Mostrando entradas con la etiqueta concurso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta concurso. Mostrar todas las entradas
sábado, 9 de marzo de 2019
martes, 12 de febrero de 2019
Concurso fotográfico Amor platónico
Xa temolas fotos que participan neste concurso tan romántico. Podedes velas premando na imaxe seguinte:
Como sabedes, tres delas serán premiadas cada unha cun vale de 20 euros. O xurado terá que facer ben o seu traballo.
Sorte a todos e a todas e moito AMOR!!!
Como sabedes, tres delas serán premiadas cada unha cun vale de 20 euros. O xurado terá que facer ben o seu traballo.
Sorte a todos e a todas e moito AMOR!!!
martes, 5 de febrero de 2019
domingo, 27 de enero de 2019
domingo, 11 de noviembre de 2018
Apariencia e Realidade na Olimpíada Filosófica de Galicia.
REALIDADE E APARIENCIA NO MUNDO ACTUAL
O tema é común a todas as modalidades. Todas versarán sobre o mesmo tema en diferentes formatos.
A olimpíada estatal, propón un subtemas como orientación para traballar co alumnado:
- Hai unha única realidade?
- Hai realidade sen aparencia?
- É real o que é aparente, e é aparente o que é real?
- Podemos coñecer a realidade ou só coñecemos as aparencias?
- Podemos crer nos feitos no mundo actual?
- Cales son as fronteiras entre a realidade e apariencia hoxe?
- É a posverdade a nova realidade?
- Podemos coñecer a realidade nun mundo de fake news e posverdade?
- Realidade virtual: realidade ou aparencia?
- É máis relevante para a vida a realidade virtual que a realidade material?
- Hai maneira de distinguir entre realidade e aparencia nas redes sociais?
- Os nosos perfís nas redes; son meras aparencias?
- Novas cavernas do mundo actual: buscamos a realidade ou fuximos dela?
- Preferimos a aparencia ao lado problemático da realidade? Por que?
- Vivimos dentro ou fóra da caverna?
- A aparencia sempre engana?
- Fainos a aparencia máis sensible á realidade?
- Liberan ou escravizan as aparencias?
- Que é máis importante para a nosa vida, a nosa aparencia ou o que realmente somos?
3. MODALIDADES DE PARTICIPACIÓN
· Haberá catro modalidades de participación, catro das cales inclúen a participación na Olimpíada Filosófica Estatal. Estas son:
· Disertación Filosófica.
· Dilemas morais.
· Certame fotográfico.
· Curta de vídeo.
· A lingua dos textos e parlamentos será o galego, agás exención debidamente xustificada no caso das disertacións e dilemas morais
lunes, 15 de octubre de 2018
VI OLIMPÍADA FILOSÓFICA DE GALICIA: REALIDADE E APARIENCIA.
A Olimpíada é unha iniciativa que se propón o fomento e a defensa da filosofía nestes tempos en que tan minguada se está vendo, tempos nos que as novas leis educativas tenden cara a vías dominadas por unha estreita razón instrumental sen deixar apenas lugar para o pensamento crítico.
domingo, 7 de octubre de 2018
No IES Plurilingüe Elviña gañas os clásicos.
O sábado 29 de setembro publicouse o fallo do CONCURSO FOTOGRÁFICO
PROSOPON. Un dos premios foi para O IES de Elviña na Coruña.
Sumámonos aos parabéns e agradecemento dos organizadores a todos/as os/as participantes, a quen o xurado felicita pola calidade e orixinalidade das instantáneas enviada.
Podedes ver todas as fotos gañadoras no blog de Prosopon:
http://prosoponteatro.blogspot.com/2018/09/concurso-fotografico-prosopon-2018.html
viernes, 9 de marzo de 2018
Traballando con Consumópolis.
Despois de moito darlle á cabeza, moito traballo en equipo, reunións despois de comer, berros, despistes, etc..... ao fin semella que si, que hai murais.
A verdade é que o reto é difícil: facer un cartel publicitario dende unha perspectiva ética, é dicir, consumo responsable, solidario e sostible. E por se fora pouco, en grupos de 5 publicistas solidarios/as algúns dos cais non están na mesma clase. Pero no Parga podemos con (case) todo. E para mostra un botón: mirada as fotos, veredes como reflicten o esforzo realizado.
domingo, 17 de diciembre de 2017
Tolos por Consumopolis
Xa estamos case rematando o percorrido da primeira parte do consumopolis.
Ánimo a todos/as, que xa queda menos!
Preme na imaxe para ver máis fotos.
Ánimo a todos/as, que xa queda menos!
Preme na imaxe para ver máis fotos.
sábado, 2 de diciembre de 2017
Consumópolis 13: consumo e publicidade.
