Mostrando entradas con la etiqueta Día internacional. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día internacional. Mostrar todas las entradas

domingo, 17 de diciembre de 2017

Día Internacional da filosofía

Con motivo da celebración do día internacional da filosofía en Novembro de 2017, os/as alumnos7as de ESO e Bacharelto fixemos unha esposición no institituto para que ninguén se convirta nunha ostra.
os temas elexidos para a exposición foron dous:

Penso logo estorbo e Miradas filosóficas.

Se queres ver algunhas das imaxes, preme no logo.


lunes, 6 de febrero de 2012

Paz, pax, paix, peace, eirene, mir...




O pasado 30 de xaneiro, de novo, celebramos no instituto o día da paz e a non violencia. Desta volta os rapaces de 4º ESO e tamén os de 2º decoraron os corredores do instituto con carteis sobre pacifistas recoñecidos, grafitis coa palabra paz (tedes a proba de como algúns se esmeraron nas fotos de abaixo) e carteis dos dereitos humanos. Das mulleres e homes pacifistas aprendemos que a imaxinación é moi importante á hora de buscar formas de loita polos dereitos, contra inxustizas, que deixen de lado a violencia e agresividade, pero sen renunciar nunca aos principios, á dignidade, á idea de xustiza e dunha sociedade mellor.
Por certo, a foto do canciño está dedicada a Puri; seguro que ela podería explicitar perfectamente a relación entre a non violencia e os animais, como Gandhi..., pero aquí só se trata de facerlle un pequeno agarimo.