domingo, 20 de mayo de 2012
Martha Nussbaum
Aproveitando que acaba de recibir o premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais, é boa a ocasión para achegarnos un pouco á filosofía contemporánea, tan inxustamente esquecida a cotío nas nosas clases.
Martha Nussbaum é unha filósofa estadounidense (Nova York, 1947), actualmente profesora da universidade de Chicago, que ao longo da súa vida se dedicou a temas de ética e filosofía do dereito e de política; que a carón do premio nóbel de economía Amartya Sen desenvolve unha concepción ética do desenvolvemento económico; que defende o imprescindible papel das humanidades na educación en aras ao logro de calidade democrática; que é unha gran estudosa feminista...
E dela pódese seguir dicindo moito máis: realizou profundos estudos das emocións, é unha gran coñecedora do pensamento grego (a súa filosofía parte dunha perspectiva aristotélica); foi nomeada como unha dos cen intelectuais máis influíntes do mundo.
Ten pois un currículum impresionante que no ámbito bibliográfico plásmase en arredor de vinte libros publicados, abordando temas como Aristóteles, o amor, a ética, o desexo, a xustiza, a poética, o desenvolvemento humano, a intelixencia das emocións, o sexo, a xustiza social, as mulleres.
Procuraremos "amoblar" a nosa biblioteca con algún libro seu, para así poder "amoblar" un pouco máis a nosa cabeza.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario