Películas
a elixir:
Germinal (1993) | El corazón de la tierra (2007) | Daens (1992) |
- Resumo do argumento en 10-15 liñas e ficha técnica da película.
- ¿En que época se sitúa a película? Busca algunha información ao respecto.
- ¿En que lugar se sitúa a película? Busca información e pon un mapa do lugar.
- Describe tres personaxes da película (algún feminino e algún masculino).
- Propón ti tres preguntas posibles en torno ao argumento da película e indica as respostas.
- Describe as tres esceas que máis che gustaran.
- Propón un novo final para a película.
- Propón un título alternativo para a película e explica por que o elixiches.
9.
Realiza
unha pequena disertación na que recollas unha reflexión
persoal sobre a revolución industrial e as súas
consecuencias para a poboación (segundo a película que
visionaches).
10.
Comentario
persoal (¿Que che gustou? ¿Que non?
¿resultouche de fácil visionado? ¿aprendiches
algo? ¿atopaches algo sorprendente?...)
[En lugar da película enteira de Daens pódese ver a selección de escenas que aparece en youtube: Daens: escenas para uso didáctico]
A maiores engádese para elixir a clásica "Tempos modernos" (1936) de Chaplin, que aínda que situada no XX (na época da Gran Depresión), pode axudarnos a facernos a idea do carácter forzado ou alienado do traballo no capitalismo, co humor tan característico de Charles Chaplin.
As preguntas correspondentes son:
Resumo do argumento en 10-15 liñas e ficha técnica da película.
- ¿En que época se sitúa a película? Busca algunha información ao respecto.
- ¿Que che suxiren as primeiras imaxes da película (a montaxe que presenta como paralelo o rabaño coa entrada de obreros na fábrica)?
- Pensando na máquina de comer, imaxina situacións ou accións que se poderían substituír por unha máquina. Logo comenta vantaxes e desvantaxes da máquina de comer.
- Definir as características físicas e psíquicas de Charlot como personaxe..
- Buscar información da vida e obra de Charles Chaplin.
- Describe tres escenas que penses que se poden relacionar co concepto de alienación económica en Marx.
- Propón un título alternativo para a película e explica por que o elixiches.
9.
Realiza
unha pequena disertación na que recollas unha reflexión
persoal sobre a revolución industrial e as súas
consecuencias para a poboación (segundo a película que
visionaches).
10.
Comentario persoal (¿Qué che gustou? ¿Qué
non? ¿resultouche de fácil visionado? ¿aprendiches
algo? ¿que che pareceu o uso da música no filme?
¿atopaches algo sorprendente?...)
*
A realización completa destas cuestións despois do
visionado do filme, subirá ata 0,5
ptos
sobre a cualificación do exame de Marx. Soamente pode facerse
traballo de 1
película para dito exame. DATA LÍMITE: 8 de maio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario