Mostrando entradas con la etiqueta Platón. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Platón. Mostrar todas las entradas

sábado, 8 de noviembre de 2014

miércoles, 7 de noviembre de 2012

PLATÓN: PRÁCTICA DE COMENTARIO GUIADO



-->
PLATÓN, texto 1República libro IV, 427e—435c
(...)
-Ben. Xa vimos, segundo parece,  tres calidades da cidade, e en canto á especie que resta para que a cidade alcance a excelencia ¿cal podería ser?. É evidente que a  xustiza.
(...)
Pois o que establecimos dende o principio que debía facerse en toda circunstancia, cando fundamos a cidade, segundo a miña opinión, é a xustiza ou unha especie desta. Pois establecimos, se recordas,  e moitas veces xa o repetimos, que cada un debía de ocuparse dunha soa cousa de entre as que concirnen á cidade, precisamente daquela na que estivese mellor  preparado por natureza.
- En efecto, dixémolo.
-E que a xustiza consiste en facer o que é propio dun, sen meterse nas cousas alleas, é algo que xa oímos a outros moitos e que nos dixemos repetidamente.
-En efecto, afirmámolo frecuentemente.
-Nese caso, amigo meu, a xustiza parece que consiste en facer cada un o seu. ¿sabes de onde o deduzo?
-Non, pero dimo ti.
-Ao meu parecer do que temos examinado, a moderación, a valentía e a sabedoría, o que resta por ver  na cidade, é o que da a todas aquelas calidades a capacidade de nacer e unha vez nacidas, permítelles conservarse, mentres pemaneza  nelas. E xa dixemos que se encontrabamos as tres, a xustiza sería a que restase.
-Por forza é así.
-Non obstante, se fose preciso discernir cal  destas calidades fará á nosa cidade mellor, resultaría difícil discriminar se consiste nunha coincidencia  de opinión entre os gobernantes e os gobernados, ou se é a conservación da opinión consonte á lei que hai entre os militares acerca do que debe ser temible ou non, ou a intelixencia  e a vixiancia entre os gobernantes; ou iso que fai mellor á cidade   consiste, tanto no neno coma na muller, no escravo coma no home ceibe, e no artesán, no gobernante e no gobernado, en que cada un se ocupe do seu, sen atender ao alleo.
-Dende logo, sería dificil. ¿Como non?
-Entón, segundo parece, en relación á excelencia  da cidade,  a capacidade de facer cada un o seu nela  pode rivalizar coa súa sabedoría, coa súa moderación e a súa valentía.(...)
-Pois un home xusto non diferirá en nada da cidade xusta en canto á idea da  xustiza mesma, senón que será semellante.
-Semellante, en efecto.
-Porén, unha cidade parece xusta cando os tres tipos de naturezas que existen  naquela fan cada un o seu; e pareceunos moderada, valente e sabia a causa dalgunhas outras afeccións e hábitos  deses mesmos tipos de naturezas.
-É verdade.
-Por conseguinte, querido amigo, estimaremos que quen teña eses mesmos tipos na súa alma, a causa das mesmas afeccións que aqueles, é ben merecedor de recibir os mesmos apelativos que a cidade.
PLATÓN; República libro IV, 427e—435c
Versión galega de M. Teresa Miñambres Gómez – I.S. Eduardo Pondal – Santiago de Compostela
PLATÓN TEXTO 1.
  1. NON PODES FACER O COMENTARIO SEN TER UNHA IDEA DE FILOSOFIA DO AUTOR.
  2. De que é o texto? Aque obra pertence o fragmento? Sitúa o autor crololoxicae espacialmente; da unperfil do filosofo ou da relevancia da súa filosofía; sitúa a obra no periodo correpondente e comenta algo do estilo en relación co método filosófico utilizado por Platón.
  3. Rele cada una das tres opción de contexto. Relaciona cada unha delas co tema tratado no texto, nunha liña ou nun breve párrafo.
  4. Indica o tema do texto e a que rama da filosofía pertence (ontoloxía, epistemoloxía, ética, política ou antropoloxía)
  5. Analise guiado do texto.
    1. Posese dividir o texto en partes?
    2. Expresa nunha liña o que di o 1º párrafo, aclarando a que tres calidades se refire. Chamalle I1.
    3. No 2º párrafo, como define Platón xustiza? Chamalle I2.
    4. No 3º párrafo Platón afirma “a xustiza parece que consiste en facer cada uno o seu” Podes relacionar esta afirmación coa definición de xustiza?
    5. Define moderación, valentía e sabiduría.
    6. No 5º párrafo Platón ofrece varias opción. Relaciona cada una delas con una das virtudes.
    7. Que di Platón no 6º párrafo? Chamalle I3.
    8. Decide se I1, I2 e I3 son teses principais ou secundarias.
  6. Desenrolo do comentario de texto:
    1. Como é que Platón chega a plantexarse o tema tratado no texto?
    2. Antes de explicar o contido do texto, cres que hai algo da filosofía de Platón que dabamos saber? Explicao.
    3. Fai un guión cos diferentes apectos da filosfía platónica que terías que tocar para explicar I1, I2 e mais I3.
    4. Ten Platón claro o tipo de polis que quere? Que sabes dela?
    5. Quen son os sofistas? Que pensarían deste modelo de polis?
    6. Platón rexeita a democracia? Sabes por que? Que argumentos utilizarías para convencelo de que a democracia pode funcionar? Lembra situarte nos paramétros do seu contexto.

