O pasado venres 13 tivemos a ocasión de "pasar e pensar" á performance realizada polo Teatro Resoante no ximnasio do noso instituto, en torno ao mito da caverna de Platón. As caras de asombro de moitos dos asistentes foron a mellor expresión da admiración e descoloque que nos producíu esta intervención teatral.
Ao igual que Aristóteles nisto, penso que a admiración é a nai de toda procura de coñecemento, polo que espero que cando menos resultara unha provocación para "pasar e pensar", como nos dicía o Platón da obra.
Moitas grazas a todos e todas pola colaboración e, sobre todo, aos integrantes do Teatro Resoante pola súa iniciativa, creatividade e dedicación.
Foron moitos os que "pasaron e fuxiron" ao longo da obra ;) Pero en xeral a idea que levaron a cabo foi moi boa, e conseguiron explicar a esencia do mito da caverna xogando co público, coa innata capacidade do ser humano para impresionarse, por admirar o diferente... En fin, unha obra monísima. Moi didáctica, sobretodo, para os de 2º de Bacharelato.
ResponderEliminarNa representación que estivéchedes os de 1º Bach, si parecía que tiñades medo e ganas de fuxir... En fin, espero que algo vos provocara a pensar.
EliminarA verdade e que foi algo complicada de entender para os alumnos, nun momento principal eu sentín certa incertidumbre, e a verdade, eu esperabame máis diálogo, o que todos relacionamos cunha obra de teatro común. Por iso resultou algo chocante, pero transmitiron os sentimentos que tiñan que transmitir bastante ben :)
ResponderEliminarMáis que ser entendida por completo, supoño que intentaban ser suxerentes e removeros un tanto por dentro..., que vivenciárades "unha obra de teatro pouco común". Algo asi si que o conseguiron...
EliminarEu non puiden estar presente, pero algo me contaron sobre a obra. O certo, é que quedei con gañas de poder vela, realmente, non son capaz de facerme unha idea de como puido ser.
ResponderEliminarSupoño que outra vez será!!
En breve poñeremos algunha foto para que poidas facerete unha idea. Polo demais, deixa voar a imaxinación...
Eliminar