domingo, 29 de enero de 2017

A radio e a fotografía inundan o IES Parga Pondal.

O noso centro xunto a outros 5 máis comezamos este 2017 cos obradoiros de comunicación de O Mundo que Queremos, centrados no uso de ferramentas como a radio e a fotografía para a sensibilización sobre problemáticas sociais.
Este curso participan os alumnos e alumnas de Ética de 3º ESO e traballaremos cunha proposta sobre temáticas tan relevantes como o medio ambiente, a equidade de xénero, a desigualdade social ou a promoción da paz.
Para elo, Óscar Vázquez, monitor do obradoiro de fotografía, e Rocío Cadahía, monitora do obradoiro de radio, ambos integrantes da Asociación Galega de Reporteir@s Solidari@s, traballarán co alumnado diferentes formatos para que a través destas ferramentas de comunicación sexan capaces de reflexionar sobre os temas escollidos, construír o seu propio discurso ao redor deles e elaborar un material que poida ser difundido para sensibilizar ao resto da comunidade educativa. 
Así que o día 20 veu Paula da ONG Educo a explicarnos o que íamos facer.

Xa tivemos os primeiros obradoiros de radio e foto. Se queredes ver como traballan os amigos e amigas de AGARESO, premade na foto.


No hay comentarios:

Publicar un comentario