sábado, 16 de mayo de 2015
sábado, 9 de mayo de 2015
miércoles, 6 de mayo de 2015
Unha comisión de expertos e expertas reúnense en 4ºESO para falar da prevención da delincuencia en Carballo
Fartos de que soamente se mencione a Carballo nos medios para relacionalo coa delincuencia, un grupo de expertos, despois de reflexionar un anaco, ofrecennos as súas receitas para tentar solucionar as cousas. Vexamos o que propoñen no enlace (preme na imaxe)
martes, 5 de mayo de 2015
CONCURSO EN 4º ESO: DELINCUENCIA VERSUS MACHISMO
O pasado día 5 de Maio os alumnos e alumnas de 4º ESO fixeron un concurso no que demostraron os seus coñecementos sobre o machismo e a prevención da delincuencia en Carballo. Demostraron tamén a súa capacidade de improvisar e de colaborar entre eles. Este é o resultado, espero que vos guste. Preme na cabaza Ruperta para ver o vídeo.
domingo, 19 de abril de 2015
Sobre a Ilustración.
As
novas ideas: progreso, educación, ou iluminación, humanidade,
civilización e natureza.
Entendemos
por Ilustración o período comprendido entre a revolución inglesa
(1688) e a revolución francesa (1789). A Ilustración non é
propiamente un movemento filosófico, nin representa unha corrente
filosófica determinada, senón que é un movemento cultural, unha
época con unhas características moi concretas.
A
razón autónoma rexeita toda tutela pero require un punto de
referencia. Centrarase, por unha banda, no estudo da natureza.
A tradición cartesiana, aínda que criticada duramente, sobrevive en
Francia contribuíndo á elaboración de concepcións filosóficas
sobre a realidade, aínda que admitindo a imposibilidade de coñecer
a esencia das causas. A tradición inglesa, fóra dos deístas, foi
máis fiel á influencia do empirismo.
En
Francia, a inspiración de Newton levounos a considerar que a súa
mecánica, era
definitiva.
Pero aínda que Newton recoñecía a Deus en últirna instancia, os
centíficos do século XVIIl cren realmente que non é necesario
recorrer a Deus para elaborar unha explicación do mundo. Por isto, a
ciencia ilustrada está en condicións de declara a autonomía do
mundo respecto da hipótese divina así como antes proclamara a
autonomía da razón. Pódense describir así, dúas correntes no
pensamento da Ilustración francesa:
O
Materialismo (A Mettrie, Holbach) parte dunha concepción
mecaniscista da natureza, na que todo explícase polo movemento das
partículas materiais sen que este movemento requira causa
transcendente algunha. Todos os movementos son flsicos e mecánicos.
O materialismo da Ilustración ten ante todo unha intencionalidade
ética e social xa que postula unha Natureza que debe ser guía para
o home, desplanzando asi o lugar que antes ocupara a relixión, a cal
aparece como inimiga da natureza en tanto que a atopa culpable da
introdución da superstición e a violencia.
O
Naturalismo. Mentres que o mecanicismo estrito negábase a admitr a
existencia de forzas
na materia e referíase exclusivamente aos movementos,
para o naturalismo non só se consideran as forzas na materia, senón
que mesmo se chega admitir que poderia tratarse de forzas
vivas,
non só mecánicas.
Pero
á marxe de certas diferenzas conceptuais, tanto materialistas como
naturalistas consideran que a Natureza é unha instancia última de
referencia e ambalas correntes opoñen o concepto de natureza ao de
civilización.
O
concepto ilustrado de civilización significa modernizar
abolindo as formas primitivas. A
Modernidade, desde os seus centros históricos, difundese cara a toda
a terra na súa pretensión universalizadora de integrar aos países
máis afastados. En síntese, na concepción ilustrada a civilización
europea propicia a oposición entre natureza e cultura, pobos cultos
e "incultos", por tanto o vello continente era o berce da
cultura e da civilización, considerando algúns pobos máis
desenvolvidos que outros, en tanto que os outros pobos son
catalogados e etiquetados como atrasados e inclusive como bárbaros
ou salvaxes. Por isto a importancia da educación.
O
pensamento ilustrado ten un carácter pedagóxico xa que se encamiña
á difusión do saber e á creación dun novo tipo de home: un home
crítico e libre. Desde esta
perspectiva
subliñan os defectos da educación recibida e dos fimdamentos da
mesma. Para os ilustrados, estupidez, bobada, tolemia...... son
consecuencia dunha mala
educación.
