No 2008 os paleontólogos que traballan na Serra de Atapuerca acharon unha mandíbula humana de hai 1,2 millóns de anos que confirma que na serra burgalesa habitaron os primeiros homínidos que pisaron Europa e alí experimentaron unha evolución propia.
O descubrimento tivo lugar na Sima do Elefante. Xunto a este fósil apareceron unhas ferramentas de pedra, utilizadas por este homínido burgalés e restos óseos dos animais que lle serviron de comida.
Ata agora, a evidencia fósil máis antiga de presenza humana en Atapuerca, e en Europa, era de hai uns 800.000 anos, no depósito da Gran Dolina, a 200 metros da Sima. Os fósiles atribuíronse, en 1994, a unha nova especie denominada 'Homo antecessor', cuxa existencia aínda xera polémica na comunidade científica.
Os investigadores, de forma provisional, atribúen o novo fósil tamén a esta especie, aínda que ten 400.000 anos máis. Non obstante, Manuel Domínguez-Rodrigo, paleontólogo da Universidade Complutense de Madrid, cre que a mandíbula pode encaixar en máis dunha especie de humanos primitivos. É arriscado atribuíla a 'Homo antecessor', un taxón que aínda se discute. O que está claro é que é o resto humano máis antigo de Europa, que os seus trazos son primitivos e que abre as portas a achados que leven esa presenza ata 1,5 millóns de anos," declara o investigador.
Por se acaso, aqui deixovos un mapa de Atapuerca. Nunca se sabe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario