viernes, 15 de junio de 2012

RECUPERACIÓN DE CIDADANÍA.

RECUPERACIÓN DE 2ºESO- C:
- Rona Amyari Díaz.
- Jorge Gesto
- Víctor Marrozos
- Cristina Souto

Os que tedes todo o curso suspenso tedes outra oportunidade. O mércores 20 a última hora faremos un examen global. Pasarei buscarvos pola vosa clase. Neste caso están:
-Alberto Rodriguez
- Erik
- Jose Rojo.

RECUPERACIÓN 2ºESO-D.
- Diana González
- Rocío González
- Mario Loureiro
-Ángela Martínez
- Santiago Xiao Rodríguez.

Os que tedes todo o curso suspenso tedes outra oportunidade. O mércores 20 a última hora faremos un examen global. Pasarei buscarvos pola vosa clase. Neste caso está Alex. Sergio Gómez ten que facer unha recuperación da segunda avaliación.



domingo, 20 de mayo de 2012

Martha Nussbaum


Aproveitando que acaba de recibir o premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais, é boa a ocasión para achegarnos un pouco á filosofía contemporánea, tan inxustamente esquecida a cotío nas nosas clases. 
Martha Nussbaum é unha filósofa estadounidense (Nova York, 1947), actualmente profesora da universidade de Chicago, que ao longo da súa vida se dedicou a temas de ética e filosofía do dereito e de política; que a carón do premio nóbel de economía Amartya Sen desenvolve unha concepción ética do desenvolvemento económico; que defende o imprescindible papel das humanidades na educación en aras ao logro de calidade democrática;  que é unha gran estudosa feminista...
E dela pódese seguir dicindo moito máis: realizou profundos estudos das emocións, é unha gran coñecedora do pensamento grego (a súa filosofía parte dunha perspectiva aristotélica); foi nomeada como unha dos cen intelectuais máis influíntes do mundo.
Ten pois un currículum impresionante que no ámbito bibliográfico plásmase en arredor de vinte libros publicados, abordando temas como Aristóteles, o amor, a ética, o desexo, a xustiza, a poética, o desenvolvemento humano, a intelixencia das emocións, o sexo, a xustiza social, as mulleres.
Procuraremos "amoblar" a nosa biblioteca con algún libro seu, para así poder "amoblar" un pouco máis a nosa cabeza. 

sábado, 12 de mayo de 2012

De visita en Santiago

O motivo principal da nosa saída a Santiago o pasado martes 8 de maio era achegarnos ao Parlamento galego. 
Non obstante, previamente a cumprir con ese obxectivo, o alumnado de 1º de Bacharelato foi ata a Cidade da cultura, no Gaiás, onde puidemos ver as maquetas, algunha pequena exposición e a inmensa biblioteca (por espazo, non tanto por volumes). Mentres, as alumnas de Ética e Filosofía do Dereito foron a ver ao tan polémico ultimamente Valedor do Pobo. 
Choveunos sen parar, pero  hai que dicir que a agua non baixou o bo humor. Tras un mediodía, ben pasado por auga, entramos no edificio do Parlamento, na rúa do Hórreo.
Alí guiounos -como vén sendo xa tradición- Hixinio, falou con nós Carme Adán, parlamentaria do BNG e Vicesecretaria da Mesa do Parlamento, e tamén acompañounos Alberto Sueiro, diputado do PP por Carballo. Ademais de parte das instalacións (Biblioteca Carballo Calero, salas de comisión e dos grupos parlamentarios) asistimos a un anaco dun vivo debate en torno á lingua galega, quentando xa ambiente para o día das letras galegas.
De todos modos, o momento máis destacable da visita foi cando varias compañeiras fixeron un amago de debate de propostas de lei; déixovos aquí un vídeo cun fragmento das súas intervencións.




domingo, 29 de abril de 2012

A XEITO DE TRASFONDO DE MARX

Xa enfilando o fin de curso, déixovos algunhas suxestións para facer traballos voluntarios para o contexto de Karl Marx. O século XIX, na súa faceta máis socio-económico-política, é o que tratan de reflectir os tres filmes que se vos propoñen a continuación...

Películas a elixir:
Germinal (1993) El corazón de la tierra (2007) Daens (1992)

  1. Resumo do argumento en 10-15 liñas e ficha técnica da película.
  1. ¿En que época se sitúa a película? Busca algunha información ao respecto.
  1. ¿En que lugar se sitúa a película? Busca información e pon un mapa do lugar.
  1. Describe tres personaxes da película (algún feminino e algún masculino).
  1. Propón ti tres preguntas posibles en torno ao argumento da película e indica as respostas.
  1. Describe as tres esceas que máis che gustaran.
  1. Propón un novo final para a película.
  1. Propón un título alternativo para a película e explica por que o elixiches.
9. Realiza unha pequena disertación na que recollas unha reflexión persoal sobre a revolución industrial e as súas consecuencias para a poboación (segundo a película que visionaches).

10. Comentario persoal (¿Que che gustou? ¿Que non? ¿resultouche de fácil visionado? ¿aprendiches algo? ¿atopaches algo sorprendente?...)

[En lugar da película enteira de Daens pódese ver a selección de escenas que aparece  en youtube: Daens: escenas para uso didáctico]

...............


A maiores engádese para elixir a clásica "Tempos modernos" (1936) de Chaplin, que aínda que situada no XX (na época da Gran Depresión), pode axudarnos a facernos a idea do carácter forzado ou alienado do traballo no capitalismo, co humor tan característico de Charles Chaplin.


