lunes, 21 de enero de 2019

Horizonte 2030, comenzamos a traballar.

https://goo.gl/forms/GLJPdMcSSBIMGW973

E, ao fin e ao cabo, actuar sobre a realidade e cambiala, aínda que sexa un pouquiño, é o único xeito de probar que a realidade é transformable.

                                                                                   Eduardo Galeano.

sábado, 19 de enero de 2019

Afterlife, a nova creación de Chelsea Sidney González Besada..

Xa está. Non temos que esperar máis para vela. Aqui tedes a curtametraxe coa que Chelsea se presenta en representación do instituto á Olimpíada galega de Filosofía.
Disfrutadea!




Moita sorte, Chelsy!

sábado, 12 de enero de 2019

VI Olimpíada Filosófica de Galicia.


Xa temos curta. 
Chelsy González, de 2º de Bacharelato,una das gañadoras daOlimpíada autonómica do curso pasado,  volve a polo premio. Esta vez cunnha curta sobre as identidades, as fachadas e a realidade virtual. Como ata que remate a competición non podemos subila ao blog, toca esperar.




jueves, 20 de diciembre de 2018

Un decembro con moitos dereitos.



Acercamiento desde el instituto Parga Pondal a las migraciones

Roberto Mallo y Rony Petterson compartieron sus experiencias con el alumnado



Ler a inormación completa.

jueves, 13 de diciembre de 2018

Charla/coloquio sobre os dereitos humanos, migración e a cooperación internacional







O vindeiro xoves 20 de decembro na biblioteca do instituto vai ter lugar unha charla/coloquio na que Rony e Roberto Mallo vannos falar das súas experiencias en distintas culturas.

Rony é un compañeiro noso de 4º C que a maioría xa coñecedes.
 
Roberto Mallo, enxeñeiro técnico industrial natural de Carballo, é un cooperante de Cruz Vermella, en concreto o protagonista da iniciativa que pretende achegar o cooperacionismo mundial aos galegos. Viaxou ata Tanzania, Grecia, os Balcáns ou Líbano entre outros países para cooperar no saneamento da auga, e en Sudán do Sur participou no comité Internacional de Cruz Vermella.

Participou na iniciativa “Cafés con cooperantes” que trata dun ciclo de faladoiros con delegados e voluntarios tanto de Cruz Vermella como doutras organizacións que realizan o seu labor en países en conflito ou en vías de desenvolvemento.

domingo, 11 de noviembre de 2018

Apariencia e Realidade na Olimpíada Filosófica de Galicia.


TEMA DA VI OLIMPÍADA FILOSÓFICA DE GALICIA
REALIDADE E APARIENCIA NO MUNDO ACTUAL
O tema é común a todas as modalidades. Todas versarán sobre o mesmo tema en diferentes formatos.
A olimpíada estatal, propón un subtemas como orientación para traballar co alumnado:
   - Hai unha única realidade?
   - Hai realidade sen aparencia?
   - É real o que é aparente, e é aparente o que é real?
   - Podemos coñecer a realidade ou só coñecemos as aparencias?
   - Podemos crer nos feitos no mundo actual?
   - Cales son as fronteiras entre a realidade e apariencia hoxe?
   - É a posverdade a nova realidade?
   - Podemos coñecer a realidade nun mundo de fake news e posverdade?
   - Realidade virtual: realidade ou aparencia?
   - É máis relevante para a vida a realidade virtual que a realidade material?
   - Hai maneira de distinguir entre realidade e aparencia nas redes sociais?
   - Os nosos perfís nas redes; son meras aparencias?
   - Novas cavernas do mundo actual: buscamos a realidade ou fuximos dela?
   - Preferimos a aparencia ao lado problemático da realidade? Por que?
   - Vivimos dentro ou fóra da caverna?
   - A aparencia sempre engana?
   - Fainos a aparencia máis sensible á realidade?
   - Liberan ou escravizan as aparencias?
   - Que é máis importante para a nosa vida, a nosa aparencia ou o que realmente somos?

3. MODALIDADES DE PARTICIPACIÓN
· Haberá catro modalidades de participación, catro das cales inclúen a participación na Olimpíada Filosófica Estatal. Estas son:
​
· Disertación Filosófica.

· Dilemas morais.

· Certame fotográfico. 

· Curta de vídeo.

· A lingua dos textos e parlamentos será o galego, agás exención debidamente xustificada no caso das disertacións e dilemas morais