domingo, 19 de abril de 2015

Sobre a Ilustración.


As novas ideas: progreso, educación, ou iluminación, humanidade, civilización e natureza.


Entendemos por Ilustración o período comprendido entre a revolución inglesa (1688) e a revolución francesa (1789). A Ilustración non é propiamente un movemento filosófico, nin representa unha corrente filosófica determinada, senón que é un movemento cultural, unha época con unhas características moi concretas.

A razón autónoma rexeita toda tutela pero require un punto de referencia. Centrarase, por unha banda, no estudo da natureza. A tradición cartesiana, aínda que criticada duramente, sobrevive en Francia contribuíndo á elaboración de concepcións filosóficas sobre a realidade, aínda que admitindo a imposibilidade de coñecer a esencia das causas. A tradición inglesa, fóra dos deístas, foi máis fiel á influencia do empirismo.
En Francia, a inspiración de Newton levounos a considerar que a súa mecánica, era
definitiva. Pero aínda que Newton recoñecía a Deus en últirna instancia, os centíficos do século XVIIl cren realmente que non é necesario recorrer a Deus para elaborar unha explicación do mundo. Por isto, a ciencia ilustrada está en condicións de declara a autonomía do mundo respecto da hipótese divina así como antes proclamara a autonomía da razón. Pódense describir así, dúas correntes no pensamento da Ilustración francesa:

O Materialismo (A Mettrie, Holbach) parte dunha concepción mecaniscista da natureza, na que todo explícase polo movemento das partículas materiais sen que este movemento requira causa transcendente algunha. Todos os movementos son flsicos e mecánicos. O materialismo da Ilustración ten ante todo unha intencionalidade ética e social xa que postula unha Natureza que debe ser guía para o home, desplanzando asi o lugar que antes ocupara a relixión, a cal aparece como inimiga da natureza en tanto que a atopa culpable da introdución da superstición e a violencia.

O Naturalismo. Mentres que o mecanicismo estrito negábase a admitr a existencia de forzas na materia e referíase exclusivamente aos movementos, para o naturalismo non só se consideran as forzas na materia, senón que mesmo se chega admitir que poderia tratarse de forzas vivas, non só mecánicas.

Pero á marxe de certas diferenzas conceptuais, tanto materialistas como naturalistas consideran que a Natureza é unha instancia última de referencia e ambalas correntes opoñen o concepto de natureza ao de civilización.

O concepto ilustrado de civilización significa modernizar abolindo as formas primitivas. A Modernidade, desde os seus centros históricos, difundese cara a toda a terra na súa pretensión universalizadora de integrar aos países máis afastados. En síntese, na concepción ilustrada a civilización europea propicia a oposición entre natureza e cultura, pobos cultos e "incultos", por tanto o vello continente era o berce da cultura e da civilización, considerando algúns pobos máis desenvolvidos que outros, en tanto que os outros pobos son catalogados e etiquetados como atrasados e inclusive como bárbaros ou salvaxes. Por isto a importancia da educación.

O pensamento ilustrado ten un carácter pedagóxico xa que se encamiña á difusión do saber e á creación dun novo tipo de home: un home crítico e libre. Desde esta
perspectiva subliñan os defectos da educación recibida e dos fimdamentos da mesma. Para os ilustrados, estupidez, bobada, tolemia...... son consecuencia dunha mala
educación. O home, mediante a educación, pode alcanzar potencialidades insospeitadas. Estas potencialidades enriquécense e desenvolvense por e para a sociedade, pois non se concibe a felicidade individual se non é unida á felicidade social. A Ilustración fai súa esa idea da procura da felicidade desde termos seculares: a felicidade non hai que buscala no máis aló, senón no máis acó. A procura da felicidade individual tense de conxugar coa de todos. O instrumento para facer realidade esa aspiración é a educación e instrución, o coñecemento e a difusión das Luces.
A educación permanece antes do século XVIII no ámbito do “espazo do privado” pero a nova mentalidade vincula a felicidade social á educación, e esta a un proxecto global. Así a educación converteuse en pedra de toque deste novo modelo. O ser human chega a ser o que é algo pola educación laica, racionalista e crítica, baseada nas facultades hmnanas e na observación da naturaza.
Este paso da barbarie á civilización posibilitado pola educación, da ignorancia ao saber, da tiranía á liberdade constitúe o progreso, característica que define a concepción da concepción historia dos ilustrados. O progreso da ciencia e da cultura chegará a eliminar todasuperstición e fanatismo e levará ao establecemanto dunha sociedade libre, xusta e igualitaria.










No hay comentarios:

Publicar un comentario