Como xa sabedes moitos7as este curso estamos a participar outra vez no concurso Consumopolis. Os/as alumnos/as de 1º, 2º, 3º e 4º da Eso na Materia de Valores Éticos e nalgunas titorías poderán comprobar que é o que saben sobre consumo e publicidade.
Ánimo a todos/as!!
lunes, 8 de febrero de 2016
Que é a beleza?
No Ies Isidro Parga Pondal facemos a nosa intraolimpíada. Métete no papel de crítico ou crítica e elixe as tres fotos que máis che gustan. Faremos unha exposición coas vinte máis votadas. Preme na imaxe para ver as fotos.
miércoles, 10 de junio de 2015
FINALISTAS DO CONCURSO ELPAISDELOSESTUDIANTES !!!!!!!!!!! BEN FEITO!!!!!!!!!!!!!!!!!
Hai imaxes que valen moito. Imaxes como esta:
Aínda que o remataron polos pelos, ahi queda un traballo ben feito. Preme aqui se queres disfrutarco xornal.
E para que teñades claro -se sodes capaces de recoñecelos e recoñecelas-quen as e os merecedores deste Tercer posto autonómico, aqui tedes outra imaxe interesante:
Asi da gusto¡¡¡¡¡
martes, 5 de mayo de 2015
CONCURSO EN 4º ESO: DELINCUENCIA VERSUS MACHISMO
O pasado día 5 de Maio os alumnos e alumnas de 4º ESO fixeron un concurso no que demostraron os seus coñecementos sobre o machismo e a prevención da delincuencia en Carballo. Demostraron tamén a súa capacidade de improvisar e de colaborar entre eles. Este é o resultado, espero que vos guste. Preme na cabaza Ruperta para ver o vídeo.
jueves, 5 de febrero de 2015
GRUPOS SELECCIONADOS PARA A SEGUNDA FASE DE CONSUMÓPOLIS.
lunes, 1 de diciembre de 2014
BASES DA II OLIMPIADA DE FILOSOFÍA.
Preme na imaxe para ver as bases da II Olimpiada Filosófica:
Como o tema desde curso é Natureza e cultura. Que nos fai ser o que somos, os alumnos e alumnas de 1º de Bachareleto que vaides facer fotos poderiades centrarvos xa nese tema (incluso se elixedes unha frase dunha canción) porque asi a fotografía que fagades vale para o concurso e para a avaliación. Os e as que vos animedes por outra modalidade deconcurso aínda temos tempo bastante para prepararlo na clase.
Para editar as fotos tedes un programa que se chama GIMP que se pode descargar gratuitamente. Deixovos unha ligazón a un titurial por se tedes algunha dúbida sobre como se manexa: GIMP.
lunes, 10 de noviembre de 2014
II OLIMPIADA FILOSOFICA.
Xa está aberta a convocatoria para participar na II Olimpiada filosófica e ten pinta de vir para quedarse, aínda que os tempos semellan ser difíciles para á filosofía. Podes preguntarlles ao veteranos de que vai (María, Laura e Alejandro de 2º Bac.) que seguro que vos dan unha versión interesante do asunto. Póñovos aqui o enlace por se queres ver as bases e modalidades deste curso.
viernes, 13 de abril de 2012
Unha clase gañadora!!
Veñen de comunicarnos que a clase de 4º A recibiu dous premios (nada menos) na categoría de fotografías do concurso TECENDO HISTORIAS DE MULLER, convocado pola ONGD Solidaridade Internacional. Os premiados son:
- Anxo Pensado Moreira, con "As mulleres tamén gañan":
- Sara Cerviño, Guadalupe Rama e Gema Lage, con "Di stop á violencia de xénero":
Noraboa!! O premio consistirá na publicación das fotos (xuntos aos demais relatos e fotos gañadores) nun libro que recollerá as historias de muller que son destinatarias dos proxectos de cooperación que ten en marcha Solidaridade Internacional de Galicia que serán novelados por escritoras e escritores galegos.
Podedes comentar no facebook de Tecendo historias de muller.
- Anxo Pensado Moreira, con "As mulleres tamén gañan":
- Sara Cerviño, Guadalupe Rama e Gema Lage, con "Di stop á violencia de xénero":
Noraboa!! O premio consistirá na publicación das fotos (xuntos aos demais relatos e fotos gañadores) nun libro que recollerá as historias de muller que son destinatarias dos proxectos de cooperación que ten en marcha Solidaridade Internacional de Galicia que serán novelados por escritoras e escritores galegos.
Podedes comentar no facebook de Tecendo historias de muller.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







