lunes, 10 de noviembre de 2014

II OLIMPIADA FILOSOFICA.





Xa está aberta a convocatoria para participar na II Olimpiada filosófica e ten pinta de vir para quedarse, aínda que os tempos semellan ser difíciles para á filosofía. Podes preguntarlles ao veteranos de que vai (María, Laura e Alejandro de 2º Bac.) que seguro que vos dan unha versión interesante do asunto.  Póñovos  aqui o enlace por se queres ver as bases e modalidades deste curso.

sábado, 8 de noviembre de 2014

MITOS E PERSONAXES GREGOS.

Aqui tedes os enlaces a algúns mitos de Platón e a unha pista sobre personaxes gregos con ideas e biografías mais que interesantes.



MITOS
PERSONAXES DA FILOSOFÍA PROSCRITA.
 Visita a ASPABER 2014-15

Como xa levamos facendo hai anos, este curso os alumnos e alumnas de 2ª ESO fixemos unha visita, en realidade dúas, aos nosos amigos de Aspaber, que foron tan amables conosco como sempre. Na espera de que cheguen ao blog as impresións da visita podedes ir vendo a curtametraxe coa que nos recibiron. Títúlase Cuerdas e acaba de gañar o premio Goya. O seu director  é español, chámase Pedro Solís e declarou que a curtametraxe está inspirada nos seus fillos, Alejandra e Nicolás. A eles e á súa esposa Lola, dedicou o premio que recibiu. Nicolás, de nove anos, ten unha minusvalía declarada do 81%. Segundo o director, o personaxe de María está inspirado en Alejandra; fisicamente non se parecen, pero o seu espírito, si.

martes, 6 de mayo de 2014

I OLIMPÍADA FILOSOFICA DE GALICIA.



Tomar en serio.– Unha máquina rechiante, torda e sombría, mala de pór en marcha, é para a maioría o intelecto. Cómpre «tomar a cousa en serio», din ao traballaren con esta máquina queréndoa utilizar ben. Ó, que pesado ten que ser para eles pensar ben! A adorable besta que é o ser humano perde, ao parecer, o bo humor cada vez que pensa ben: ponse «seria»! «Alí onde hai riso e ledicia, pensar de nada serve»: así soa o prexuízo desta besta seria contra todo «saber alegre». Veña!, mostremos que se trata dun prexuízo.

Nietzsche, Friedrich: “Die fröhliche Wissenschaft” en Friedrich Nietzsche: Werke in drei Bänden. Múnic, 1979, Vol. 2, p. 189.

Iste é o texto que nos proñen os organizadores desta I Olimpíada filosófica de Galicia. E xa temos maduros os primeiros froitos da nosa creatividade:

 Laura, María e Alejandro de 1º Bac A e B danlle unha volta mais ao texto de Nietzsche. A ver que vos parece:






sábado, 22 de marzo de 2014

INMANUEL KANT VAI AO CINE.

EMMANUEL KANT

A nova ciencia xurdida no século XVII da man de Newton, conduce directamente á Ilustración do s. XVIII.
O s. XVIII é chamado polos franceses o século das luces polo interese que esperta a razón: a razón é a clave do método correcto de coñecemento e o seu modelo, tal como demostrou Newton, son as matemáticas. O termo inglés Ilustración foi proposto polo propio Kant. 

Os ilustrados confían plenamente na capacidade racional humana para que o home poida gobernarse a se mesmo por se mesmo. Hai que superar a minoría de idade e atreverse a pensar por un mesmo. Nesta senso,Kant exclama: Atrévete a pensar! 

A continuación podedes ver o principio dá película " Les derniers jours d'Emmanuel Kant" (Os últimos días de Emmanuel Kant) do director francés Philippe Collin, rodada en 1994 La existencia de Kant está sincronizada completamente polos hábitos adquiridos ao longo dos anos. A marcha do seu mordomo vai sacudir esta vida tan ben planificada...

 

ATAPUERCA, A MONTAÑA MÁXICA.






No 2008 os paleontólogos que traballan na Serra de Atapuerca acharon unha mandíbula humana de hai 1,2 millóns de anos que confirma que na serra burgalesa habitaron os primeiros homínidos que pisaron Europa e alí experimentaron unha evolución propia.

O descubrimento tivo lugar na Sima do Elefante. Xunto a este fósil apareceron unhas ferramentas de pedra, utilizadas por este homínido burgalés e restos óseos dos animais que lle serviron de comida.

Ata agora, a evidencia fósil máis antiga de presenza humana en Atapuerca, e en Europa, era de hai uns 800.000 anos, no depósito da Gran Dolina, a 200 metros da Sima. Os fósiles atribuíronse, en 1994, a unha nova especie denominada 'Homo antecessor', cuxa existencia aínda xera polémica na comunidade científica.

Os investigadores, de forma provisional, atribúen o novo fósil tamén a esta especie, aínda que ten 400.000 anos máis. Non obstante, Manuel Domínguez-Rodrigo, paleontólogo da Universidade Complutense de Madrid, cre que a mandíbula pode encaixar en máis dunha especie de humanos primitivos. É arriscado atribuíla a 'Homo antecessor', un taxón que aínda se discute. O que está claro é que é o resto humano máis antigo de Europa, que os seus trazos son primitivos e que abre as portas a achados que leven esa presenza ata 1,5 millóns de anos," declara o investigador.


Por se acaso, aqui deixovos un mapa de Atapuerca. Nunca se sabe.

 

EXCURSIÓN A ALTAMIRA E A ATAPURCA.

Un curso máis empezamos as vacación de Semana Santa coa viaxe a Altamira e Atapuerca. Bueno, en realidade visitamos tamén Cabárceno, Santillana del Mar, Burgos e a súa expléndia catedral...


Aqui deíxovos un enlace no que podedes ir disfrutando con antelación do que imos ver na neocova de Altamira. Premade aqui e descubride un pasado que aínda que tiña as súas luces e as súas sombras, era a toda cor.