O pasado mércores 18 de abril tivemos unha interesante e excepcional (penso que non esaxero) charla con dúas profesoras e dous internos do centro penitenciario de Teixeiro. Nela, a profesora (do aproxecto ANOCA, Aprender NO CÁrcere) amosounos a través dun vídeo como é o acceso físico ao centro, cos controis e cantidade de portas e reixas a pasar, contounos tamén como é iso de dar clases a reclusos e reclusas de moi diferentes índoles. Logo, cos ollos e orellas moi abertos, os que estabamos na biblioteca, escoitamos como Yoana eJavi nos relataban a súa vida no cárcere, as pelexas, a droga, a falta de liberdade e de cartos, o traballo, e tamén a escola, unha illa de tranquilidade nun medio tan hostil. Coa súa sinceridade e capacidade para abrirse a quen estabamos enfronte, lograron embelesarnos coas súas experiencias vitais e déronos importantes leccións de vida (como dixeron logo en La Voz de Galicia) que esperamos non esquecer nunca.
Animádevos a participar no seu facebook!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario