Mostrando entradas con la etiqueta Visita a Aspaber. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Visita a Aspaber. Mostrar todas las entradas

sábado, 8 de noviembre de 2014

 Visita a ASPABER 2014-15

Como xa levamos facendo hai anos, este curso os alumnos e alumnas de 2ª ESO fixemos unha visita, en realidade dúas, aos nosos amigos de Aspaber, que foron tan amables conosco como sempre. Na espera de que cheguen ao blog as impresións da visita podedes ir vendo a curtametraxe coa que nos recibiron. Títúlase Cuerdas e acaba de gañar o premio Goya. O seu director  é español, chámase Pedro Solís e declarou que a curtametraxe está inspirada nos seus fillos, Alejandra e Nicolás. A eles e á súa esposa Lola, dedicou o premio que recibiu. Nicolás, de nove anos, ten unha minusvalía declarada do 81%. Segundo o director, o personaxe de María está inspirado en Alejandra; fisicamente non se parecen, pero o seu espírito, si.

sábado, 4 de diciembre de 2010

Visita a Aspaber

Para lembrar a visita a Aspaber podedes ver no enlace un video cunhas cantas fotos.
Ademais, recollo aquí uns poucos comentarios dalgúns rapaces e rapazas de 2º ESO A sobre a súa visita a Aspaber, o pasado 11 de novembro. Xa sabedes que ese mesmo día realizaron a visita conxuntamente con 2º B e días máis tarde (23 de novembro) tamén a realizou alumnado de C e D:

"Os alumnos de 2º ESO visitan ASPABER. Todos quedaron abraiados de como persoas con discapacidades poideran facer esas cousas" (Javier); "Alí poideron ver todo o que facían e rir un pouco con eles" (Cristina); "Cando chegamos, fixemos dous grupos para ver como convivían e traballan. Uns lixaban a madeira, outros facían pezas moi bonitas ca escaiola e outros tamén facían os trebellos que hai nos parques... por certo estaban moi atentos e alegres cando nos viron alí mirando para eles" (Tonio); " É moi grande e había moitas seccións. En cada sección facían diferentes cousas. Nunha facían ximnasia... facían escaiolas... había tamén un taller de madeira... noutra axudábanlles a aprender a limpar..." (Lorena); "Tamén en Aspaber teñen unha casa, que se algunha desas persoas non teñen que as coide na casa dormen alí" (Vanesa M.); "Aspaber pareceume un sitio onde fan un labor moi bo, axudándolle a persoas que non se poden valer por si mesmas ou que teñen dificultade para comprender as cousas" (Vanessa F.); "Eu nese día aprendín moito e me gustou ir a visitalo xa que nunca fora" (Samantha), etc.