jueves, 25 de abril de 2019
miércoles, 10 de abril de 2019
Marx, opio e a nosa filosofía

Xogando coa frase de Marx de "a relixión é o opio do pobo", pensamos na clase en bastantes variantes como as que vemos aquí ao lado.
Cada unha ten a súa propia explicación e aquí deixamos para que cadaquén reflexione sobre os metafóricos opios (adormecedores que nos fan soñar e ao tempo esquecer a realidade) seguindo as pegadas deste filósofo-economista-sociólogo-historiador.
Marx pronuncia esta frase cando fai crítica á alienación relixiosa, que deriva da fundamental alienación económica, como ben sabemos ;)
domingo, 7 de abril de 2019
Irene, o Circulo feminista e o seu Manifesto feminista en Carballo
O pasado 8 de Marzo a alumna Irene Loureiro, integrante do Círculo Feminista de Carballo leu parte das razóns polas que saimos as calles a manifestarnos. Aquí tendes unha parte da súa intervención.
Bravo por Irene!!
sábado, 6 de abril de 2019
Manifiesto voluntario.
Esta é a portada orixinal coa que publicou a primeira edición do Manifiesto comunista, escrito por Marx e Engels en 1848. Preme nela para ver as cuestións do traballo voluntario pa Historia da Filosofía.
sábado, 23 de marzo de 2019
O alumnado de cultura clásica no teatro.
Pois si, alá fomos. Tivemos a grandísidma sorte de que a SEECGalicia organiza Festival de Teatro grecolatino. Grazas a esta asociación e á compañía de teatro do IES Ramón Menéndez Pidal, Noite Bohemia puidemos disfrutar da representación de As Bacantes, de Eurípides, pola maña e xa pola tarde Anfitrión, de Plauto.
Todos e todas quedamos namorados dos personaes, das intrigas, dos deuses.....e dos actores!!!
martes, 19 de marzo de 2019
Un curso máis o noso instituto participou na Olimpíada Filosófica de Galicia. Trátase dunha iniciativa que propón o fomento e a defensa da filosofía nestes tempos en que tan minguada se está vendo. Ademais fomenta o uso do pensamento crítico dentro do noso sistema educativo traballando a competencia dixital, a capacidade de aprender analizando textos, producindo contidos temáticos moi estreitamente relacionados co mundo do alumnado.
Nesta ocasión fíxeronnos reflexionar sobre o tema Realidade e apariencia na actualidade. E de novo Chelsea González Besada, de segundo de Bacharelato, quedou clasificada para a final autónomica coa súa curtametraxe Afterlife. Chelsea acudiu á cita na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela onde, acompañada polos seu compañeiors e compañeiras de clase, fixo una defense moi interesante e concienzuda do seu traballo. E aínda que o nivel dos traballos presentados nesta convocatoria foi moi alto, Chelsea acadou o segundo premio na Olimpiada. Todos e todas no instituto damoslle a noraboa e estamos moi orgullosos dela - sobre todo a súa profesora de filosofía, Beatriz Cuesta-.
Esta clasificación permitirá á alumna participar na Olimpiada nacional que se celebrará en Málaga durante o mes de abril.
Parabéns a toda a comunidade educativa pola cooperación!!!.
Dende Nicaragua ao Parga: Georgina de los Angeles Molina, defensora dos dereitos das mulleres.
Psicóloga nicaraguana especialista no tratamento do abuso sexual, doce anos de experiencia no traballo con diferentes grupos organizados. Profesora de Biodanza e feminista por opción. Traballou con distintos grupos organizados na formación de mozas e mulleres líderes. Integrante do equipo multidisciplinario Ixaya- Palante no que traballou con profesoras de primaria e secundaria (rurais e urbanas) centradas na cultura de paz con equidade de xénero. En setembro do 2015 empeza a traballar como terapeuta/promotora e defensora de dereitos humanos desde a Fundación Augas Bravas Nicaragua1 que fundase Brigitte Hauschild para mulleres adultas sobrevivientes de abuso sexual.
A lo
largo de mi ejercicio profesional aprendí a reconocer y defender mis derechos
desde la cotidianidad de mi vida, hablar y escribir públicamente sobre los
diferentes atropellos que viví. Mi principal virtud es no quedarme callada ante
figuras de autoridad, cuestionar y proponer debates sobre nuestro ser mujer en
este sistema patriarcal. Tengo más de nueve años señalando los atropellos,
injusticias y abusos que viven mujeres, jóvenes, niños/as por parte del Estado
de Nicaragua. Nueve años de no solo gritar en las calles estos atropellos a los
derechos humanos, sino también de comparecer ante diferentes medios de
comunicación, aulas de clases, grupos organizados, comunidades rurales y
urbanas y a la vez acompañar a estas mujeres y niños/as en su recuperación
emocional y con esto recuperar también sus poderes es decir la capacidad de que
ellos/as puedan apropiarse y defender sus derechos.
