Mostrando entradas con la etiqueta Kant. Filosofía moderna. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Kant. Filosofía moderna. Mostrar todas las entradas
sábado, 9 de mayo de 2015
domingo, 19 de abril de 2015
Sobre a Ilustración.
As
novas ideas: progreso, educación, ou iluminación, humanidade,
civilización e natureza.
Entendemos
por Ilustración o período comprendido entre a revolución inglesa
(1688) e a revolución francesa (1789). A Ilustración non é
propiamente un movemento filosófico, nin representa unha corrente
filosófica determinada, senón que é un movemento cultural, unha
época con unhas características moi concretas.
A
razón autónoma rexeita toda tutela pero require un punto de
referencia. Centrarase, por unha banda, no estudo da natureza.
A tradición cartesiana, aínda que criticada duramente, sobrevive en
Francia contribuíndo á elaboración de concepcións filosóficas
sobre a realidade, aínda que admitindo a imposibilidade de coñecer
a esencia das causas. A tradición inglesa, fóra dos deístas, foi
máis fiel á influencia do empirismo.
En
Francia, a inspiración de Newton levounos a considerar que a súa
mecánica, era
definitiva.
Pero aínda que Newton recoñecía a Deus en últirna instancia, os
centíficos do século XVIIl cren realmente que non é necesario
recorrer a Deus para elaborar unha explicación do mundo. Por isto, a
ciencia ilustrada está en condicións de declara a autonomía do
mundo respecto da hipótese divina así como antes proclamara a
autonomía da razón. Pódense describir así, dúas correntes no
pensamento da Ilustración francesa:
O
Materialismo (A Mettrie, Holbach) parte dunha concepción
mecaniscista da natureza, na que todo explícase polo movemento das
partículas materiais sen que este movemento requira causa
transcendente algunha. Todos os movementos son flsicos e mecánicos.
O materialismo da Ilustración ten ante todo unha intencionalidade
ética e social xa que postula unha Natureza que debe ser guía para
o home, desplanzando asi o lugar que antes ocupara a relixión, a cal
aparece como inimiga da natureza en tanto que a atopa culpable da
introdución da superstición e a violencia.
O
Naturalismo. Mentres que o mecanicismo estrito negábase a admitr a
existencia de forzas
na materia e referíase exclusivamente aos movementos,
para o naturalismo non só se consideran as forzas na materia, senón
que mesmo se chega admitir que poderia tratarse de forzas
vivas,
non só mecánicas.
Pero
á marxe de certas diferenzas conceptuais, tanto materialistas como
naturalistas consideran que a Natureza é unha instancia última de
referencia e ambalas correntes opoñen o concepto de natureza ao de
civilización.
O
concepto ilustrado de civilización significa modernizar
abolindo as formas primitivas. A
Modernidade, desde os seus centros históricos, difundese cara a toda
a terra na súa pretensión universalizadora de integrar aos países
máis afastados. En síntese, na concepción ilustrada a civilización
europea propicia a oposición entre natureza e cultura, pobos cultos
e "incultos", por tanto o vello continente era o berce da
cultura e da civilización, considerando algúns pobos máis
desenvolvidos que outros, en tanto que os outros pobos son
catalogados e etiquetados como atrasados e inclusive como bárbaros
ou salvaxes. Por isto a importancia da educación.
O
pensamento ilustrado ten un carácter pedagóxico xa que se encamiña
á difusión do saber e á creación dun novo tipo de home: un home
crítico e libre. Desde esta
perspectiva
subliñan os defectos da educación recibida e dos fimdamentos da
mesma. Para os ilustrados, estupidez, bobada, tolemia...... son
consecuencia dunha mala
educación.
O home, mediante a educación, pode alcanzar potencialidades
insospeitadas. Estas potencialidades enriquécense e desenvolvense
por e para a sociedade, pois non se concibe a felicidade individual
se non é unida á felicidade social. A Ilustración fai súa esa
idea da procura da felicidade desde termos seculares: a felicidade
non hai que buscala no máis aló, senón no máis acó. A procura da
felicidade individual tense de conxugar coa de todos. O instrumento
para facer realidade esa aspiración é a educación e instrución, o
coñecemento e a difusión das Luces.
