O primeiro día chegamos ao parque da natureza de Cabárceno cara ao mediodía. Ali encontramonos con moitos animais exóticos como as cebras, os tigres, os osos pardos cos seus oseznos, as cebras de Grevy,,, e mesmo con elefantes que posaron amorosamente para nós.
Esa tarde aínda deunos tempo a dar unha volta pola pedregosa Santillana del Mar e chegamos á noitiña a Comillas, onde durmimos (ou pasamos a noite, pois sospeito que houbo bastantes insomnes).
O xoves pola mañá camiñamos por Comillas, vimos o Concello, o vello e o novo, sacamos unha preciosa foto de grupo nas escaleiras do palacio de Sobrellano e logo uns poucos vimos o Capricho de Gaudí, outros a Universidade e outros máis achegáronse á praia, ao lado do cemiterio antigo.
Logo dun picnic rápido fomos ata as covas de Altamira (a Neocueva), onde nos ilustraron varias guías sobre as pinturas rupestres do periodo magdaleniense, sobre bisontes, cabalos, mans... Ao saír había quen xa non podía moito co seu corpo e tivo que botar unha sestiña.
Ao atardecer chegamos a Burgos, e vimos a catedral rodeada de manifestantes de CCOO, da CNT, reivindicativos pero en plan tranquilo.
Fabulosa a crónica; pero o de Stefan creo que xa é ciencia-fición...
ResponderEliminar