domingo, 27 de diciembre de 2015

Olimpíada filosófica de Galicia: unha axuda para a disertación

Estes son algúns materiais que vos poden axudar ou inspirar para facer a vosas disertación. Bótadelle un ollo por se vos instiran ou vos dan argumentos. Pero podedes usar calquera outra fonte:

1.       Onfray, M.: Antimanual de filosofía.


Interesavos o capítulo de estética, El arte, que está na páxina 65.

2.       Unidad apreciación estética


Unha introducción á estética; bruxuleade a ver se vos interesa algo do que plantexa.

3.      Tertulia sobre a beleza, en RTVE

martes, 8 de diciembre de 2015

Outra Constitución.


Constitución de Uzupis


O 1 de abril de 1997, coincidindo co Día dos Inocentes no mundo anglosaxón, o pequeno barrio de Vilna, capital de Liyuania,  autodeclarouse independente. Cada aniversario, pecha o seu acceso polas pontes e o 'Exército da República' sela os pasaportes da xente que queira cruzar o río e dar unha volta polo distrito. Mirade a súa Constitución:


Art. 1. Todos teñen dereito a vivir preto do río Vilnelé e o río Vilnelé ten dereito a fluír preto de todos.
Art. 2. Todos teñen dereito a auga quente, á calefacción no inverno e a un tellado.
Art. 3. Todos teñen dereito a morrer, pero non é a súa obriga.
Art. 4. Todos teñen dereito a equivocarse.
Art. 5. Todos teñen dereito a ser únicos .
Art. 6. Todos teñen dereito a amar.
Art. 7. Todos teñen dereito a non ser amados, pero non necesariamente.
Art. 8. Todos teñen dereito a ser insignificantes e descoñecidos.
Art. 9. Todos teñen dereito a ser preguiceiros e a non facer nada.
Art. 10. Todos teñen dereito a amar e protexer un gato.
Art. 11. Todos teñen dereito a coidar dun can ata que un dos dous morra.
Art. 12. Un can ten dereito a ser un can.
Art. 13. Un gato non está obrigado a amar ao seu dono, pero débelle axudar nos momentos difíciles.
Art. 14. Todos teñen dereito a non saber de cando en vez que teñen obrigas.
Art. 15. Todos teñen dereito a dubidar, pero non é a súa obriga.
Art. 16. Todos teñen dereito a ser felices.
Art. 17. Todos teñen dereito a ser infelices.
Art. 18. Todos teñen dereito a gardar silencio.
Art. 19. Todos teñen dereito a ter fe.
Art. 20. Ninguén ten dereito a usar a violencia.
Art. 21. Todos teñen dereito a darse conta da súa irrelevancia e da súa grandeza.
Art. 22. Ninguén ten dereito a usurpar a eternidade.
Art. 23. Todos teñen dereito a comprender.
Art. 24. Todos teñen dereito a non comprender nada.
Art. 25. Todos teñen dereito a ter varias nacionalidades.
Art. 26. Todos teñen dereito a celebrar ou a non celebrar os seus aniversarios.
Art. 27. Todos teñen a obriga de lembrar o seu nome.
Art. 28. Todos poden compartir o que posúen.
Art. 29. Ninguén pode compartir o que non posúe.
Art. 30. Todos teñen dereito a ter irmáns, irmás e pais.
Art. 31. Todos poden ser libres.
Art. 32. Todos son responsables da súa liberdade.
Art. 33. Todos teñen dereito a chorar.
Art. 34. Todos teñen dereito a ser incomprendidos.
Art. 35. Ninguén ten dereito a botarlle a culpa ao outro.
Art. 36. Todos teñen dereito a ser subxectivos.
Art. 37. Todos teñen dereito a non ter ningún dereito.
Art. 38. Todos teñen dereito a non ter medo.
Art. 39. Non venzas .
Art. 40. Non te defendas
Art. 41. Non te rendas.

viernes, 4 de diciembre de 2015

Olimpíada filosófica 2015-16



Consulta aquí as bases da olimpíada filosofica deste curso. Tamén podes ver no enlace os exercicios das distintas modalidades seleccionados outros anos.

jueves, 3 de diciembre de 2015

Construíndo o mundo que queremos



Hoxe imos darlle a palabra a dúas compañeiras vosas de 3º ESO, Lucía e Angela, que xunto a Natalia e Ana (4ºESO) e Yadira (3º ESO) participaron na primeira reunión de todos e todas os pirados que asistimos ao obradoiro. Pero, mellor, cóntano elas:


Queridos lectores: 
Somos Ángela e Lucía, dúas alumnas de terceiro do IES Isidro Parga Pondal, as cales tivemos a oportunidade de participar nun proxecto chamado " O mundo que queremos". O venres día 27 de Novembro embarcámonos nunha experiencia na cal reunímonos varios institutos para charlar sobre os distintos aspectos a traballar durante o proxecto. Realizamos tamén varias actividades para conocernos mellor entre nós, nas cales incluímos: recoller información sobre os nosos novos compañeiros (instituto, gustos,desexos...), realizamos debuxos sobre os nosos institutos e escribimos unha carta individual para o noso futuro redactando os nosos desexos e metas a cumplir. 
Tamén prometemos reunirnos en varias ocasións máis as cales estamos esperando con moita ansia para ver de novo os amigos que grazas a este proxecto fixemos. Un saúdo das vosas compañeiras: 
       Lucía Souto e Ángela Iglesias