Traficantes de letras é unha curtametraxe presentada ao Festival Educativo de Cine CINEDFEST 3Edición polo IES Politécnico de Vigo . Foi realizada por alumnos/as de Bacharelato.
SINOPSIS: Nun mundo utópico as letras convertéronse nun ben de
incalculable valor e como todo tesouro valioso son desexadas por moitos.
Carmen e Martín, dous irmáns huérfanos, dedícanse aos roubos como medio para
sobrevivir. Un día reciben o encargo duns traficantes de letras de roubar un
importante poema a Pomba Díaz, unha prestixiosa escritora. Carmen, que vive
infeliz por mor do seu irmán Martín, será a encargada de realizar o atraco.
|
jueves, 30 de noviembre de 2017
Traficantes de letras
Documental Utopía.
Utopía é un collage de vivencias e realidades persoais que permiten albiscar
que un futuro en harmonía co planeta é posible. En formato de documental, a
película achéganos un conxunto de testemuños diversos que nos inspiran a
actuar: desde a activista Vandana Shiva a divulgadores de renome, como Joaquín
Araujo, ata anónimos agricultores urbanos e ecolóxicos, mulleres que escolleron
unha alimentación con menos pegada para o planeta e para o seu saúde ou
arquitectos que tratan de construír con menos pegada ecolóxica.
martes, 21 de noviembre de 2017
Olimpíada filosófica: dilemas morais
DILEMA
1: - Estudantado de segundo de Bacharelato dun centro educativo, dominado por
unha concepción obsoleta da ensinanza, son conscentes de que cambiando
determinados hábitos no seu centro, como a forma de impartir as clases ou as
normas de comportamento, o éxito escolar do alumnado aumentaría moito e
melloraría a ensinanza producindo unha revolución educativa. Pero están no
último curso e eles xa non recibirían os beneficios desa acción e, ademais é
posible que as accións que deberán tomar para facer posible o cambio, reduciran
as súas cualificacións e as súas opcións de acceder á carreira elixida. ¿Que
deberían facer?
DILEMA 2: - A profesora de ética do instituto
está traballando co seu alumnado o tema da igualdade entre homes e mulleres na
sociedade actual. Despois de dúas clases dedicadas a traballar o tema, a
profesora divide a clase en grupos de traballo e propón a tarefa de elaborar un
póster sobre a igualdade entre homes e mulleres. Rematado o traballo, organizará
unha exposición nun sitio visible do centro para que o poida ver toda a
comunidade educativa. Ao entregar os traballos, hai un no que o alumnado
realizan unha defensa da inferioridade da muller e a necesidade de que ocupen
posicións diferentes na sociedade, adxudicando ás mulleres a crianza dos fillos
e fillas e as tarefas domésticas. A profesora admite o traballo e permite que
se expoña no centro en igualdade co resto dos traballos. Algúns alumnos e
alumnas deciden boicotear a exposición por calquera medio e discuten
posibilidades de acción, mentres outros afirman que o dereito á libre expresión
das ideas ampara que a exposición inclúa este traballo. Estes últimos teñen ao
profesor da súa parte quen ameaza coa expulsión a calquera que boicotee a exposición
dalgún xeito. Que farías ti. Sumaríaste ao boicot aínda baixo a posible
expulsión?
DILEMA
3: - Un home novo vive coa súa nai que depende del para todo. El é a única
felicidade na vida. O mozo vive na Francia ocupada durante a Segunda Guerra
Mundial e síntese obrigado a alistarse coa Resistencia. Aínda que a súa nai xa
perdeu ao seu marido na guerra e a outro fillo, este home pensa que o seu deber
é acudir en axuda do seu país, aínda que tamén sabe que ten un deber coa súa
nai. Que debe facer?
DILEMA
4: - Un obreiro dunha fábrica está convocado a unha folga laboral indefinida
para conseguir mudar as condicións de traballo da súa fábrica, absolutamente
inxustas pero legais (xornadas laborais de 14 horas, horas non pagadas...).
Este obreiro é o único que leva cartos á súa casa e ten fillos pequenos. A
folga pode supoñer que estea un mes ou mais sen cobrar ou mesmo perder o seu
traballo, pero se consiguen que o empresario reconsidere a súa situación,
conseguirá mudar as condicións laborais de moita xente, pero tamén sabe que é
posible que o empresario contrate xente fora da súa vila para paliar os efectos
da folga e que non consigan nada coa súa acción. Os seus compañeiros xa
iniciaron a folga ¿Debe el sumarse a ela?
martes, 7 de noviembre de 2017
Revolución e utopías: fontes de consulta
Como ata as musas ás veces precisan axuda, aqui tes alguhnas fontes interesantes:
1. Utopías actuais.
As utopías actuais.
A utopía do século XXI.
Utopías feitas realidade: 8 comunidades cercanas ao ideal humano.
2. Revolucións actuais.
7 grandes revolucións no mundo que cambiaron a historia.
Século XXI: tempo de revolucións dende abaixo.
Seis ideas: as revolucións de onte e de hoxe.
lunes, 6 de noviembre de 2017
Suscribirse a:
Entradas (Atom)