jueves, 5 de febrero de 2015
GRUPOS SELECCIONADOS PARA A SEGUNDA FASE DE CONSUMÓPOLIS.
domingo, 18 de enero de 2015
ÉTICA E POLÍTICA ARISTOTÉLICA, segundo Lara Pallas.
A investigadora Lara Pallas, de 2º Bach. A, despóis de facer o traballo de campo e de gabinete, ofrécenos nesta presentación unha boa introducción á Ética e Política aristotélica.
Preme na imaxe para vela:
martes, 13 de enero de 2015
II OLIMPÏADA DE FILOSOFÏA
O primeiro prazo que debedes ter en conta é agora en xaneiro, do 12 ao 19 para realizar vos no voso centro as probas de preselección
para as modalidades de disertación e dilemas morais escollendo 1
traballo de cada 10 ou fracción. Para a corrección destas probas
mándovos adxuntas as rúbricas que as empreguedes.
Lembrade que as probas requiren de certas formalidades.
- Duración: 90 min
- Temas concretos
. Disertación (Natureza e cultura. Que nos fai ser o que somos?. Preséntanse os seguintes subtemas a título indicativo para orientar a preparación: ¿A
técnica humanízanos ou nos deshumaniza? ¿Agresividade natural ou
violencia cultural? ¿É a cultura a nosa segunda natureza? ¿Pode a nosa
vontade superar os límites da natureza? ¿Canto hai de natural e de
cultural nas diferenzas de xénero e na identidade sexual?)
jueves, 8 de enero de 2015
Aristóteles: Semellanzas e diferencias
ARISTÓTELES:
relacións con outros pensadores*
Semellanzas
|
Diferenzas
|
|
Teoría
hilemórfica
|
|
|
Teoría
hilemórfica
|
|
|
Teoría
hilemórfica
|
|
|
Teoría
hilemórfica
4. O motor inmóbil
|
|
|
ARISTÓTELES:
relacións con outros pensadores*
Semellanzas
|
Diferenzas
|
|
A idea de
cidadán
5.
Ética aristotélica...
|
(...)
|
|
A idea de
cidadán
6.
Idea de polis ...
|
|
|
*
De forma xeral, en todas as cuestións poden poñerse as semellanzas
e diferenzas relacionadas coa crítica de Aristóteles á teoría
platónica das ideas.
domingo, 4 de enero de 2015
FELIZ SESIÓN DE CINE NO 2015.
Feliz 2015!!!!
Para non ser menos que algúns compañeiros e compañeiras de 1º de bacharelato teñen gañas de empezar con forza e xa me pediron a lista de películas para os traballos desta avaliación, pois non quedou outra que facer unha entrada -é broma, eu encantada de facela- con as posiblidades que vos propoño.
En primeiro lugar, imos traballar un pouco co tema de natureza e cultura:
- El pequeño salvaje, película francesa dirixida en 1970 por François Truffat. Ten unha duración de 85 min. Basease nuns feitos reais no século XVIII e narra os acontecementos xerados apartir do momento en que alguén atopa un rapaz que semella ter crecido aislado nun bosque.
- El enigma de Kaspar Hauser. Cine de autor outra vez. Trátase dunha película rodada en Alemania en 1974. Dura un pouco mais que a outra (110 min.) e é mais lenta. Tanto o seu director, Werner Herzog, como o seu protagonista, Bruno S., teñen unhas vidas dignas de filmes de aventuras. Tamén neste caso a historia baseasenun caso real dun rapaz que aparece misteriosamente na plaza da cidade e que semella ter crecido de xeito aislado nun pequeno espazo.
Se o preferides podes facer algún traballo inrorductorio sobre as diferentes teorías éticas as que imos aproximarnos durante este curso. Aqui tedes un enlace a unha páxina onde fala destas películas para que lle votedes unha ollada; é moi interesante e útil. Preme aqui para ir á páxina.
Como podedes ver no enlace, as películas propostas son:
- Para introducirnos un pouco na ética de Sócrates, Doutor House. Para ver mais preme onde di Hacia la virtud por el conocimiento na páxina do enlace.
- Alejandro Magno, de Oliver Stone, para ver que nos di Aristóteles. Preme onde di La felicidad por el camino del medio na páxina do enlace.
- Hanna y sus hermanas de Woody Alen para acercarnos á ética de Epicuro se Samos. Neste caso preme onde di En busca del placer perdido na páxina do enlace.
- Amelie para o emotivismo de David Hume. Para saber mais preme onde di Sobre el sentimiento de simpatía na páxina do enlace.
- Master and comander. Al otro lado del mundo para o utilitarismo de John Stuart Mill. Para saber mais preme onde di La moral utilitarista al otro lado del mundo na páxina do enlace.
Cando teñades decidido que vos apetece facer falade comiga para ver como o plantexamos o traballo.
Un saúdo e benvidos ao novo ano.
lunes, 8 de diciembre de 2014
NATUREZA E CULTURA. QUE NOS FAI SER O QUE SOMOS?
Estamos tendo problemas para enfocar o traballo proposto para a II Olimpiada Fifosofia. O asunto é que como aínda nos demos o tema de natureza e cultura, a xente que participades na actividade (ou facedes a foto para clase) non sabedes moi ben por onde movervos. Para axudarvos póño unhas ligazóns nas que se explica o tema sobre o que tedes que aplicar a vosas creatividades:
Natureza e cultura.
Natureza, cultura e sociedade.
Por que somos mais listos?
Finalmente, aqui tedes un vídeo moi entretenido que tamén pode aclararvoa algo:
viernes, 5 de diciembre de 2014
Introdución ao dereito cunha visita aos xulgados de Santiago de Compostela
O pasado xoves 4 de decembro, as alumnas e alumnos de 2º de Bacharelato de Ética e Filosofía do Dereito visitamos os xulgados de Santiago de Compostela, onde nos recibiu a avogada Leo Villar. A nosa intención era acudir a un xuízo sobre o tráfico de drogas. Nel observaríamos como transcorre o proceso xudicial penal. Ainda que o xuízo non se celebrou porque os implicados chegaron a un acordo, poidemos falar co fiscal xeral don Álvaro García, quen levou casos relevantes como, por exemplo, o do Prestige.
Don Álvaro, moi amable, comezou por agradecernos a nosa visita xa que, como el dixo, "a xustiza pertence ao pobo". A súa intención era mostrar a transparencia deste órgano. Explicounos a función da fiscalía, a diferencia coa avogacía privada e a razón pola que el escolleu ser fiscal, o cal nos conmoveu moito. Por outra parte, tamén intentou concienciarnos acerca da violencia de xénero e contestou a todas as nosas preguntas sobre desafiuzamentos e narcotráfico internacional.
Dende o centro queremos agradecer tanto a invitación a un próximo xuízo como a amabilidade por parte da Súa Señoría, o fiscal e a avogada. Esperamos poder realizar unha nova visita pronto.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