As preguntas correspondentes son: 

  1. Resumo do argumento en 10-15 liñas e ficha técnica da película.
  1. ¿En que época se sitúa a película? Busca algunha información ao respecto.
  1. ¿Que che suxiren as primeiras imaxes da película (a montaxe que presenta como paralelo o rabaño coa entrada de obreros na fábrica)?
  1. Pensando na máquina de comer, imaxina situacións ou accións que se poderían substituír por unha máquina. Logo comenta vantaxes e desvantaxes da máquina de comer.
  1. Definir as características físicas e psíquicas de Charlot como personaxe..
  1. Buscar información da vida e obra de Charles Chaplin.
  1. Describe tres escenas que penses que se poden relacionar co concepto de alienación económica en Marx.
  1. Propón un título alternativo para a película e explica por que o elixiches.
9. Realiza unha pequena disertación na que recollas unha reflexión persoal sobre a revolución industrial e as súas consecuencias para a poboación (segundo a película que visionaches).

10. Comentario persoal (¿Qué che gustou? ¿Qué non? ¿resultouche de fácil visionado? ¿aprendiches algo? ¿que che pareceu o uso da música no filme? ¿atopaches algo sorprendente?...)

* A realización completa destas cuestións despois do visionado do filme, subirá ata 0,5 ptos sobre a cualificación do exame de Marx. Soamente pode facerse traballo de 1 película para dito exame. DATA LÍMITE: 8 de maio.

lunes, 23 de abril de 2012

O pasado mércores 18 de abril tivemos unha interesante e excepcional (penso que non esaxero) charla con dúas profesoras e dous internos do centro penitenciario de Teixeiro. Nela, a profesora (do aproxecto ANOCA, Aprender NO CÁrcere) amosounos a través dun vídeo como é o acceso físico ao centro, cos controis e cantidade de portas e reixas a pasar, contounos tamén como é iso de dar clases a reclusos e reclusas de moi diferentes índoles. Logo, cos ollos e orellas moi abertos, os que estabamos na biblioteca, escoitamos como Yoana eJavi nos relataban a súa vida no cárcere, as pelexas, a droga, a falta de liberdade e de cartos, o traballo, e tamén a escola, unha illa de tranquilidade nun medio tan hostil. Coa súa sinceridade e capacidade para abrirse a quen estabamos enfronte, lograron embelesarnos coas súas experiencias vitais e déronos importantes leccións de vida (como dixeron logo en La Voz de Galicia) que esperamos non esquecer nunca.



 Animádevos a participar no seu facebook!!

viernes, 13 de abril de 2012

Unha clase gañadora!!

Veñen de comunicarnos que a clase de 4º A recibiu dous premios (nada menos) na categoría de fotografías do concurso TECENDO HISTORIAS DE MULLER, convocado pola ONGD Solidaridade Internacional. Os premiados son: 
- Anxo Pensado Moreira, con "As mulleres tamén gañan":




- Sara Cerviño, Guadalupe Rama e Gema Lage, con "Di stop á violencia de xénero":




Noraboa!! O premio consistirá na publicación das fotos (xuntos aos demais relatos e fotos gañadores) nun libro que recollerá as historias  de muller que son destinatarias dos proxectos de cooperación que ten en marcha Solidaridade Internacional de Galicia que serán novelados por escritoras e escritores galegos.
Podedes comentar no facebook de Tecendo historias de muller.

martes, 3 de abril de 2012

Na procura dos nosos ancestros (... e pasándoo ben)

De  mércores a venres (28 a 30 de marzo) andivemos  polo norte peninsular  á descuberta de novas paisaxes, novas xentes, novos lugares. 
O primeiro día chegamos ao parque da natureza de Cabárceno  cara ao mediodía. Ali encontramonos con moitos animais exóticos como as cebras, os tigres, os osos pardos cos seus oseznos, as cebras de Grevy,,, e mesmo con elefantes que posaron amorosamente para nós. 




Esa tarde aínda deunos tempo a dar unha volta pola pedregosa Santillana del Mar e chegamos á noitiña a Comillas, onde durmimos (ou pasamos a noite, pois sospeito que houbo bastantes insomnes). 

O xoves pola mañá camiñamos por Comillas, vimos o Concello, o vello e o novo, sacamos unha preciosa foto de grupo nas  escaleiras do palacio de Sobrellano e logo uns poucos vimos o Capricho de Gaudí, outros a Universidade e outros máis achegáronse  á praia, ao lado do cemiterio antigo.




Logo dun picnic rápido fomos ata as covas de Altamira (a Neocueva), onde nos ilustraron varias guías sobre as pinturas rupestres do periodo magdaleniense, sobre bisontes, cabalos, mans... Ao saír había quen xa non podía moito co seu corpo e tivo que botar unha sestiña.




Ao atardecer chegamos a Burgos, e vimos a catedral rodeada de manifestantes de CCOO, da CNT, reivindicativos pero en plan tranquilo. 


O venres á mañá tocou visitar o museo da evolución humana  ás beiras do río Arlanzón e logo os xacementos de Atapuerca, cunhas magnificas guías que creo que nos comunicaron a todos as ganas de ser arqueólogos (un tanto diferentes a Indiana Jones). 


No xantar as amigas de Sara Souto sorprendérona cunha tarta para celebrar o seu 18 aniversario. De volta no bus repasamos e profundamos no aprendido cun cuestionario ao que había de responder mergullándose no libriño guía que elaborou o profe Alberto para toda a viaxe. Houbo moitos gañadores (de chocolatinas e ovos kinder) e nel ata Stefan estruxou as neuronas.


En fin, ata aquí unha breve crónica desde un particular  punto de vista. Vós aportaredes máis.