lunes, 19 de marzo de 2012

TRABALLOS DE CAMPO.


O traballo de campo diferénciase da maioría dos procesos científicos polas dificultades que presenta examinar experimentalmente a un grupo de persoas. O antropólogo ou a antropóloga debe olvidar calquer aspecto asumido de xeito previo e estar disposto a replantexar conceptos tales como a amizade ou o ben e o mal dentro do contexto dunha nova cultura.

1. VENDEDORAS DE PAISACO. 2011-2012.


PREGUNTAS ENTREVISTA realizada por Alicia, Pilar e Lorena de Antropoloxía de1º Bacarelato.

Bos días,

1. Que, houbo boas ventas hoxe?

2. Ten fillos?

3. E que lle quedaba con eles cando eran pequenos para ir vender?

4. Cantos anos hai que vende nesta feira de Paisaco?

5. Que o foi o que a levou a facerse vendedora de verdura na feira?

6. Vendiu sempre verduras ou dedicouse tamén a venta doutras cousas?

7. E un negocio familiar ou traballa para alguna coperativa?

8. Como consegue as verduras plantaas vostede ou compraas?

9. As verduras que vende son do país (de Galicia) ou veñen de fóra?

10. Por que pon as verduras deste lado?

11. Cando empezou a vender había tantos postos de venta coma agora ou había menos?

12. Pon o seu posto sempre no mesmo sitio?

13. A que hora se levanta para vir a feira?

14. A que hora comenza a feira?

15. A que hora remata?



TRIBUS URBANAS EN CARBALLO.


Aqui temos o froito do traballo de campo realizado polo antropólogo Pablo de primeiro de bacharelato. Apunta maneras. Comprobádeo.





sábado, 17 de marzo de 2012

Voltamos a Aspaber.





O xoves día 15 de Marzo, os alumnos e alumnas de 2º ESO C e D visitamos o centro Aspaber. Rubén Martínez e Alberto Rey de 2ºESO explican que ASPABER é a Asociación de pais de discapacitados de Bergantiños que nace no ano 1976 para atender a un grupo de persoas con discapacidade mental e ás súas familias, axudándoas nas súas tarefas e convivir con outras persoas. Conta co 5 centros diferentes: o Centro Ocupacional é un servizo de atención diurna para persoas en idade laboral con posibilidade de desenvolver as súas capacidades residuais en áreas formativo laborais e ocupacionais; o Centro de Día que atende a persoas con necesidade de apoio xeralizado, que precisan dunha atención persoal e integral; o Centro Residencial, o Centro especial de emprego que son diferentes naves nas que hai diversos traballos coma a escaiola, fabricación de palés ou colocación de latas de conserva en caixas e as Vivendas tuteladas.

Alejandra Pomboo e Andrea Pensado contanos a visita: O primeiro sitio que visitamos foi o comedor, onde coñecemos a Patricia e Martín. Enseñáronnos os aparellos tecnolóxicos que utilizan para poder comunicarse cos demais, por exemplo, o álbum de fotos no que se escoitaba o nome do obxecto ou un aparello que utilizaba Patricia, no que se accionaba a opción desexada. Lydia e Leti de 2ºC o describen así Ao chegar entramos a unha sala e vimos un video de presentación. Unha rapaza chamada Patricia podía comunicarse a través dos ollos con imaxes no ordenador, e outro que se chamaba Martín utilizaba uns metodos mais sinxelos porque el falaba pero moi baixo asi que con un amplificador de voz podiamos oir como nos saludaba .

En segundo lugar fomos visitar a o Centro de Día, onde estaban os que necesitan mais axuda durante todo o día. Nese momento estaban comendo. Teñen unha sala para facer exercicio e tamén unha sala de actividades de ocio e ali traballan todos xuntos. Preguntámoslle a algúns si se traballaba moito e todos impacientes confirmaron a nosa pregunta. Chamounos a atencion como cosían as alfombras

Logo fomos ao Centro especial de emprego, onde coñecemos a Rafa. Vimos onde fabricaban escaiola. Había moitas figuras e para non desperdiciar a escaiola facían pequenos xoguetes para poder pintalos. Fixámonos en como traballaban con escaiola xa que para eles require un gran esforzo e iso failles sentir utiles. E tamén vimos como empaquetan as latas de atún para Calvo.

Todos quedamos encantados e para mostra mirade o que opinades de visita: “Ao principio estabamos nerviosos por que era algo novo para nos xa que habia xente que nunca fora.” “As súas monitoras axudanlle moito e as novas tecnoloxías ainda mais xa que facilitan o seu traballo e a maneira de comunicarse. Pareceunos moi interesante os comunicadores especiales que teñen para falar e expresarse xa que lle e de gran axuda.” Para Fran. Muñiz e Martín Pereira “Aspaber é a segunda oportunidade para a xente que lle costa mais seguir co dia a dia. Alí os internos de Aspaber teñen unha casa donde durmir e se lles axuda a aprender as tarefas da casa, e tamén teñen distintos talleres onde aprenden oficios e traballan e despois a final de mes teñen unha recompensa económica.” “Asombrámonos ao ver que podían realizar tarefas case de todo tipo! (Leti e Lydia)”; “A xente foi moi boa e amigable con nós e pasámolo xenial.” (Heidi Varela e e Rona Amyari Díaz de 2ºC); “Os alumnos de 2º ESO visitaron ASPABER. Todos quedaron estupefactos de como persoas con diversas discapacidades podian facer esas cousas.” (Jose Rojo e mais Cristina Souto recollen o sentir da clase.) “Algúns alumnos, coma nós, xa o visitarmos fai 2 anos, pero a visión foi totalmente diferente, foi como si nunca estivesemos alí, non pola estructura, todo seguía igual, seon polo que víamos” comentan Ana e mais Lorena que xa son reincidentes. “Gustounos moito o cariñosos que son todos e traballadores. Pasámolo moi ben e tamén coas persoas que viven ali a as coidadoras foron moi amables con nós” Mario lagoa; “É moi interesante coñecer ese “mundo” no que viven. Coo se desenrolan para levar unha vida mellor ou como reaccionan ante un suceso, noticia... . Xa que moios deles non poden vocalizar ben ou responder ao que se lle formula. O máis impactante foi ver como se comunicaban a través das novas tecnoloxías e como realizaban traballos tan complexos.”Jennifer Rial e Tamara Pondal.


Entrevista.


Cristina Fuentes e Inés Pardiñas alumnas de 2ºC

Hola Inés, poderíasnos contar, que che pareceu Aspaber dende a túa opinión? Dende o meu punto de vista, a visita foi bastante interesante e agradable xa que coñecer esta gran labor que fan as monitoras coa paciencia pero tamen gusto co que o fan, e de gran admiración.

Era a túa primeira visita ao centro, ou xa tiveras a ocasión de visitalo? Pois si, esta foi a miña primeira visita, e sorprendiume positivamente, devido a que todo o traballo que fan,e moi interesante e cun gran afán de superación para aqueles internos.

Explicanos en que consiste este centro. Contribúe a que as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias, dispoñan dos apoios necesarios para poder desenvolver o seu proxecto de vida e lograr a súa inclusión como cidadáns.

Gustaríache colaborar neste proceso de insertación social, como monitora? Pois si, a verdade e que cando chegue a idade mínima para poder axudar, gustaríame colaborar neste proceso, e estaría encantada de poder axudar.

Moitisimas gracias por contestarnos a estas cuestións, Inés. Esperamos verte axudando no centro. Foi un pracer. Adeus, e eu tamen o espero.

viernes, 16 de marzo de 2012

ANTROPOLOXÍA DO PARENTESCO I: O MATRIARCADO



Moitos antropólogos cren que a familia, entendida do xeito que sexa, é un grupo de persoas que cumple funcións vitais como o sexo, reprodución, educación, subsistencia. A prohibición de relación sexual entre persoas unidas por determinados vínculos de parentesco, e decir, o tabú do incesto, aplícase universalmente á familia, sexa nuclear ou extensa. As persoas pertencen a dúas familias, unha de orientación, onde nacen e se crían, e outra de procreación, na que ingresan mediante o matrimonio. Pero, quen manda na familia? Os homes ou as mulleres?

Imos empezar o tema do parentesco polemizando sobre o poder da muller, e decir, o matriarcado. Le o artigo ao que leva este enlace e despóis déixate sorprender polo que nos contan as mulleres chinesas do video que vai a continuación.

jueves, 16 de febrero de 2012

GALILEO GALILEI NO CINE.


GALILEO GALILEI de Liliana Cavani.

Cavani ofrécenos esta interesantísima visión do proceso do astrónomo considerado pai da ciencia moderna. A película baséase no texto do dramaturgo marxista Bertold Brecht. Despóis de ver a película, tenta contestar estas cuestións que che axudarán a entender o complexo da historia.

1.- Onde e cando transcurre a acción?
2.- A historia comenza na universidade, coa disección dun cadáver: qué dúas posturas sobre a importancia da información dos sentidos enfréntanse na discusión que se plantexa? Qué é o que di Galileo?
3.- Na súa clase na universidade Galileo fala sobre o universo: qué teoría explica como certa? Porqué ten medo?
4.- Resume as ideas de Giordano Bruno. De que o acusa a Inquisición?
5.- Que fai Galileo co telescopio ou catalexo? Que descubre?
6.- Que pasa cando Galileo propon na universidade que miren polo telescopio?
7.- O novo Papa Urbano VIII, antigo cardenal Barberini, permítelle a Galileo besarlle a sagrada zapatilla. Como interpretas este feito?
8.- Investiga en que se diferencian as posturas do catolicismo e do protestantismo nesta época sobre a libre interpretación da Biblia. Como afecta esto ao proceso contra Galileo? Por que en América podía ensinarse a teoría coppernicana e en Europa non?
9.- O libro de Galileo "Diálogo entre os dos sistemas máximos" foi requisado. Inves- tiga cando se publicou.
10.- A retractación de Galileo é especialmente humillante. Comenta qué factores contribúen a esta humillación: Posta en escea, linguaxe, como a directora usa a cámara para conseguir este efecto? A que se compromete Galileo?
11.- Investiga como foron os últimos anos de vida de Galileo. Seguíu investigando? Publicou algo máis?

martes, 14 de febrero de 2012

Para rir un anaco



Os de 2º A (de Bacharelato), entre clase e clase, exame e exame... quédalles tempo para manter o humor e agasállannos cos chistes que aquí vos deixo, así como tamén cunha copia "xemelga" da parte central da Escola de Atenas de Rafael. A pequena diferenza entre orixinal e reprodución é que onde ía Platón vai Esteban e onde ía Aristóteles pónsenos Darío.  (Estes filosofos rintes contemporáneos prometen que o humor non decaerá... e haberá máis entregas). 
Aí van os chistes: 


- Se Agostiño de Hipona nacera dous meses antes, chamaríase Xuniño?
- Esa illa está con-Creta? Foi un chiste sen Grecia.
- Como se chamaba a familia de Platón? Vajillón.
- Como é o principio de Aristóteles? A A
- Cando encerraron a Tomé de Aquino para que non se unira aos dominicos sentíase como como os de Aquino hay quien viva.
- Estou tomando iogures con fibra para mellorar o tránsito cara o mundo helenístico. 
- Se eres un pouco máis tonto, naces con spérmatas de pedra. 
- Cando lle deron un susto a Agostiño de Hipona pasou a chamarse só Agostiño. 
- A clase de filosofía é moi amena, pero eu prefiro Vodafone. 
- No exame de filosofía se queremos ter un 10 témolo, porque temos fe e razón.
- Son chistes feitos por "Nous".


