Mostrando entradas con la etiqueta Valores éticos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Valores éticos. Mostrar todas las entradas
martes, 12 de febrero de 2019
Axenda 2030 para o desenvolvemento sostible
Xa empezamos a traballar coa Axenda 2030. Aínda que Roberto Mallo xa nos falara dela, non esta de máss darlle un repaso antes de que @s de Solidariedade Internacional veñan facer os obradoiros con nós. Ímos darlle unha volta a eso da Axenda 2030 da man de Ecoloxía Verde.
Ler máis.
jueves, 13 de diciembre de 2018
Charla/coloquio sobre os dereitos humanos, migración e a cooperación internacional
O vindeiro xoves 20 de decembro na biblioteca do instituto vai ter lugar unha charla/coloquio na que Rony e Roberto Mallo vannos falar das súas experiencias en distintas culturas.
Rony é un compañeiro noso de 4º C que a maioría xa coñecedes.
Roberto Mallo,
enxeñeiro técnico industrial natural de Carballo, é un cooperante
de Cruz Vermella, en concreto o protagonista da iniciativa que
pretende achegar o cooperacionismo mundial aos galegos. Viaxou ata
Tanzania, Grecia, os Balcáns ou Líbano entre outros países para
cooperar no saneamento da auga, e en Sudán do Sur participou no
comité Internacional de Cruz Vermella.
Participou
na iniciativa “Cafés con cooperantes”
que trata dun
ciclo de faladoiros con delegados e voluntarios tanto de Cruz
Vermella como doutras organizacións que realizan o seu labor en
países en conflito ou en vías de desenvolvemento.
viernes, 9 de marzo de 2018
Traballando con Consumópolis.
Despois de moito darlle á cabeza, moito traballo en equipo, reunións despois de comer, berros, despistes, etc..... ao fin semella que si, que hai murais.
A verdade é que o reto é difícil: facer un cartel publicitario dende unha perspectiva ética, é dicir, consumo responsable, solidario e sostible. E por se fora pouco, en grupos de 5 publicistas solidarios/as algúns dos cais non están na mesma clase. Pero no Parga podemos con (case) todo. E para mostra un botón: mirada as fotos, veredes como reflicten o esforzo realizado.
domingo, 17 de diciembre de 2017
Tolos por Consumopolis
Xa estamos case rematando o percorrido da primeira parte do consumopolis.
Ánimo a todos/as, que xa queda menos!
Preme na imaxe para ver máis fotos.
Ánimo a todos/as, que xa queda menos!
Preme na imaxe para ver máis fotos.
sábado, 2 de diciembre de 2017
Consumópolis 13: consumo e publicidade.
Como xa sabedes moitos7as este curso estamos a participar outra vez no concurso Consumopolis. Os/as alumnos/as de 1º, 2º, 3º e 4º da Eso na Materia de Valores Éticos e nalgunas titorías poderán comprobar que é o que saben sobre consumo e publicidade.
Ánimo a todos/as!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
