miércoles, 15 de diciembre de 2010

Comercio xusto


Comeza hoxe no noso insti un mercadiño de comercio xusto, da man da ONG Solidaridade Internacional. Como seguramente sabedes, o comercio xusto nace como unha alternativa ao comercio tradicional para tratar de evitar as inxustizas que este frecuentemente provoca. Isto é, pretende ser un intercambio con bases éticas (e respectando os Dereitos Humanos....), no que se exclúen prácticas como o traballo infantil, horarios desmedidos e en xeral todo tipo de explotación. O obxectivo non é, pois, que o prezo final sexa o máis barato do mundo, senón que quen produce, quen vende e quen compra poidan realizar un intercambio no que todas as partes saian beneficiadas, sen enganos nin explotación (como din en inglés, fair trade, comercio limpo, no sentido de "xogo limpo").
¡Animádevos a mercar e vender limpamente nos recreos!


viernes, 10 de diciembre de 2010

O SEÑOR DAS MOSCAS.




O señor das moscas (Lord of the flies), a soada novela de William Golding imaxina o accidente dun avión nunha illa perdida no Pacífico. Os únicos sobrevivientes son nenos. Da pouco, constitúense dous bandos: un racional, celoso de manter a cordura e a lóxica, e o outro que se converte nunha tribo de cazadores, fascinados polo xogo da caza e a violencia. Máis aló da aparencia dunha "historia para nenos", a novela de Golding plantexa o tema da condición civilizada do ser humano.A cotinuacio teneis unhas cuestións que poden axudarvos a reflexionar subre o asunto.


1. A existencia dos rapaces lembra ao mencionado “estado de natureza”; como se reflicte isto no texto?
2. Quizais as orixes da cultura foran semellantes; tal vez a situación descrita na novela mantén algunha diferencia esencial e evidente. Descubriches algunha?.
3. O Estado, os intelectuais, o Parlamento, os militares...son diferentes estamentos que teñen unha función ben precisa na nosa sociedade aínda, que a miúdo, cuestionase a súa necesidade. Atopas representados, dalgún xeito estes estamentos na película?
4. Como interpretas as continuas referencias a “os maiores”?.
5. O dominio do lume foi un paso definitivo para a constitución da nosa sociedade e, á vez, diferenciador da nosa condición de humanos fronte os outros animais; que sentido ten o lume na película?
6. Hai, na pelicula, toda unha serie de elementos simbólicos con posibles equivalenzas na nosa cultura e que, sen dubida inciden na organización da nosa cultura. Trata de descrubrir esta simboloxía nos seguintes elementos: caracola, fume, xabarín, o señor das moscas.
7. O filosofo Thomas Hobbes, falando dos rasgos do ser humano resumía a súa natureza dicindo que “O home é un lobo para o home”; Jean Paul Sartre chega a decir “O inferno son os outros”. Explica como estas sentencias se cumplen na película.
8. O sentido da existencia nos persoaxes que aparecen na pelicula abarca un abano que vai dende o xogo ao deber. Analiza como viven o sentido da existencia: Ralph, Jack, Piggy, os xemelgos, Simon.
9. Que che suxiren as danzas?
10. Explica os binomios:
Intelixencia sen forza- debilidade
Forza sen intelixencia- regresion.

jueves, 9 de diciembre de 2010

Tribus en Carballo

Aqui temos o resultado da primeira investigación antropolóxica sobre as tribus na vila de Carballo. Recoñécese alguén como membro desta tribu? Danos a túa opinión sobre esta caracterización dos skaters.

sábado, 4 de diciembre de 2010

Visita a Aspaber

Para lembrar a visita a Aspaber podedes ver no enlace un video cunhas cantas fotos.
Ademais, recollo aquí uns poucos comentarios dalgúns rapaces e rapazas de 2º ESO A sobre a súa visita a Aspaber, o pasado 11 de novembro. Xa sabedes que ese mesmo día realizaron a visita conxuntamente con 2º B e días máis tarde (23 de novembro) tamén a realizou alumnado de C e D:

"Os alumnos de 2º ESO visitan ASPABER. Todos quedaron abraiados de como persoas con discapacidades poideran facer esas cousas" (Javier); "Alí poideron ver todo o que facían e rir un pouco con eles" (Cristina); "Cando chegamos, fixemos dous grupos para ver como convivían e traballan. Uns lixaban a madeira, outros facían pezas moi bonitas ca escaiola e outros tamén facían os trebellos que hai nos parques... por certo estaban moi atentos e alegres cando nos viron alí mirando para eles" (Tonio); " É moi grande e había moitas seccións. En cada sección facían diferentes cousas. Nunha facían ximnasia... facían escaiolas... había tamén un taller de madeira... noutra axudábanlles a aprender a limpar..." (Lorena); "Tamén en Aspaber teñen unha casa, que se algunha desas persoas non teñen que as coide na casa dormen alí" (Vanesa M.); "Aspaber pareceume un sitio onde fan un labor moi bo, axudándolle a persoas que non se poden valer por si mesmas ou que teñen dificultade para comprender as cousas" (Vanessa F.); "Eu nese día aprendín moito e me gustou ir a visitalo xa que nunca fora" (Samantha), etc.

O inicio de Cidadanía

Inauguramos as entradas para Cidadanía (2º ESO)... deixando na zona de "descargas" unha presentación sobre o primeiro tema, "Relacións persoais", na que se trata sobre que significa ser persoa, a dificultade para coñecerse a un ou unha mesma, etc. Segundo avance o curso, iremos incorporando máis material.
E aquí mesmo, lembrando a peli de Billy Elliot que vimos na clase, e en especial para quen lle guste a música e o baile, propoñémosvos un vídeo sobre o musical que se realizou baseándose neste filme.