:)

Filosofía moderna

Para profundar un pouco no marco histórico da filosofía moderna ou nalgunha das problemáticas abordadas nesta época, suxírovos o visionado dalgunhas películas: 
- Lutero (2003)
- Cromwell (1970)
- Galileo (1969)
- Mátrix (1999)


Como en ocasións anteriores, podedes mellorar a nota do exame desta parte, respondendo a un dos seguintes cuestionarios:


A) Para as tres primeiras películas, de tipo histórico:
  1. Resumo do argumento en 10-15 liñas e ficha técnica da película.
  1. ¿En que época se sitúa a película? Busca algunha información ao respecto.
  1. ¿En que lugar se sitúa a película? Busca información e pon un mapa do lugar.
  1. Describe tres personaxes da película (algún feminino e algún masculino).
  1. Propón ti tres preguntas posibles en torno ao argumento da película e indica as respostas.
  1. Describe as tres esceas que máis che gustaran.
  1. Propón un novo final para a película.
  1. Propón un título alternativo para a película e explica por que o elixiches.
9. Realiza unha pequena disertación na que recollas unha reflexión persoal sobre a Reforma Protestante, o paso a unha monarquía parlamentaria ou a revolución científica (segundo a película que visionaches).

10. Comentario persoal (¿Qué che gustou? ¿Qué non? ¿resultouche de fácil visionado? ¿aprendiches algo? ¿atopaches algo sorprendente?...)

B) Para a película Mátrix (para aproblemática da realidade e a aparencia): 
  1. Resumo do argumento en 10-15 liñas e ficha técnica da película.
  1. Explica os dous mundos de que se trata na película.
  1. ¿Poderías relacionar a película co mito da caverna de Platón? Explícao con certo detemento.
  1. Describe tres personaxes da película (algún feminino e algún masculino).
  1. Propón ti tres preguntas posibles en torno ao argumento da película e indica as respostas.
  1. Describe as tres esceas que máis che gustaran.
  1. Propón un novo final para a película.
  1. Propón un título alternativo para a película e explica por que o elixiches.
9. Realiza unha pequena disertación na que recollas unha reflexión persoal sobre á dificultade de distinguir o soño coa realidade facendo mención á dúbida metódica de Descartes

10. Comentario persoal (¿Qué che gustou? ¿Qué non? ¿resultouche de fácil visionado? ¿aprendiches algo? ¿atopaches algo sorprendente?...)

*Soamente pode facerse traballo de 1 película en relación a este tema (4).  A realización completa destas cuestións despois do visionado do filme, subirá ata 0,5 ptos sobre a cualificación do exame de Filosofía moderna I. A data límite de entrega é o xoves 15 de marzo. Poden enviarse as respostas por correo electrónico a: africa.lopez2@gmail.com

¡Ánimo, e a traballar, sen deixar de curiosear!


lunes, 6 de febrero de 2012

Paz, pax, paix, peace, eirene, mir...




O pasado 30 de xaneiro, de novo, celebramos no instituto o día da paz e a non violencia. Desta volta os rapaces de 4º ESO e tamén os de 2º decoraron os corredores do instituto con carteis sobre pacifistas recoñecidos, grafitis coa palabra paz (tedes a proba de como algúns se esmeraron nas fotos de abaixo) e carteis dos dereitos humanos. Das mulleres e homes pacifistas aprendemos que a imaxinación é moi importante á hora de buscar formas de loita polos dereitos, contra inxustizas, que deixen de lado a violencia e agresividade, pero sen renunciar nunca aos principios, á dignidade, á idea de xustiza e dunha sociedade mellor.
Por certo, a foto do canciño está dedicada a Puri; seguro que ela podería explicitar perfectamente a relación entre a non violencia e os animais, como Gandhi..., pero aquí só se trata de facerlle un pequeno agarimo.