lunes, 8 de diciembre de 2014

NATUREZA E CULTURA. QUE NOS FAI SER O QUE SOMOS?

Estamos tendo problemas para enfocar o traballo proposto para a II Olimpiada Fifosofia. O asunto é que como aínda nos demos o tema de natureza e cultura, a xente que participades na actividade (ou facedes a foto para clase) non sabedes moi ben por onde movervos. Para axudarvos póño unhas ligazóns nas que se explica o tema sobre o que tedes que aplicar a vosas creatividades:

Natureza e cultura.
Natureza, cultura e sociedade.
Por que somos mais listos?
Finalmente, aqui tedes un vídeo moi entretenido que tamén pode aclararvoa algo:


viernes, 5 de diciembre de 2014

Introdución ao dereito cunha visita aos xulgados de Santiago de Compostela



O pasado xoves 4 de decembro, as alumnas e alumnos de 2º de Bacharelato de Ética e Filosofía do Dereito visitamos os xulgados de Santiago de Compostela, onde nos recibiu a avogada Leo Villar. A nosa intención era acudir a un xuízo sobre o tráfico de drogas. Nel observaríamos como transcorre o proceso xudicial penal. Ainda que o xuízo non se celebrou porque os implicados chegaron a un acordo, poidemos falar co fiscal xeral don Álvaro García, quen  levou casos relevantes como, por exemplo, o do Prestige.

Don Álvaro, moi amable, comezou por agradecernos a nosa visita xa que, como el dixo, "a xustiza pertence ao pobo". A súa intención era mostrar a transparencia deste órgano. Explicounos a función da fiscalía, a diferencia coa avogacía privada e a razón pola que el escolleu ser fiscal, o cal nos conmoveu moito. Por outra parte, tamén intentou concienciarnos acerca da violencia de xénero e contestou a todas as nosas preguntas sobre desafiuzamentos e narcotráfico internacional.

Dende o centro queremos agradecer tanto a invitación a un próximo xuízo como a amabilidade por parte da Súa Señoría, o fiscal e a avogada. Esperamos poder realizar unha nova visita pronto.

lunes, 1 de diciembre de 2014

BASES DA II OLIMPIADA DE FILOSOFÍA.

Preme na imaxe para ver as bases da II Olimpiada Filosófica:
                           
https://drive.google.com/file/d/0ByKt_AQEqw8qNWotd3lPTFM4Zk0/view?usp=sharing



Como o tema desde curso é Natureza e cultura. Que nos fai ser o que somos, os alumnos e alumnas de 1º de Bachareleto que vaides facer fotos poderiades centrarvos xa nese tema (incluso se elixedes unha frase dunha canción) porque asi a fotografía que fagades vale para o concurso e para a avaliación. Os e as que vos animedes por outra modalidade deconcurso aínda temos tempo bastante para prepararlo na clase.

Para editar as fotos tedes un programa que se chama GIMP que se pode descargar gratuitamente. Deixovos unha ligazón a un titurial por se tedes algunha dúbida sobre como se manexa: GIMP.