O 27 Octubro 2018 saiu de Nicaragua e isto é o que
lle pasou:
Estaba
organizada en un grupo que trasladaba víveres y medicamentos a
diferentes comunidades del país; yo y otros dos amigos elegimos el sector de
Masaya. (Lugar donde residí cinco años) En varias ocasiones hicimos viajes
hasta la comunidad de Nindiri (era lo más cerca que podíamos llegar) ahí nos
esperaban amigos/as que estaban organizados/as en las trincheras y ellos/as se
encargaban de la distribución de los víveres y medicamentos. A principios de
Julio nos dispusimos a realizar otro viaje con dirección a Masaya pero en esa
ocasión a la altura del km 14 nos retuvieron agentes de la policía nacional, nos
requisaron el carro en busca de armas de fuego y revisaron mi teléfono celular, entraron a mi red social vieron mi foto de perfil y solo eso les bastó para decirnos que nosotros éramos delincuentes y
que estábamos conspirando contra el gobierno. Luego de amenazarnos con
trasladarnos a auxilio judicial nos dijeron que ellos eran buenas personas y
que sabían que este gobierno iba a caer, pero que ellos (policías) necesitaban
dinero para poder irse del país cuando todo acabara, uno de los policías nos
pidió a cada uno/a nuestra dirección, número de teléfono, lugar de trabajo. Ese
mismo policía nos escoltó hasta nuestras casas, se encargó de
supervisar si poseíamos llaves de esa casa. Nos dijo que
cada fin de mes uno de ellos pasaría por una de nuestras casas para que
nosotros les entregáramos la suma de 400 dólares americanos a cambio del ¨favor
de no apresarnos¨ y así fue hasta el mes de Octubre que mis amigos y yo
logramos salir del país.
En tres días renuncié a mi trabajo, desaloje mi casa y me despedí a como pude de mi familia y amistades. Actualmente estoy pidiendo asilo político en España, acogida por amigas/os con los que viví en Masaya.
En tres días renuncié a mi trabajo, desaloje mi casa y me despedí a como pude de mi familia y amistades. Actualmente estoy pidiendo asilo político en España, acogida por amigas/os con los que viví en Masaya.
Esperamos con moitas ganas e inquedanza a súa visita.
sábado, 9 de marzo de 2019
jueves, 28 de febrero de 2019
Axenda 2030 con Solidariedade Internacional de Galicia
O 27 de febreiro @s alumn@s de 4º de ESO de Valores tivemos unha charla acerca da axenda 2030, Noa, integrante de Solidariedade Internacional de Galicia, falounos dos obxetivos a conseguir para 2030: erradicar a fame, acceso á auga, dereito a educación, igualdade de xenero, etc.
Falounos tamén sobre a equidade, consumo responsable e os principais problemas mundiais.
O próximo obradoiro terá lugar o martes 2 de abril faremos unha investigación relacionada con algunha destas cuestións.
lunes, 25 de febrero de 2019
martes, 12 de febrero de 2019
Axenda 2030 para o desenvolvemento sostible
Xa empezamos a traballar coa Axenda 2030. Aínda que Roberto Mallo xa nos falara dela, non esta de máss darlle un repaso antes de que @s de Solidariedade Internacional veñan facer os obradoiros con nós. Ímos darlle unha volta a eso da Axenda 2030 da man de Ecoloxía Verde.
Ler máis.
Concurso fotográfico Amor platónico
Xa temolas fotos que participan neste concurso tan romántico. Podedes velas premando na imaxe seguinte:
Como sabedes, tres delas serán premiadas cada unha cun vale de 20 euros. O xurado terá que facer ben o seu traballo.
Sorte a todos e a todas e moito AMOR!!!
Como sabedes, tres delas serán premiadas cada unha cun vale de 20 euros. O xurado terá que facer ben o seu traballo.
Sorte a todos e a todas e moito AMOR!!!
martes, 5 de febrero de 2019
domingo, 27 de enero de 2019
lunes, 21 de enero de 2019
Horizonte 2030, comenzamos a traballar.
E, ao fin e ao cabo, actuar sobre a realidade e cambiala, aínda que sexa un pouquiño, é o único xeito de probar que a realidade é transformable.
Eduardo Galeano.
sábado, 19 de enero de 2019
Afterlife, a nova creación de Chelsea Sidney González Besada..
Xa está. Non temos que esperar máis para vela. Aqui tedes a curtametraxe coa que Chelsea se presenta en representación do instituto á Olimpíada galega de Filosofía.
Disfrutadea!
Moita sorte, Chelsy!
Disfrutadea!
Moita sorte, Chelsy!
sábado, 12 de enero de 2019
VI Olimpíada Filosófica de Galicia.
Xa temos curta.
Chelsy González, de 2º de Bacharelato,una das gañadoras daOlimpíada autonómica do curso pasado, volve a polo premio. Esta vez cunnha curta sobre as identidades, as fachadas e a realidade virtual. Como ata que remate a competición non podemos subila ao blog, toca esperar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)