Xa enfilando o fin de curso, déixovos algunhas suxestións para facer traballos voluntarios para o contexto de Karl Marx. O século XIX, na súa faceta máis socio-económico-política, é o que tratan de reflectir os tres filmes que se vos propoñen a continuación...
Películas
a elixir:
| Germinal
(1993) |
El
corazón de la tierra
(2007) |
Daens
(1992) |
|
|
|
Resumo
do argumento en 10-15 liñas e ficha técnica da
película.
¿En
que época se sitúa a película? Busca algunha
información ao respecto.
¿En
que lugar se sitúa a película? Busca información
e pon un mapa do lugar.
Describe
tres personaxes da película (algún feminino e algún
masculino).
Propón
ti tres preguntas posibles en torno ao argumento da película
e indica as respostas.
Describe
as tres esceas que máis che gustaran.
Propón
un novo final para a película.
Propón
un título alternativo para a película e explica por
que o elixiches.
9.
Realiza
unha pequena disertación na que recollas unha reflexión
persoal sobre a revolución industrial e as súas
consecuencias para a poboación (segundo a película que
visionaches).
10.
Comentario
persoal (¿Que che gustou? ¿Que non?
¿resultouche de fácil visionado? ¿aprendiches
algo? ¿atopaches algo sorprendente?...)
...............
A maiores engádese para elixir a clásica "Tempos modernos" (1936) de Chaplin, que aínda que situada no XX (na época da Gran Depresión), pode axudarnos a facernos a idea do carácter forzado ou alienado do traballo no capitalismo, co humor tan característico de Charles Chaplin.
As preguntas correspondentes son:
Resumo
do argumento en 10-15 liñas e ficha técnica da
película.
¿En
que época se sitúa a película? Busca algunha
información ao respecto.
¿Que
che suxiren as primeiras imaxes da película (a montaxe que
presenta como paralelo o rabaño coa entrada de obreros na
fábrica)?
Pensando
na máquina de comer, imaxina situacións ou accións
que se poderían substituír por unha máquina.
Logo comenta vantaxes e desvantaxes da máquina de comer.
Definir
as características físicas e psíquicas de
Charlot como personaxe..
Buscar
información da vida e obra de Charles Chaplin.
Describe
tres escenas que penses que se poden relacionar co concepto de
alienación económica en Marx.
Propón
un título alternativo para a película e explica por
que o elixiches.
9.
Realiza
unha pequena disertación na que recollas unha reflexión
persoal sobre a revolución industrial e as súas
consecuencias para a poboación (segundo a película que
visionaches).
10.
Comentario persoal (¿Qué che gustou? ¿Qué
non? ¿resultouche de fácil visionado? ¿aprendiches
algo? ¿que che pareceu o uso da música no filme?
¿atopaches algo sorprendente?...)
*
A realización completa destas cuestións despois do
visionado do filme, subirá ata 0,5
ptos
sobre a cualificación do exame de Marx. Soamente pode facerse
traballo de 1
película para dito exame. DATA LÍMITE: 8 de maio.