Veñen de comunicarnos que a clase de 4º A recibiu dous premios (nada menos) na categoría de fotografías do concurso TECENDO HISTORIAS DE MULLER, convocado pola ONGD Solidaridade Internacional. Os premiados son:
- Anxo Pensado Moreira, con "As mulleres tamén gañan":
- Sara Cerviño, Guadalupe Rama e Gema Lage, con "Di stop á violencia de xénero":
Noraboa!! O premio consistirá na publicación das fotos (xuntos aos demais relatos e fotos gañadores) nun libro que recollerá as historias de muller que son destinatarias dos proxectos de cooperación que ten en marcha Solidaridade Internacional de Galicia que serán novelados por escritoras e escritores galegos.
Podedes comentar no facebook de Tecendo historias de muller.
Por suposto! 4ºA sempre os mellores :D
ResponderEliminar