e de aprendizaxe. 
Déixovos un enlace a un video no que se recolle unha entrevista con Gardner, na que el mesmo explica a súa teoría.