miércoles, 18 de enero de 2012

Fotos do Teatro Resoante



Aquí déixovos un enlace ás tenebrosas fotos da obra sobre o mito da caverna en versión actualizada que vivenciamos o pasado venres 13, e do coloquio posterior cos actores, actriz e tecnica de son, tanto co alumnado do Parga como co de Monte Neme. Espero que lle sigades dando voltas ao visto e sentido nesta curiosa experiencia.

domingo, 15 de enero de 2012

PLATÓN DE VISITA NO PARGA

O pasado venres 13 tivemos a ocasión de "pasar e pensar" á performance realizada polo Teatro Resoante no ximnasio do noso instituto, en torno ao mito da caverna de Platón. As caras de asombro de moitos dos asistentes foron a mellor expresión da admiración e descoloque que nos producíu esta intervención teatral. 
Ao igual que Aristóteles nisto, penso que a admiración é a nai de toda procura de coñecemento, polo que espero que cando menos resultara unha provocación para "pasar e pensar", como nos dicía o Platón da obra. 
Moitas grazas a todos e todas pola colaboración e, sobre todo, aos integrantes do Teatro Resoante pola súa iniciativa, creatividade e dedicación. 






domingo, 6 de noviembre de 2011

Así vemos nós a caverna platónica

En 2º Bac B, este curso están artistas e algúns ofrécennos a súa particular reinterpretación do mito da caverna. Déixovos aquí a de Samuel Iglesias e a de Natalia Bello. É posible que se animen máis... (e por suposto tamén as publicaremos). 





Esperamos poder subindo aquí as nosas propias "notas a pé de páxina" á Historia da filosofía occidental (algo termos que dicir, ¿non si?). 



domingo, 16 de octubre de 2011

MÁTRIX E O MITO DA CAVERNA

Sobre o mito da caverna platónico hai multitude de interpretacións e valoracións. Películas como Mátrix (1999) ou O show de Truman (1998), poden entenderse como recreacións do mesmo ou, cando menos, poden establecerse bastantes similitudes. Déixovos aquí un video no que se presenta un claro paralelismo entre a película de Mátrix e o mito da caverna. 




Se queredes penetrar un pouco máis directamente nos diálogos de Platón, podedes visitar o sitio web de aula de filosofía. E se sodes amantes das matemáticas, suxírovos este video sobre o pato Donald e a sección áurea que está bastante ben para ver o papel desta ciencia nos pitagóricos e en Platón.








viernes, 7 de octubre de 2011

XUÍZO A SÓCRATES

A figura de Sócrates, a súa vida e todo o proceso que conducíu á súa morte foi recreado no mundo da arte infinidade de veces. Aquí vos deixo un fragmento da película de O mundo de Sofía, baseada na obra do mesmo título, de Jostein Gaarder (en 1991), no que se recolle o xuízo e condena a Sócrates. 
Neste fragmento utilízanse imaxes da película Sócrates, que dirixiu Roberto Rossellini en 1971 e que tamén está accesible na rede. 


Espero que o disfrutedes!

domingo, 25 de septiembre de 2011

Primeira parada: PLATÓN



Comezamos a nosa viaxe no tempo, en Historia da filosofía, mergullándonos no mundo da Antiga Grecia e axiña meterémonos en profundidades maiores para tratar sobre Platón. Como axuda  para esta empresa, tedes xa dispoñibles as presentacións desta primeira unidade (1,2,3) na pestana de Descargas. 

viernes, 22 de octubre de 2010

Pensamento de Platón (Hª Fª - 2º Bach)

Completamos as entregas sobre Platón con esta, un pouco densa, dedicada ao seu idealista sistema de pensamento. Cun pouco de esforzo, espero que nos axude a ir saíndo da caverna. Intentámolo?
Este vídeo que vos poño a continuación amosa unha completa interpretación do mito da caverna que penso que pode axudar á comprensión.

sábado, 16 de octubre de 2010

Platón vida e obra (Hª Fª 2º Bach)

Avanzamos xa cara a figura de Platón. Comezamos polas marxes: a súa vida na Atenas de fins do século V a. C. e comezos do IV e os escritos que conservamos del. Nesta presentación intento que quede recollido o principal.

View more presentations from Africa Lopez'>http://

lunes, 27 de septiembre de 2010

1. Platón marco histórico (Hª Fª - 2º Bach)

Xa non hai disculpa para empezar a estudar a Historia da Filosofía! Espero que esta sexa unha forma doada de acceder ao material de clase. Xa me iredes contando se vos serve de axuda (... e as erratas que atopedes).