NOVO CURSO EN MARCHA!!!!!
Despois dunhas vacacións tan longas temos merecido un descanso. Podedes empezar poñervos as pilas cunha pregunta doblemente complicada:
| Germinal (1993) | El corazón de la tierra (2007) | Daens (1992) |
|
A maiores engádese para elixir a clásica "Tempos modernos" (1936) de Chaplin, que aínda que situada no XX (na época da Gran Depresión), pode axudarnos a facernos a idea do carácter forzado ou alienado do traballo no capitalismo, co humor tan característico de Charles Chaplin.Resumo do argumento en 10-15 liñas e ficha técnica da película.
O pasado mércores 18 de abril tivemos unha interesante e excepcional (penso que non esaxero) charla con dúas profesoras e dous internos do centro penitenciario de Teixeiro. Nela, a profesora (do aproxecto ANOCA, Aprender NO CÁrcere) amosounos a través dun vídeo como é o acceso físico ao centro, cos controis e cantidade de portas e reixas a pasar, contounos tamén como é iso de dar clases a reclusos e reclusas de moi diferentes índoles. Logo, cos ollos e orellas moi abertos, os que estabamos na biblioteca, escoitamos como Yoana eJavi nos relataban a súa vida no cárcere, as pelexas, a droga, a falta de liberdade e de cartos, o traballo, e tamén a escola, unha illa de tranquilidade nun medio tan hostil. Coa súa sinceridade e capacidade para abrirse a quen estabamos enfronte, lograron embelesarnos coas súas experiencias vitais e déronos importantes leccións de vida (como dixeron logo en La Voz de Galicia) que esperamos non esquecer nunca.