Mostrando entradas con la etiqueta Cidade da cultura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cidade da cultura. Mostrar todas las entradas

sábado, 12 de mayo de 2012

De visita en Santiago

O motivo principal da nosa saída a Santiago o pasado martes 8 de maio era achegarnos ao Parlamento galego. 
Non obstante, previamente a cumprir con ese obxectivo, o alumnado de 1º de Bacharelato foi ata a Cidade da cultura, no Gaiás, onde puidemos ver as maquetas, algunha pequena exposición e a inmensa biblioteca (por espazo, non tanto por volumes). Mentres, as alumnas de Ética e Filosofía do Dereito foron a ver ao tan polémico ultimamente Valedor do Pobo. 
Choveunos sen parar, pero  hai que dicir que a agua non baixou o bo humor. Tras un mediodía, ben pasado por auga, entramos no edificio do Parlamento, na rúa do Hórreo.
Alí guiounos -como vén sendo xa tradición- Hixinio, falou con nós Carme Adán, parlamentaria do BNG e Vicesecretaria da Mesa do Parlamento, e tamén acompañounos Alberto Sueiro, diputado do PP por Carballo. Ademais de parte das instalacións (Biblioteca Carballo Calero, salas de comisión e dos grupos parlamentarios) asistimos a un anaco dun vivo debate en torno á lingua galega, quentando xa ambiente para o día das letras galegas.
De todos modos, o momento máis destacable da visita foi cando varias compañeiras fixeron un amago de debate de propostas de lei; déixovos aquí un vídeo cun fragmento das súas intervencións.