Agora que en 2º de bacharelato estamos adentrándonos no pensamento de Kant, propoñémosvos ver algunha película situada nesta época. Desta volta podedes elixir entre: Amadeus (1984), María Antonieta (2006) ou Barry Lyndon (1975).
De forma voluntaria podedes elaborar un traballo respondendo ás seguintes cuestións:
Resumo
do argumento en 10-15 liñas e ficha técnica da
película.
¿En
que época se sitúa a película? Busca algunha
información ao respecto.
¿En
que lugar se sitúa a película? Busca información
e pon un mapa do lugar.
Describe
tres personaxes da película (algún feminino e algún
masculino).
Propón
ti tres preguntas posibles en torno ao argumento da película
e indica as respostas.
Describe
as tres esceas que máis che gustaran.
Propón
un novo final para a película.
Propón
un título alternativo para a película e explica por
que o elixiches.
9.
Realiza unha pequena disertación na que recollas unha
reflexión persoal sobre os acontecementos do XVIII
contemporáneos da Ilustración (segundo a película
que visionaches).
10.
Comentario
persoal (¿Qué che gustou? ¿Qué non?
¿resultouche de fácil visionado? ¿aprendiches
algo? ¿atopaches algo sorprendente?...)
*
A realización completa destas cuestións despois do
visionado do filme, subirá ata 0.5
ptos
sobre a cualificación do exame de Filosofía moderna II
(Kant). Soamente pode facerse traballo de 1
película para dito exame. A DATA LÍMITE DE ENTREGA É O VENRES 20 DE ABRIL. Podedes entregalo na clase o envialo a: africa.lopez2@gmail.com.
....................
Así mesmo, logo de ler o capítulo de O mundo de Sofía (J. Gaardner) dedicado a Kant ,podedes responder ás seguintes preguntas:
Selección
de 3 citas breves (aprox. 3-10 liñas, cada cita) que teñan
algo que ver coa razón teórica kantiana e outras
tres que estean relacionadas coa razón práctica.
Indicar
e resumir brevemente os principais exemplos que se empregan para
explicar a filosofía kantiana.
¿Como
se explica no texto que o espazo e o tempo sexan “as dúas
formas” da sensibilidade no home?
¿Que
significa “imperativo categórico”? ¿Cando falamos
deste imperativo a que tipo de razón nos referimos?
5.
¿Que foi o que máis te axudou para entendero
pensamento kantiano?
* A data de entrega límite é o luns 16 de abril. Poderá subir ata 0,2 ptos sobre o exame de Kant.