martes, 18 de febrero de 2014
OLIMPIADA FILOSÓFICA 2013-14
Xa temos o texto para empezar a traballar. Premade aquí para lelo. Se tedes dúbidas ou andades cortos de ideas, lembrade que podedes participar en grupos de tres. Xa temos varias valientes en 1ª Bacharelato-A.
As vosas profesoras de Filosofía estaríamos encantadas de axudarvos. Ademais, na páxina dos promotores do concurso tedes exemplos de cada una das modalidades de participación. Se queredes velos, premade aquí.
domingo, 16 de febrero de 2014
RENE DESCARTES
Discurso do Método
Para ben dirixir a razón e buscar a verdade nas ciencias
Se este discurso semella demasiado longo para ser lido duna vez, pode dividirse en seis partes: na primeira acharanse diferentes consideracións acerca das ciencias; na segunda, as regras principais do método que o autor buscou; na terceira, algunhas outras de moral que puido sacar daquel método; na cuarta, as razóns con que proba a existencia de Deus e da alma humana, que son os fundamentos da súa metafísica; na quinta, a orde das cuestións de física, que investigou e, en particular, a explicación do movemento do corazón e dalgunhas outras dificultades que atinxen á medicina, e tamén a diferenza que hai entre a nosa alma e a dos animais; e na última, as cousas que cre necesarias para chegar, na investigación da natureza, máis alá de onde el chegou, e as razóns que lle impulsaron a escribir.
As pretensións de Descartes son enormes, como podes ver. Edificar un coñecemento dende ás súas bases. Vexamos como o fai. Preme aquí para teres mais información.
miércoles, 27 de noviembre de 2013
Aristóteles.
Non
pode negarse, por conseguinte, que a educación dos nenos debe ser un dos
obxectos principais de que debe coidar o lexislador. Onde queira que a
educación foi desatendida, o Estado recibiu un golpe funesto. Isto consiste en
que as leis deben estar sempre en relación co principio da constitución, e en
que os costumes particulares de cada cidade afianzan o sostemento do Estado,
polo mesmo que foron elas mesmas as únicas que deron existencia á forma
primeira. Os costumes democráticos conservan a democracia, así como os costumes
oligárquicos conservan a oligarquía, e canto máis puras son os costumes, tanto
máis afiánzase o Estado
Preme aquí para saber mais do mestre pensador.
martes, 19 de noviembre de 2013
Traballo de campo 2013-14
Este curso imos facer o traballo de campo sobre o fenómeno do botellón. É un fenomeno social que podemos estudar en Carballo, Malpica, Entrecruces...moi cerquiña. Ademais todas e todos coñecedes informantes mais que cualificados.
A partir de agora, preme no suliñado para acceder á información.O primeiro que temos que facer é informarnos sobre que é un traballo de campo , como se fai, e cal é a metodoloxía que imos utilizar.
Temos que aprender a elaborar hipóteses.
Ademais precisamos algunha bibliografía que nos amplie un pouco o horizonte respecto ao tema dos botellón:
2. De jóvenes, bandas y tribus.
3. Adolescentesy jóvenes: ocio yuso del tiempo libre en España.
4. Consumo abusivo de alcohol en adolescentesescolarizados: propuesta de un modelo psicosociocomunitario.
5. Botellón.Un conflicto postmoderno.
6. Carnavilizacióne botellón. Unha etnografía estadística del ocio juvenil en la provincia de Alicante.
7. Elconsumo de alcohol en la lógica del botellón.
8. El botellón glocalizando un Conflicto Posmoderno
jueves, 17 de octubre de 2013
A Terra canta. E os seus sons foron captados cunha claridade sen
precedentes grazas a dúas sondas da NASA non
2012.
Segundo
os investigadores dá NASA, os sons proveñen dunha rexión do espazo coñecida
como cintos Van Allen, cintos de radiación que rodean a Terra nos que
partículas cargadas son atrapadas polo campo magnético do planeta. Eses cintos,
son áreas en forma de anel nas que as partículas se moven en espiral entre os
polos magnéticos.
Os radioafeccionados están afeitos a recollelo nos
seus equipos, soan parecido aos cantos dos paxaros. Usualmente é máis doado
escoitalos á mañá, polo que ás veces se refiren a estes ruídos como o 'coro do
amañecer', comentou Kletzing,
un dos científicos que construíu o instrumento receptor utilizado para captar o
coro. A xente soubo do coro dende hai
décadas, explicou.
Así
soarían os cintos de radiación a un ser humano se en lugar de oídos tivésemos
antenas, dixo, explicou o investigador.
martes, 24 de septiembre de 2013
A orixe da filosofía.
O primeiro, darvos a benvida todas e todos a este curso 2013-14.
O segundo, indicarvos algúns enlaces ao material da asignatura para que podades aplacar a vosa curiosidade:
1.Orixe da filosofía.
2.Filosofia presócratica
3. Os Sofista e Sócrates.
lunes, 23 de septiembre de 2013
Tema 1: O saber filosofico
Preme nos seguintes enlaces para obter material sobre:
1. Cómo facer un comentario de texto de filosofía:
2. Algo sobre a poesía:
3. Qué é a filosofía?:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

