Mostrando entradas con la etiqueta charla. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta charla. Mostrar todas las entradas

martes, 19 de marzo de 2019

Dende Nicaragua ao Parga: Georgina de los Angeles Molina, defensora dos dereitos das mulleres.



Psicóloga nicaraguana especialista no tratamento do abuso sexual, doce anos de experiencia no traballo con diferentes grupos organizados. Profesora de Biodanza e feminista por opción. Traballou con distintos grupos organizados na formación de mozas e mulleres líderes. Integrante do equipo multidisciplinario Ixaya- Palante no que traballou con profesoras de primaria e secundaria (rurais e urbanas) centradas na cultura de paz con equidade de xénero. En setembro do 2015 empeza a traballar como terapeuta/promotora e defensora de dereitos humanos desde a Fundación Augas Bravas Nicaragua1 que fundase Brigitte Hauschild para mulleres adultas sobrevivientes de abuso sexual.

A lo largo de mi ejercicio profesional aprendí a reconocer y defender mis derechos desde la cotidianidad de mi vida, hablar y escribir públicamente sobre los diferentes atropellos que viví. Mi principal virtud es no quedarme callada ante figuras de autoridad, cuestionar y proponer debates sobre nuestro ser mujer en este sistema patriarcal. Tengo más de nueve años señalando los atropellos, injusticias y abusos que viven mujeres, jóvenes, niños/as por parte del Estado de Nicaragua. Nueve años de no solo gritar en las calles estos atropellos a los derechos humanos, sino también de comparecer ante diferentes medios de comunicación, aulas de clases, grupos organizados, comunidades rurales y urbanas y a la vez acompañar a estas mujeres y niños/as en su recuperación emocional y con esto recuperar también sus poderes es decir la capacidad de que ellos/as puedan apropiarse y defender sus derechos.

O 27 Octubro 2018 saiu de Nicaragua e isto é o que lle pasou:

Estaba organizada en un grupo que trasladaba víveres y medicamentos a diferentes comunidades del país; yo y otros dos amigos elegimos el sector de Masaya. (Lugar donde residí cinco años) En varias ocasiones hicimos viajes hasta la comunidad de Nindiri (era lo más cerca que podíamos llegar) ahí nos esperaban amigos/as que estaban organizados/as en las trincheras y ellos/as se encargaban de la distribución de los víveres y medicamentos. A principios de Julio nos dispusimos a realizar otro viaje con dirección a Masaya pero en esa ocasión a la altura del km 14 nos retuvieron agentes de la policía nacional, nos requisaron el carro en busca de armas de fuego y revisaron mi teléfono celular, entraron a mi red social vieron mi foto de perfil y solo eso les bastó para decirnos que nosotros éramos delincuentes y que estábamos conspirando contra el gobierno. Luego de amenazarnos con trasladarnos a auxilio judicial nos dijeron que ellos eran buenas personas y que sabían que este gobierno iba a caer, pero que ellos (policías) necesitaban dinero para poder irse del país cuando todo acabara, uno de los policías nos pidió a cada uno/a nuestra dirección, número de teléfono, lugar de trabajo. Ese mismo policía nos escoltó hasta nuestras casas, se encargó de supervisar si poseíamos llaves de esa casa. Nos dijo que cada fin de mes uno de ellos pasaría por una de nuestras casas para que nosotros les entregáramos la suma de 400 dólares americanos a cambio del ¨favor de no apresarnos¨ y así fue hasta el mes de Octubre que mis amigos y yo logramos salir del país. 
En tres días renuncié a mi trabajo, desaloje mi casa y me despedí a como pude de mi familia y amistades. Actualmente estoy pidiendo asilo político en España, acogida por amigas/os con los que viví en Masaya.


Esperamos con moitas ganas e inquedanza a súa visita.

jueves, 13 de diciembre de 2018

Charla/coloquio sobre os dereitos humanos, migración e a cooperación internacional







O vindeiro xoves 20 de decembro na biblioteca do instituto vai ter lugar unha charla/coloquio na que Rony e Roberto Mallo vannos falar das súas experiencias en distintas culturas.

Rony é un compañeiro noso de 4º C que a maioría xa coñecedes.
 
Roberto Mallo, enxeñeiro técnico industrial natural de Carballo, é un cooperante de Cruz Vermella, en concreto o protagonista da iniciativa que pretende achegar o cooperacionismo mundial aos galegos. Viaxou ata Tanzania, Grecia, os Balcáns ou Líbano entre outros países para cooperar no saneamento da auga, e en Sudán do Sur participou no comité Internacional de Cruz Vermella.

Participou na iniciativa “Cafés con cooperantes” que trata dun ciclo de faladoiros con delegados e voluntarios tanto de Cruz Vermella como doutras organizacións que realizan o seu labor en países en conflito ou en vías de desenvolvemento.

jueves, 7 de abril de 2011

Estivo con nós CARME ADÁN


O pasado luns na biblioteca un variado grupo de rapaces e rapazas -4º ESO e 1º e 2º Bac -puido escoitar á deputada do Parlamento galego Carme Adán. Tomando como punto de partida o dato que na actualidade tan só un 1% das mulleres acceden a cargos políticos importantes e tan só outro 1% teñen máis ben que os homes, C. Adán rastreou o acontecido neste respecto desde a antigüidade grega ata os nosos días deténdose especialmente na Revolución francesa, a Segunda república española, o franquismo e posterior democracia. Se cadra, o máis ilustrativo foron os dous vídeos cos que rematou: primeiro, uns rapeiros varóns ("cumprindo" con todos os tópicos do home potente e muller-floreiro) e logo, unhas rapeiras mulleres (rompendo coas representacións habituais do feminino, amosándose activas e pouco preocupadas por lucir un físico prototipicamente feminino). Foi unha pena non ter tempo para o debate, que podería ter dado para moito! En calquera caso, conseguimos que o día das mulleres non se quede só no 8 de marzo... e as discusións continuarémolas nas aulas, ou fóra delas.