sábado, 17 de marzo de 2012

Voltamos a Aspaber.





O xoves día 15 de Marzo, os alumnos e alumnas de 2º ESO C e D visitamos o centro Aspaber. Rubén Martínez e Alberto Rey de 2ºESO explican que ASPABER é a Asociación de pais de discapacitados de Bergantiños que nace no ano 1976 para atender a un grupo de persoas con discapacidade mental e ás súas familias, axudándoas nas súas tarefas e convivir con outras persoas. Conta co 5 centros diferentes: o Centro Ocupacional é un servizo de atención diurna para persoas en idade laboral con posibilidade de desenvolver as súas capacidades residuais en áreas formativo laborais e ocupacionais; o Centro de Día que atende a persoas con necesidade de apoio xeralizado, que precisan dunha atención persoal e integral; o Centro Residencial, o Centro especial de emprego que son diferentes naves nas que hai diversos traballos coma a escaiola, fabricación de palés ou colocación de latas de conserva en caixas e as Vivendas tuteladas.

Alejandra Pomboo e Andrea Pensado contanos a visita: O primeiro sitio que visitamos foi o comedor, onde coñecemos a Patricia e Martín. Enseñáronnos os aparellos tecnolóxicos que utilizan para poder comunicarse cos demais, por exemplo, o álbum de fotos no que se escoitaba o nome do obxecto ou un aparello que utilizaba Patricia, no que se accionaba a opción desexada. Lydia e Leti de 2ºC o describen así Ao chegar entramos a unha sala e vimos un video de presentación. Unha rapaza chamada Patricia podía comunicarse a través dos ollos con imaxes no ordenador, e outro que se chamaba Martín utilizaba uns metodos mais sinxelos porque el falaba pero moi baixo asi que con un amplificador de voz podiamos oir como nos saludaba .

En segundo lugar fomos visitar a o Centro de Día, onde estaban os que necesitan mais axuda durante todo o día. Nese momento estaban comendo. Teñen unha sala para facer exercicio e tamén unha sala de actividades de ocio e ali traballan todos xuntos. Preguntámoslle a algúns si se traballaba moito e todos impacientes confirmaron a nosa pregunta. Chamounos a atencion como cosían as alfombras

Logo fomos ao Centro especial de emprego, onde coñecemos a Rafa. Vimos onde fabricaban escaiola. Había moitas figuras e para non desperdiciar a escaiola facían pequenos xoguetes para poder pintalos. Fixámonos en como traballaban con escaiola xa que para eles require un gran esforzo e iso failles sentir utiles. E tamén vimos como empaquetan as latas de atún para Calvo.

Todos quedamos encantados e para mostra mirade o que opinades de visita: “Ao principio estabamos nerviosos por que era algo novo para nos xa que habia xente que nunca fora.” “As súas monitoras axudanlle moito e as novas tecnoloxías ainda mais xa que facilitan o seu traballo e a maneira de comunicarse. Pareceunos moi interesante os comunicadores especiales que teñen para falar e expresarse xa que lle e de gran axuda.” Para Fran. Muñiz e Martín Pereira “Aspaber é a segunda oportunidade para a xente que lle costa mais seguir co dia a dia. Alí os internos de Aspaber teñen unha casa donde durmir e se lles axuda a aprender as tarefas da casa, e tamén teñen distintos talleres onde aprenden oficios e traballan e despois a final de mes teñen unha recompensa económica.“Asombrámonos ao ver que podían realizar tarefas case de todo tipo! (Leti e Lydia)”; A xente foi moi boa e amigable con nós e pasámolo xenial.” (Heidi Varela e e Rona Amyari Díaz de 2ºC); Os alumnos de 2º ESO visitaron ASPABER. Todos quedaron estupefactos de como persoas con diversas discapacidades podian facer esas cousas.” (Jose Rojo e mais Cristina Souto recollen o sentir da clase.) Algúns alumnos, coma nós, xa o visitarmos fai 2 anos, pero a visión foi totalmente diferente, foi como si nunca estivesemos alí, non pola estructura, todo seguía igual, seon polo que víamos” comentan Ana e mais Lorena que xa son reincidentes. “Gustounos moito o cariñosos que son todos e traballadores. Pasámolo moi ben e tamén coas persoas que viven ali a as coidadoras foron moi amables con nós” Mario lagoa; “É moi interesante coñecer ese “mundo” no que viven. Coo se desenrolan para levar unha vida mellor ou como reaccionan ante un suceso, noticia... . Xa que moios deles non poden vocalizar ben ou responder ao que se lle formula. O máis impactante foi ver como se comunicaban a través das novas tecnoloxías e como realizaban traballos tan complexos.”Jennifer Rial e Tamara Pondal.


Entrevista.


Cristina Fuentes e Inés Pardiñas alumnas de 2ºC

Hola Inés, poderíasnos contar, que che pareceu Aspaber dende a túa opinión? Dende o meu punto de vista, a visita foi bastante interesante e agradable xa que coñecer esta gran labor que fan as monitoras coa paciencia pero tamen gusto co que o fan, e de gran admiración.

Era a túa primeira visita ao centro, ou xa tiveras a ocasión de visitalo? Pois si, esta foi a miña primeira visita, e sorprendiume positivamente, devido a que todo o traballo que fan,e moi interesante e cun gran afán de superación para aqueles internos.

Explicanos en que consiste este centro. Contribúe a que as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias, dispoñan dos apoios necesarios para poder desenvolver o seu proxecto de vida e lograr a súa inclusión como cidadáns.

Gustaríache colaborar neste proceso de insertación social, como monitora? Pois si, a verdade e que cando chegue a idade mínima para poder axudar, gustaríame colaborar neste proceso, e estaría encantada de poder axudar.

Moitisimas gracias por contestarnos a estas cuestións, Inés. Esperamos verte axudando no centro. Foi un pracer. Adeus, e eu tamen o espero.

No hay comentarios:

Publicar un comentario