sábado, 24 de marzo de 2018

Triunfamos na V Olimpíada Filosófica de Galicia.




Como xa sabedes o venres 23 un grupo moi seleccto de alumnos e alumnas  fomos en representación do instituto á final  da V Olimpíada Filosófica de Galicia. Esta cita reúne na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela a rapaces e rapazas de toda Galicia que chegan á fase final. 

O IES Isidro Parga Pondal leva participando na Olimpíada dende a súa primeira edición e aínda que non é a primeira vez que chega a final - Óscar, un saúdo dende aqui-, si é a primeira vez que vai participar na final nacional que terá lugar en Mérida, no mes de maio. E por partida dobre, nada menos: na modalidade de fotografía e na de curtametraxe.
Chelsy Gonzalez e Ana Rodríguez, as dúas de 1º de Bacharelato B, gañaron onte o Primeiro Premio coa súa curtametraxe Serendipia. 

Preme aquí se queres velo.

Trátase dun traballo moi persoal gravado integramente no porto de Razo. As autoras propoñen unha reflexión na que se valora o pasado como unha oportunidade perdida e o futuro como unha posibilidade que debe ser abordaba dende o esforzo común. Chea de imaxes suxestivas e simbólicas, a curta móvese entre o lírico e o político, entre a esperanza e a denuncia cunha calidade na imaxe realmente notable.

Pola súa parte, Alba Collazo e María Rodríguez, tamén de 1º de Bacharelato B -que comerán os de Bachrelato B? -acadaron o terceiro  e segundo premio respectivamente na modalidade de fotografía.

Preme aqui para ver a foto de Alba.
Preme aqui para ver a foto de María.

Se queres ver todas as fotografías que mandamos, preme aqui.
Se queres ver todas as curtas que fixemos preme en cada un deles:

Amos e escravos.
Unha historia.
Nós somos a presa.
Ecotecnointegración.

Parabéns para todas elas e moita sorte en Mérida.
Parbéns tamén a todos/as os que participaron. Sodes todos/as gañadores!!!


lunes, 12 de marzo de 2018

Atapuerca again.



Si, outra vez a Atapuerca.
Atapureca, Antecessor, Miguelón....Para os que non tedes moi claro porque non podemos deixar de ir, deixovos aqui uns enlaces a documentos e vídeos para que os fagades unha idea. Lembrade que en Atapuerca atoparonse, polo de agora, fósiles de Homo heidelberguensis, antecessor, sp e sapiens.

- Atapuerca, a montaña máxica.
- Miguelón, un hallazo único.
- Homo Antecessor.
- Album de fotos 2017-18.
- Evolución da ferramentas segundo Jorge, Pablo e Mario (2017-18)
- Tres historias en Atapuerca.

domingo, 11 de marzo de 2018

Personalidade, zombies e cybers.

Que é a personalidade? Poden os zombies tela? e Os cybors? Cres que é cousa de humanos e no bichos raros?
Imos descolocarnos un pouco con esta curta:  Plurality.

Na serie The walking dead tamén sementan a dúbida.

Para analizar a cuestión teriamos que descompoñela en preguntas máis pequeñas -xa sabedes, do complexo ao sinxelo-, como por exemplo:

1. Que é un zombie?
2. Que é un cybor?
3. Elemntos da personalidade humana.


viernes, 9 de marzo de 2018

Traballando con Consumópolis.

Despois de moito darlle á cabeza, moito traballo en equipo, reunións despois de comer, berros, despistes, etc..... ao fin semella que si, que hai murais.

A verdade é que o reto é difícil: facer un cartel publicitario dende unha perspectiva ética, é dicir, consumo responsable, solidario e sostible. E por se fora pouco, en grupos de 5 publicistas solidarios/as algúns dos cais non están na mesma clase. Pero no Parga podemos con (case) todo. E para mostra un botón: mirada as fotos, veredes como reflicten o esforzo realizado.



Preme na foto para ver máis.