-->
PLATÓN,
texto 1República libro
IV, 427e—435c
(...)
-Ben. Xa vimos, segundo parece, tres calidades da cidade, e en canto á especie que resta para que a cidade alcance a excelencia ¿cal podería ser?. É evidente que a xustiza.
(...)
Pois o que establecimos dende o principio que debía facerse en toda circunstancia, cando fundamos a cidade, segundo a miña opinión, é a xustiza ou unha especie desta. Pois establecimos, se recordas, e moitas veces xa o repetimos, que cada un debía de ocuparse dunha soa cousa de entre as que concirnen á cidade, precisamente daquela na que estivese mellor preparado por natureza.
- En efecto, dixémolo.
-E que a xustiza consiste en facer o que é propio dun, sen meterse nas cousas alleas, é algo que xa oímos a outros moitos e que nos dixemos repetidamente.
-En efecto, afirmámolo frecuentemente.
-Nese caso, amigo meu, a xustiza parece que consiste en facer cada un o seu. ¿sabes de onde o deduzo?
-Non, pero dimo ti.
-Ao meu parecer do que temos examinado, a moderación, a valentía e a sabedoría, o que resta por ver na cidade, é o que da a todas aquelas calidades a capacidade de nacer e unha vez nacidas, permítelles conservarse, mentres pemaneza nelas. E xa dixemos que se encontrabamos as tres, a xustiza sería a que restase.
-Por forza é así.
-Non obstante, se fose preciso discernir cal destas calidades fará á nosa cidade mellor, resultaría difícil discriminar se consiste nunha coincidencia de opinión entre os gobernantes e os gobernados, ou se é a conservación da opinión consonte á lei que hai entre os militares acerca do que debe ser temible ou non, ou a intelixencia e a vixiancia entre os gobernantes; ou iso que fai mellor á cidade consiste, tanto no neno coma na muller, no escravo coma no home ceibe, e no artesán, no gobernante e no gobernado, en que cada un se ocupe do seu, sen atender ao alleo.
-Dende logo, sería dificil. ¿Como non?
-Entón, segundo parece, en relación á excelencia da cidade, a capacidade de facer cada un o seu nela pode rivalizar coa súa sabedoría, coa súa moderación e a súa valentía.(...)
-Pois un home xusto non diferirá en nada da cidade xusta en canto á idea da xustiza mesma, senón que será semellante.
-Semellante, en efecto.
-Porén, unha cidade parece xusta cando os tres tipos de naturezas que existen naquela fan cada un o seu; e pareceunos moderada, valente e sabia a causa dalgunhas outras afeccións e hábitos deses mesmos tipos de naturezas.
-É verdade.
-Por conseguinte, querido amigo, estimaremos que quen teña eses mesmos tipos na súa alma, a causa das mesmas afeccións que aqueles, é ben merecedor de recibir os mesmos apelativos que a cidade.

PLATÓN; República libro
IV, 427e—435c
Versión galega de M. Teresa Miñambres Gómez – I.S. Eduardo Pondal – Santiago de Compostela

PLATÓN TEXTO 1.
- NON PODES FACER O COMENTARIO SEN TER UNHA IDEA DE FILOSOFIA DO AUTOR.
- De que é o texto? Aque obra pertence o fragmento? Sitúa o autor crololoxicae espacialmente; da unperfil do filosofo ou da relevancia da súa filosofía; sitúa a obra no periodo correpondente e comenta algo do estilo en relación co método filosófico utilizado por Platón.
- Rele cada una das tres opción de contexto. Relaciona cada unha delas co tema tratado no texto, nunha liña ou nun breve párrafo.
- Indica o tema do texto e a que rama da filosofía pertence (ontoloxía, epistemoloxía, ética, política ou antropoloxía)
- Analise guiado do texto.
- Posese dividir o texto en partes?
- Expresa nunha liña o que di o 1º párrafo, aclarando a que tres calidades se refire. Chamalle I1.
- No 2º párrafo, como define Platón xustiza? Chamalle I2.
- No 3º párrafo Platón afirma “a xustiza parece que consiste en facer cada uno o seu” Podes relacionar esta afirmación coa definición de xustiza?
- Define moderación, valentía e sabiduría.
- No 5º párrafo Platón ofrece varias opción. Relaciona cada una delas con una das virtudes.
- Que di Platón no 6º párrafo? Chamalle I3.
- Decide se I1, I2 e I3 son teses principais ou secundarias.
- Desenrolo do comentario de texto:
- Como é que Platón chega a plantexarse o tema tratado no texto?
- Antes de explicar o contido do texto, cres que hai algo da filosofía de Platón que dabamos saber? Explicao.
- Fai un guión cos diferentes apectos da filosfía platónica que terías que tocar para explicar I1, I2 e mais I3.
- Ten Platón claro o tipo de polis que quere? Que sabes dela?
- Quen son os sofistas? Que pensarían deste modelo de polis?
- Platón rexeita a democracia? Sabes por que? Que argumentos utilizarías para convencelo de que a democracia pode funcionar? Lembra situarte nos paramétros do seu contexto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario