ARISTÓTELES:
relacións con outros pensadores*
|
Semellanzas
|
Diferenzas
|
Teoría
hilemórfica
A
kínesis ou cambio. Principios do cambio
|
Con
Heráclito,
en tanto que ambos queren explicar o mundo como unha realidade
cambiante.
Con
Tomé
de Aquino,
o cal retomará toda a súa explicación da natureza (Física).
Cos
empiristas
e toda a nova ciencia moderna, pola importancia concedida ao
empírico e á natureza en movemento.
|
de
Platón
e Parménides,
posto que a estes non lles interesa explicar o cambio.
de
todos os filósofos de corte idealista ou racionalista (Agostiño
de Hipona, Descartes), porque desprezan a explicación do
sensible.
|
Teoría
hilemórfica
A
teoría causal
|
Cos
filósofos de tipo empirista
polo intento de explicar de forma completa a realidade observada
a través dos sentidos.
Con
Tomé
de Aquino,
o cal retomará toda a súa explicación da natureza (Física).
(...)
|
Da
nova
ciencia moderna,
en tanto que esta deixará de lado as causas formal e final,
quedándose só coas causas material e eficiente.
Dos
atomistas
(presocráticos),
que defenden que non se pode explicar o por que ou para que
último das cousas. Isto é, rexeitarían as causas formal e
final.
|
Teoría
hilemórfica
Xerarquía
dos seres e modos de ser
|
Cos
empiristas,
e Tomé
de Aquino,
igual que nas anteriores.
Con
Kant,
polo seu intento de establecer categorías últimas ordenadoras e
explicativas da realidade natural.
|
|
Teoría
hilemórfica
4. O motor inmóbil
|
Con Tomé de Aquino, que
retomará as explicacións aristotélicas da natureza e
identificará o Primeiro motor inmóbil co Deus dos cristiáns.
Pode
atopárselle certa semellanza co Demiurgo de
Platón, ou co Nous de Anaxágoras, en tanto que
principio explicativo último e racional da realidade. (...)
|
|
ARISTÓTELES:
relacións con outros pensadores*
|
Semellanzas
|
Diferenzas
|
A idea de
cidadán
5.
Ética aristotélica...
|
Cos
filósofos da antigüidade
e do medievo en xeral (ata Maquiavelo, no Renacemento), que
entenden a ética como moi ligada á política.
Con
Sócrates
e Platón,
en tanto que cren nun ben (e verdade) absoluto.
Con
Tomé
de Aquino,
o cal retomará gran parte da súa explicación da ética.
(...)
|
de
Platón
na
seu concepto de ser humano, xa que este o entende como unha unión
accidental entre corpo e alma, mentres que Aristóteles fala
dunha unión esencial entre os mesmos. Así mesmo, diferénciase
de Platón na súa idea de alma, xa que este afirma a
preexistencia e inmortalidade das almas individuais e Aristóteles
non.
De Platón, que tiña
unha concepción moi teórica da ética, mentres que para
Aristóteles é un saber práctico.
Dos
sofistas,
que mantiñan que o ben era relativo.
De
Tomé
de Aquino,
en tanto que este identificará as virtudes intelectuais
(dianoéticas) coa búsqueda e coñecemento de Deus. E ademais
nas clases de virtudes, Tomé engadirá as virtudes teologais.
De
Kant,
que presenta unha ética formal, en tanto que a de Aristóteles,
como todas as anteriores a Kant son éticas materiais (con
contido). (...)
|
A idea de
cidadán
6.
Idea de polis ...
|
Cos
filósofos da antigüidade
e do medievo en xeral (ata Maquiavelo, no Renacemento), que
entenden a ética como moi ligada á política.
Con
Platón
na
importancia concedida á polis e á cidadanía, así como ao
concepto de xustiza. Tamén se asemella no desprezo á
democracia, aínda que Aristóteles é máis moderado neste
aspecto.
Con
Marx,
pola importancia concedida ao carácter social do ser humano.
(...)
|
|
*
De forma xeral, en todas as cuestións poden poñerse as semellanzas
e diferenzas relacionadas coa crítica de Aristóteles á teoría
platónica das ideas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario