Mostrando entradas con la etiqueta extraescolares. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta extraescolares. Mostrar todas las entradas

domingo, 11 de noviembre de 2018

Apariencia e Realidade na Olimpíada Filosófica de Galicia.


TEMA DA VI OLIMPÍADA FILOSÓFICA DE GALICIA
REALIDADE E APARIENCIA NO MUNDO ACTUAL
O tema é común a todas as modalidades. Todas versarán sobre o mesmo tema en diferentes formatos.
A olimpíada estatal, propón un subtemas como orientación para traballar co alumnado:
   - Hai unha única realidade?
   - Hai realidade sen aparencia?
   - É real o que é aparente, e é aparente o que é real?
   - Podemos coñecer a realidade ou só coñecemos as aparencias?
   - Podemos crer nos feitos no mundo actual?
   - Cales son as fronteiras entre a realidade e apariencia hoxe?
   - É a posverdade a nova realidade?
   - Podemos coñecer a realidade nun mundo de fake news e posverdade?
   - Realidade virtual: realidade ou aparencia?
   - É máis relevante para a vida a realidade virtual que a realidade material?
   - Hai maneira de distinguir entre realidade e aparencia nas redes sociais?
   - Os nosos perfís nas redes; son meras aparencias?
   - Novas cavernas do mundo actual: buscamos a realidade ou fuximos dela?
   - Preferimos a aparencia ao lado problemático da realidade? Por que?
   - Vivimos dentro ou fóra da caverna?
   - A aparencia sempre engana?
   - Fainos a aparencia máis sensible á realidade?
   - Liberan ou escravizan as aparencias?
   - Que é máis importante para a nosa vida, a nosa aparencia ou o que realmente somos?

3. MODALIDADES DE PARTICIPACIÓN
· Haberá catro modalidades de participación, catro das cales inclúen a participación na Olimpíada Filosófica Estatal. Estas son:
​
· Disertación Filosófica.

· Dilemas morais.

· Certame fotográfico. 

· Curta de vídeo.

· A lingua dos textos e parlamentos será o galego, agás exención debidamente xustificada no caso das disertacións e dilemas morais


lunes, 15 de octubre de 2018

VI OLIMPÍADA FILOSÓFICA DE GALICIA: REALIDADE E APARIENCIA.



A Olimpíada é unha iniciativa que se propón o fomento e a defensa da filosofía nestes tempos en que tan minguada se está vendo, tempos nos que as novas leis educativas tenden cara a vías dominadas por unha estreita razón instrumental sen deixar apenas lugar para o pensamento crítico.

jueves, 26 de abril de 2018

Club de debate e torneo de xadrez.


Onte tivo lugar unha xornada de debate e xadrez no IES Urbano Lugrís. 

Por unha banda, os/as alumnos/as de Oratoria defenderon a igualdade social sen discriminación positiva fronte ao equipo do Lugrís que tentou convencer ao público da necesidade da discriminación positiva. Ana fixo a presentación, Andrea e Alicia as refutacións e finalmente Santiago recapitulou as conclusións e agradeceu aos compañeiros de Coruña a oportunidade de diálogo. 



O xurado decidiu que os dous equipos o fixeran igual de ben. Así que todos/as voltamos con premio –outro máis, ademais de paso de cine-.

Pero por se fora pouco, ao mesmo tempo Jacobo Caselas Cabanas, mestre internacional de xadrez e xa coñecido noso,  xogaba  partidas simultaneas, falaba con todos nos acompañado de Moira Rodríguez Costa, gañadora de torneos a nivel nacional que nos falou de o xadrez dende a perspectiva de xénero.

Os nosos camipons, Daniel, Javier, Raúl e Samuel loitaron contra os finalistas do Urbano Lugrís e do Fernando Wirz. O trofeo este curso foi para Xavier, un maquión do Lugrís.

Preme aquí para ver máis fotos.