V Festival de Contidos Dixitais
OBXECTO
O Carballo Interplay, na súa V edición, que terá lugar en Carballo do 4 ao 7 de abril de 2018, convoca o premio a
proxectos de webserie en galego, que ten por obxectivo a incentivación e o fomento da creación e a difusión de
contidos audiovisuais orixinais en lingua galega en internet.
CARACTERÍSTICAS DOS PROXECTOS
Os proxectos presentados a este premio deben estar referidos á creación de contidos audiovisuais que han reunir as
seguintes características básicas:
-Deben ser creacións audiovisuais propias e orixinais.
-Poden ser de imaxe real, animación, stop motion, técnica combinada, etc.
-As creacións audiovisuais deben estar pensadas para seren publicadas e difundidas a través de internet e mediante
capítulos, episodios ou partes (como mínimo tres).
-Non hai ningún tipo de restrición de temática, xénero, estilo, nin persoas destinatarias, sempre que non conteñan
ningún tipo de contido ofensivo contra ninguén.
-Deben ser gravadas orixinalmente en galego e esta debe ser a lingua do seu título e créditos.
PREMIO
O premio ten unha dotación económica de 1.500 euros e deberá destinarse exclusivamente á produción de, polo
menos, tres vídeos da webserie do proxecto premiado.
O premio estará suxeito ás posibles retencións fiscais que a lei estableza.
PRAZO
Poderán presentarse proxectos dende a publicación das bases ata o 18 de marzo de 2018.
DOCUMENTACIÓN REQUERIDA
Os/as solicitantes deberán enviar ao enderezo electrónico direccion@carballointerplay.com, e indicando no asunto do
correo "Proxecto de webserie en galego", a seguinte documentación nun arquivo en formato pdf.
-Historial profesional do/a solicitante, persoa, entidade ou produtora.
-Sinopse do proxecto (máximo 1 páxina).
-Memoria explicativa do proxecto (máximo 5 páxinas).
-Guión definitivo do primeiro capítulo.
-Calendario da produción.
-Currículo do equipo técnico e artístico.
-Plan de comunicación e presenza en RRSS.
-Ligazón a teaser visual da webserie.
-Calquera outra documentación que o/a solicitante considere pertinente para a mellor defensa do proxecto.
PROXECTOS FINALISTAS
O comité de selección nomeado para o caso escollerá os proxectos finalistas.
Os/as responsables dos proxectos finalistas terán que defender o seu proxecto facendo un piching nun tempo máximo
de 15 minutos ante os/as membros do xurado específico para esta convocatoria, coa intención de convencer da
calidade, orixinalidade, necesidade e viabilidade do proxecto.
O xurado poderá facer preguntas para coñecer mellor o proxecto presentado.
O piching será aberto ao público e terá lugar dentro da programación do festival.
XURADO ESPECÍFICO
O xurado específico estará composto por persoas de recoñecida capacidade dos ámbitos do audiovisual, da creación
en rede e da normalización lingüística, un representante do Concello de Carballo e un representante do equipo
directivo do festival. O xurado específico publicarase na páxina web do festival.
Valorarase a creatividade e a orixinalidade da proposta, a calidade creativa e audiovisual e o impacto favorable para a
posta en valor do galego, así como a súa viabilidade de cara á produción.
O Concello de Carballo resérvase o dereito de deixar deserto o premio no caso de non concorreren a concurso un
mínimo de tres proxectos finalistas.
O proxecto de webserie premiada farase público o día da gala de entrega de premios do festival. Cando menos un/ha
dos/as representantes de cada proxecto finalista deberá estar presentes na devandita gala.
OBRIGAS DO/A BENEFICIARIO/A
Polo menos tres vídeos da serie web resultante deberán estar finalizados para ser estreados na VI Edición do Festival
CARBALLO INTERPLAY.
O resultado da webserie premiada deberá axustarse ao proxecto presentado.
A webserie debe estar rodada en VO galego.
Nos títulos de crédito iniciais da produción deberá figurar en cartón único: “Co apoio do Concello de Carballo e do
Festival Carballo Interplay”.
Na documentación do proxecto (materiais de promoción e distribución) e nos títulos de crédito da produción
resultante, páxina web, etc., farase constar que recibiu o premio a proxecto de webserie en galego do festival
CARBALLO INTERPLAY. O Concello de Carballo facilitará os logotipos pertinentes.
Os/as beneficiarios/as danlle a autorización expresa ao Concello de Carballo para a utilización da produción
subvencionada co obxecto da súa sociabilización nas actividades de promoción e difusión que corresponden.
DEREITOS DE EXHIBICIÓN
Ao enviaren os materiais a concurso os/as titulares/as están a declarar implicitamente seren os/as propietarios/as e
estaren autorizados/as para utilizar todos os dereitos sobre a música, vídeo e efectos que figuran na webserie. O
festival non se fará responsable das reclamacións que xurdan do incumprimento dos/as creadores/as ou produtoras que
presenten unha webserie de non posuír axeitadamente os dereitos sobre o material que envíe.
ACEPTACIÓN DAS CONDICIÓNS
A presentación de proxectos ao premio implican a aceptación destas bases.
No hay comentarios:
Publicar un comentario