sábado, 28 de febrero de 2015

A pregunta de Alba.

No traballo sobre a vixencia de Aristóteles na actualidade, Alba Varela, co fin revolver e revolver ata dar coa información que busca , plantexa esta pregunta aos seus entrevistados:
O científico Stephen Hawking consegue cada día mais sabedoría aínda estando gravemente enfermo, cres que pode ser feliz? É un xeito audaz de plantexar unha cuestión teórica a partires de un exemplo ben buscado, obriganos a pensar e introduce de golpe na nosa mente un feixe de variables contradictorias. Gostaríame saber que pensades vos.




Finalmente reproduzo un breve fragmento onde Alba reflexiona sobre o concepto e o uso que hoxe facemos ou temos do térmo política:


Do termo política ou dos seus derivados oímos falar todos os días. Na vida cotidián está máis presente a política que a ética. Para Aristóteles a política é a continuación social da ética, é a búsqueda do ben supremo na polis e do mellor goberno para ela, igual que a ética, para Aristóteles, a política é unha ciencia práctica. Na sociedade actual, como xa dixen, un dos temas de tertulia máis habituais é a política ou derivados, por iso cabe esperar que as persoas que se someteron a miña enquisa tiveran moi claro o termo; pero non é de todo así pois algúns teñen unha visión de que é algo bo pero mal utilizado, outros de que é algo malo, e tamén os hai que conseguen ir máis alo do que hoxe lle chamamos política cando me responden que é unha ciencia ou certas explicacións que van por ese camiño.
Quizais a orixe da visión distorsionada que temos cara a política veña do feito de que se fala demasiado dela sen saber realmente o que é, quedamonos só co que vemos ou oímos sen indagar máis. Algúns si están de acordo co que dicía Aristóteles máis ou menos, aínda que ninguén lle encontrou relación coa ética, mentres que outros deixanse levar polos prexuízos e quédanse só co que ven sen investigala máis ou parecelles un termo tan abstracto como usado polo que non saben definila.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario