Mostrando entradas con la etiqueta Escola de Atenas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Escola de Atenas. Mostrar todas las entradas
martes, 14 de febrero de 2012
Para rir un anaco
Os de 2º A (de Bacharelato), entre clase e clase, exame e exame... quédalles tempo para manter o humor e agasállannos cos chistes que aquí vos deixo, así como tamén cunha copia "xemelga" da parte central da Escola de Atenas de Rafael. A pequena diferenza entre orixinal e reprodución é que onde ía Platón vai Esteban e onde ía Aristóteles pónsenos Darío. (Estes filosofos rintes contemporáneos prometen que o humor non decaerá... e haberá máis entregas).
Aí van os chistes:
- Se Agostiño de Hipona nacera dous meses antes, chamaríase Xuniño?
- Esa illa está con-Creta? Foi un chiste sen Grecia.
- Como se chamaba a familia de Platón? Vajillón.
- Como é o principio de Aristóteles? A A
- Cando encerraron a Tomé de Aquino para que non se unira aos dominicos sentíase como como os de Aquino hay quien viva.
- Estou tomando iogures con fibra para mellorar o tránsito cara o mundo helenístico.
- Se eres un pouco máis tonto, naces con spérmatas de pedra.
- Cando lle deron un susto a Agostiño de Hipona pasou a chamarse só Agostiño.
- A clase de filosofía é moi amena, pero eu prefiro Vodafone.
- No exame de filosofía se queremos ter un 10 témolo, porque temos fe e razón.
- Son chistes feitos por "Nous".
:)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)