O home, mediante a educación, pode alcanzar potencialidades
insospeitadas. Estas potencialidades enriquécense e desenvolvense
por e para a sociedade, pois non se concibe a felicidade individual
se non é unida á felicidade social. A Ilustración fai súa esa
idea da procura da felicidade desde termos seculares: a felicidade
non hai que buscala no máis aló, senón no máis acó. A procura da
felicidade individual tense de conxugar coa de todos. O instrumento
para facer realidade esa aspiración é a educación e instrución, o
coñecemento e a difusión das Luces.
A
educación permanece antes do século XVIII no ámbito do “espazo
do privado” pero a nova mentalidade vincula a felicidade social á
educación, e esta a un proxecto global. Así a educación
converteuse en pedra de toque deste novo modelo. O ser human chega a
ser o que é algo pola educación laica, racionalista e crítica,
baseada nas facultades hmnanas e na observación da naturaza.
Este
paso da barbarie á civilización posibilitado pola educación, da
ignorancia ao saber, da tiranía á liberdade constitúe o progreso,
característica que define a concepción da concepción historia dos
ilustrados. O progreso da ciencia e da cultura chegará a eliminar
todasuperstición e fanatismo e levará ao establecemanto dunha
sociedade libre, xusta e igualitaria.
sábado, 28 de febrero de 2015
A pregunta de Alba.
No
traballo sobre a vixencia de Aristóteles na actualidade, Alba Varela,
co fin revolver e revolver ata dar coa información que busca , plantexa
esta pregunta aos seus entrevistados:
O científico Stephen Hawking consegue cada día mais sabedoría aínda estando gravemente enfermo, cres que pode ser feliz? É un xeito audaz de plantexar unha cuestión teórica a partires de un exemplo ben buscado, obriganos a pensar e introduce de golpe na nosa mente un feixe de variables contradictorias. Gostaríame saber que pensades vos.
Finalmente reproduzo un breve fragmento onde Alba reflexiona sobre o concepto e o uso que hoxe facemos ou temos do térmo política:
Do
termo política ou dos seus derivados oímos falar todos os días. Na
vida cotidián está máis presente a política que a ética. Para
Aristóteles a política é a continuación social da ética, é a
búsqueda do ben supremo na polis e do mellor goberno para ela,
igual que a ética, para Aristóteles, a política é unha ciencia
práctica. Na sociedade actual, como xa dixen, un dos temas de tertulia
máis habituais é a política ou derivados, por iso cabe esperar que
as persoas que se someteron a miña enquisa tiveran moi claro o
termo; pero non é de todo así pois algúns teñen unha visión de
que é algo bo pero mal utilizado, outros de que é algo malo, e
tamén os hai que conseguen ir máis alo do que hoxe lle chamamos
política cando me responden que é unha ciencia ou certas
explicacións que van por ese camiño.
Quizais
a orixe da visión distorsionada que temos cara a política veña do
feito de que se fala demasiado dela sen saber realmente o que é,
quedamonos só co que vemos ou oímos sen indagar máis. Algúns si
están de acordo co que dicía Aristóteles máis ou menos, aínda que
ninguén lle encontrou relación coa ética, mentres que outros
deixanse levar polos prexuízos e quédanse só co que ven sen
investigala máis ou parecelles un termo tan abstracto como usado
polo que non saben definila.
A pirámide de Maslow e Aristóteles
Abraham Maslow, psicólogo estadounidense do século XX, na súa obra A Theory of Human Motivation de 1943 expón unha teoría das necesidades humanas coñecida como a piramide de Maslow. Este psicólogo defende que conforme se satisfán as necesidades máis básicas, na parte inferior da pirámide, os seres humanos progresan cara ao desenvolvemento de necesidades e desexos máis elevados, na parte superior da pirámide.
Dende a persectiva filosófica poderíamos darlle unha volta e buscarlle relación co concepto de autorrealización ou felicidade do eudemonismo de ética aristotélica, meta que atoparíamos na cúspide da pirámide de Maslow. Poderiamos establecer certo paralelismo entre a ética de autoperfeccionamento e a psicoloxía humanista de crecemento persoal.
Debemoslle esta suxestión a Paula Pose de 2º de Bacharelato, quen a recolle no seu traballo sobre a vixencia actual do aristotelismo.
Un saúdo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