A
educación permanece antes do século XVIII no ámbito do “espazo
do privado” pero a nova mentalidade vincula a felicidade social á
educación, e esta a un proxecto global. Así a educación
converteuse en pedra de toque deste novo modelo. O ser human chega a
ser o que é algo pola educación laica, racionalista e crítica,
baseada nas facultades hmnanas e na observación da naturaza.
Este
paso da barbarie á civilización posibilitado pola educación, da
ignorancia ao saber, da tiranía á liberdade constitúe o progreso,
característica que define a concepción da concepción historia dos
ilustrados. O progreso da ciencia e da cultura chegará a eliminar
todasuperstición e fanatismo e levará ao establecemanto dunha
sociedade libre, xusta e igualitaria.
sábado, 22 de marzo de 2014
INMANUEL KANT VAI AO CINE.
EMMANUEL
KANTO s. XVIII é chamado polos franceses o século das luces polo interese que esperta a razón: a razón é a clave do método correcto de coñecemento e o seu modelo, tal como demostrou Newton, son as matemáticas. O termo inglés Ilustración foi proposto polo propio Kant.
Os ilustrados confían plenamente na capacidade racional humana para que o home poida gobernarse a se mesmo por se mesmo. Hai que superar a minoría de idade e atreverse a pensar por un mesmo. Nesta senso,Kant exclama: Atrévete a pensar!
A continuación podedes ver o principio dá película " Les derniers jours d'Emmanuel Kant" (Os últimos días de Emmanuel Kant) do director francés Philippe Collin, rodada en 1994 La existencia de Kant está sincronizada completamente polos hábitos adquiridos ao longo dos anos. A marcha do seu mordomo vai sacudir esta vida tan ben planificada...
lunes, 26 de marzo de 2012
Cine ambientado no século XVIII
Agora que en 2º de bacharelato estamos adentrándonos no pensamento de Kant, propoñémosvos ver algunha película situada nesta época. Desta volta podedes elixir entre: Amadeus (1984), María Antonieta (2006) ou Barry Lyndon (1975).
De forma voluntaria podedes elaborar un traballo respondendo ás seguintes cuestións:
De forma voluntaria podedes elaborar un traballo respondendo ás seguintes cuestións:
- Resumo do argumento en 10-15 liñas e ficha técnica da película.
- ¿En que época se sitúa a película? Busca algunha información ao respecto.
- ¿En que lugar se sitúa a película? Busca información e pon un mapa do lugar.
- Describe tres personaxes da película (algún feminino e algún masculino).
- Propón ti tres preguntas posibles en torno ao argumento da película e indica as respostas.
- Describe as tres esceas que máis che gustaran.
- Propón un novo final para a película.
- Propón un título alternativo para a película e explica por que o elixiches.9. Realiza unha pequena disertación na que recollas unha reflexión persoal sobre os acontecementos do XVIII contemporáneos da Ilustración (segundo a película que visionaches).
10.
Comentario
persoal (¿Qué che gustou? ¿Qué non?
¿resultouche de fácil visionado? ¿aprendiches
algo? ¿atopaches algo sorprendente?...)
*
A realización completa destas cuestións despois do
visionado do filme, subirá ata 0.5
ptos
sobre a cualificación do exame de Filosofía moderna II
(Kant). Soamente pode facerse traballo de 1
película para dito exame. A DATA LÍMITE DE ENTREGA É O VENRES 20 DE ABRIL. Podedes entregalo na clase o envialo a: africa.lopez2@gmail.com.
....................
Así mesmo, logo de ler o capítulo de O mundo de Sofía (J. Gaardner) dedicado a Kant ,podedes responder ás seguintes preguntas:
- Selección de 3 citas breves (aprox. 3-10 liñas, cada cita) que teñan algo que ver coa razón teórica kantiana e outras tres que estean relacionadas coa razón práctica.
- Indicar e resumir brevemente os principais exemplos que se empregan para explicar a filosofía kantiana.
- ¿Como se explica no texto que o espazo e o tempo sexan “as dúas formas” da sensibilidade no home?
- ¿Que significa “imperativo categórico”? ¿Cando falamos deste imperativo a que tipo de razón nos referimos?
5.
¿Que foi o que máis te axudou para entendero
pensamento kantiano?
* A data de entrega límite é o luns 16 de abril. Poderá subir ata 0,2 ptos sobre o exame de Kant.
viernes, 11 de marzo de 2011
kant xa está dispoñible
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


