lunes, 26 de marzo de 2012

Cine ambientado no século XVIII

Agora que en 2º de bacharelato estamos adentrándonos no pensamento de Kant, propoñémosvos ver algunha película situada nesta época. Desta volta podedes elixir entre: Amadeus (1984), María Antonieta (2006) ou Barry Lyndon (1975). 
De forma voluntaria podedes elaborar un traballo respondendo ás seguintes cuestións: 



  1. Resumo do argumento en 10-15 liñas e ficha técnica da película.
  1. ¿En que época se sitúa a película? Busca algunha información ao respecto.
  1. ¿En que lugar se sitúa a película? Busca información e pon un mapa do lugar.
  1. Describe tres personaxes da película (algún feminino e algún masculino).
  1. Propón ti tres preguntas posibles en torno ao argumento da película e indica as respostas.
  1. Describe as tres esceas que máis che gustaran.
  1. Propón un novo final para a película.
  1. Propón un título alternativo para a película e explica por que o elixiches.

    9. Realiza unha pequena disertación na que recollas unha reflexión persoal sobre os acontecementos do XVIII contemporáneos da Ilustración (segundo a película que visionaches).
10. Comentario persoal (¿Qué che gustou? ¿Qué non? ¿resultouche de fácil visionado? ¿aprendiches algo? ¿atopaches algo sorprendente?...)

* A realización completa destas cuestións despois do visionado do filme, subirá ata 0.5 ptos sobre a cualificación do exame de Filosofía moderna II (Kant). Soamente pode facerse traballo de 1 película para dito exame. A DATA LÍMITE DE ENTREGA É O VENRES 20 DE ABRIL. Podedes entregalo na clase o envialo a: africa.lopez2@gmail.com.
....................
Así mesmo, logo de ler o capítulo de O mundo de Sofía (J. Gaardner) dedicado a Kant ,podedes responder ás seguintes preguntas: 
  1. Selección de 3 citas breves (aprox. 3-10 liñas, cada cita) que teñan algo que ver coa razón teórica kantiana e outras tres que estean relacionadas coa razón práctica.
  1. Indicar e resumir brevemente os principais exemplos que se empregan para explicar a filosofía kantiana.
  2. ¿Como se explica no texto que o espazo e o tempo sexan “as dúas formas” da sensibilidade no home?
  3. ¿Que significa “imperativo categórico”? ¿Cando falamos deste imperativo a que tipo de razón nos referimos?
5. ¿Que foi o que máis te axudou para entendero pensamento kantiano?

* A data de entrega límite é o luns 16 de abril. Poderá subir ata 0,2 ptos sobre o exame de Kant.

No hay comentarios:

Publicar un comentario